Ruta de acceso á sección
Inicio
Dia do cooperante
Comunicado do Fondo Galego con motivo do Día d@ Cooperante
Os 96 Concellos e 4 Deputacións de Galicia que facemos parte do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade manifestamos o noso compromiso inequívoco coa cooperación para o desenvolvemento, como unha ferramenta útil para paliar as desigualdades internacionais e promover un mundo no que todos os individuos vivamos nunha situación de equidade, con iguais posibilidades para facermos unha vida digna.
XVIII Festa dos Callos
SALCEDA PREPARA 15.000 RACIÓNS DE CALLOS PARA O VINDEIRO DOMINGO
Frigolouro será de novo a encargada de preparar o afrodisiaco potaxe
O Concello de Salceda de Caselas ven de presentar a XVIII edición da Festa dos Callos, que se celebrará o vindeiro 5 de setembro. Na presentación, ademáis de Teresa Pérez, Concelleira de Cultura, e Marcos Besada, alcalde de Salceda,como ven sendo habitual estiveron tamén presentes representantes do Concello do Porriño, neste caso Marcelino Coto, 2º tenente de alcalde e Rosa Morais, Concelleira de Medioambiente e Sanidade.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda, destacou que con esta festa péchase o ciclo festivo do verán. Agradeceu a presenza dos compañeiros do Porriño, cos que bromeou co tema do viño, xa que Porriño segue apostando polo branco, mentres que Salceda se pasou ao tinto. O alcalde lembrou que se espera a presencia dunhas 20.000 persoas.
Piscinas Municipais
FIN DE TEMPADA DAS PISCINAS MUNICIPAIS
As Piscinas Municipais do Concello de Salceda de Caselas pechan hoxe as súas portas ata a vindeira tempada. As instalacións permaneceron abertas dende o 1 de xullo os sete días da semana, e por elas pasaron máis de 10.000 persoas no seu horario de apertura ao público, así como máis de cen alumnos que participaron nos cursiños de natacón organizados dende a Concellaría de Deportes.
Teresa Pérez, Concelleira de Cultura e Deportes, participou na entrega de medallas aos participantes nos cursiños, trasladándolles a noraboa a todos eles tanto polo bo comportamento durante o curso como polos importantes logros acadados. A Concelleira valorou a tempada como “moi boa”, coa participación máis alta dos últimos anos tanto no referente aos cursiños de natación como ao horario de apertura ao público: “a climatoloxía acompañou este ano, e nos dous meses de apertura das piscinas só houbo que pechar tres días pola choiva. É gratificante ver o entusiasmo co que acudiron os máis pequenos cada día aos cursiños, e a boa relación que se estableceu entre eles e as monitoras encargadas das clases”.
SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO o vindeiro VENRES, día 27de AGOSTO do 2010
O ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS
FAI SABER
As sesións do Pleno das corporacións locais son públicas; a tal efecto as convocatorias e ordes do día das sesións do Pleno transmitiranse aos medios de comunicación social da localidade e faranse públicas en taboleiros de anuncios.
É por iso que se comunica a todas e todos os veciños deste Termino Municipal, que
FOI CONVOCADA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO
o vindeiro VENRES, día 27de AGOSTO do 2010
ás 21:00 H. (Nove da tarde) no Salón de Plenos
Co obxecto de tratar os asuntos da seguinte ORDE DO DÍA:
Recepción ao Ballet Uruguaio DESDE EL ALMA
RECEPCION NA CASA DO CONCELLO AO BALLET URUGUAIO “DESDE EL ALMA”
O Alcalde de Salceda, Marcos Besada, e a Concelleira de Cultura, Teresa Pérez, veñen de ofrecer unha recepción ao Ballet Uruguaio “Desde el alma” na Casa do Concello. Unha representación de dito ballet atópase estes días de xira por Galiza, elexindo o Concello de Salceda de Caselas para a súa hospedaxe. Na recepción intercambiáronse agasallos por parte do ballet e do Concello, e os bailaríns fixeron unha pequena exhibición das súas danzas.

![Contido - Tecla de acceso directo [ C ] Contido - Tecla de acceso directo [ C ]](./img/layout.gif)
![Subseccións - Tecla de acceso directo [ S ] Subseccións - Tecla de acceso directo [ S ]](./img/chart_organisation.gif)
![buscar - Tecla de acceso directo [ B ] buscar - Tecla de acceso directo [ B ]](./img/zoom.gif)
![Identificarse no portal - Tecla de acceso directo [ L ] Identificarse no portal - Tecla de acceso directo [ L ]](./img/user.gif)
Resumo
Mapa Web


SUBSECCIÓNS
O Concello
Login
Buscador
IMAXES
IMAXES


