Disfruta en Salceda de Caselas do fin de semana do 16 e 17 de Marzo, coa exposición da Camelia, que terá lugar no Auditorio Municipal, a Festa Furancheira, Exposalceda e por último, o domingo, a Festa do Xabarín.
A Concellaría de Medio Ambiente retoma as Andainas. O mal tempo non nos deu tegua para seguir coñecendo o entrono natural e paisaxístico que nos rodea no noso Concello, pero agora a partir de Marzo continuaremos coas Andainas.
Esta vex o punto de partida será no Centro ultural do Borralliño o sábado 2 de marzo a partir das 10:00, de aí dirixirémonos a diferentes puntos de Soutelo.
Anímadevos a participar!!!


A Concellería de deportes do Concello de Salceda ven de organizar para rematar este ano 2012 a segunda edicción da San Silvestre, este ano con un motivo solidario.
Esta marcha popular tivo lugar o venres 28 con saída ás 21:00 horas da praza do Concello, precorrendo un total de 3 Km. por todo o centro urbán e contou con 671 participantes que puideron degustar un chocolate ó seu remate.
Os asistentes aportaron 1 litro de leite para o Programa de Alimentos do Concello. Iniciativa que tivo moi boa acollida, posto que moitos veciños e veciñas de Salceda entregaron o seu litro de leite aínda que non participaron na xa tradicional carreira de fin de ano.
Ó remate fíxose entrega duns pequenos agasallos ós primeiros clasificados da proba, que neste caso foron para María Martínez González (1ª clasificada feminina) e para Akka Essadaoui (1º clasificado masculino), ademáis este último repite como gañador xa que ocupou este mesmo posto na I San Silvestre do Concello, o pasado ano 2011.
Como xa é habitual tampouco faltou un pequeno agasallo para os participantes de menor idade, que neste caso tiñan apenas un ano. Mención especial merecen os participantes de maior idade Carmen Martínez González e José González Pérez este último con 89 anos, todo un exemplo.
Unha vez máis a Tenencia de Alcaldía aposta polo deporte para crear un ambiente festivo para tódolos públicos no Nadal. Este ano deporte, festa e solidaridade foron da man nesta II San Silvestre do Concello de Salceda.
Marina Cabaleiro, “apostamos por seguir facendo este tipo de actividades para compartir con toda a familia, xa que consideramos que é unha maneira de convivir nestas datas de nadal, ademáis cada vez os veciños e veciñas nos sorprenden máis coas súas iniciativas particulares para participar nestas actividades e algúns veñen disfrazados ou con instrumentos musicais, co cal a diversión sempre está garantida”
“Unha vez máis non podemos esquecernos de agradecer a colaboración da Bolsa de Voluntarios de Salceda, Voluntarios de Protección Civil, GRUMIR e Policía Local” e como non dos que colaboraron económicamente co chocolate e cos premios Javucho Publicidade, Bocatería Cerkanías ou Tabertenda”



Dende a Concellaría de Medio Ambiente, vólvense a retomar as Andainas polo noso entorno, esta vez as parroquias protagonistas serán Santa María e Picoña, onde poderemos observar os diferentes mosaicos paisaxísticos que conforman as parroquias, así coma puntos de interese paisaxístico e patrimonial como son a área recreativa dos Agoeiros, as Mámoas do Coto da Cruz, o nacemento do Río Caselas, os Montes de San Cibrán.
O percorrido iniciarase no Centro Cultural do Barrio de A Feira, pertencente á parroquia de Santa María ás 10:00 do sábado 24 de Novembro, tendo o avituallamento na área recreativa de San Cibrán e finalizará no Centro Cultural do Barreiro. A distancia total a percorrer será de 16,57 km, cunha dificultade media-alta, segundo o perfil lonxitudinal do traxecto.
Os interesados en participar poderán inscribirse gratuítamente no seguinte correo electrónico secretariaalcaldia@salcedadecaselas.es ou na Casa da Cultura (Biblioteca), estando dispoñible na nosa páxina web www.salcedadecaselas.es toda a información necesaria sobre a ruta, onde se especifica o percorrido que se realizará.
O Concelleiro de Medio Ambiente, Cándido Lorenzo asegura que “cada vez é máis alta a participación das persoas que acuden aos nosos Roteiros. É todo un orgullo compartir con todos eles os lugares que, paisaxísticamente, teñen moito que ofrecernos. É moi importante que entre todos e todas lles demos a importancia que teñen e os respetemos, evitando degradalos ou utilizalos como vertedoiro ilegais. Todos e todasdebemos respetar o Medio Ambiente para poder disfrutar da súa paisaxe”.