Ruta de acceso á sección
Inicio
Recollida de augas nas fontes para a súa analise
O ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS
FAI SABER
En data do 08/01/2010, procedeuse á recepción e recollida de augas das fontes máis usadas polos veciños e veciñas de Salceda de Caselas por parte do técnico de laboratorios Lema & Bandin para o seu análise.
O resultado dos parámetros analizados na area fisicoquímica e na area de microbioloxía, que estarán expostos no taboleiro de anuncios e na páxina Web do concello de Salceda de Caselas, son os seguintes:
• Fonte de Agüin, Entenza “Apta para o consumo ”.
• Fonte do Cisto, Bº Toural ,Soutelo”Apta para o consumo ”.
• Fonte Ferreiro, Bº Taberna nova, Soutelo”Apta para o consumo”
• Fonte Outeiro. San Xurxo. ”Apta para o consumo”
• Fonte Do Charco do Barral Regueira, Salceda. “Apta para o consumo”.
• Fonte Bouziña, Piñeiro Vedra, Parderrubias. “Apta para o consumo”.
• Fonte Muíño de Pantel, Parderrubias. “Apta para o consumo”.
• Fonte da Susán, Picoña. “Apta para o consumo”.
• Fonte Poza da Pena, Picoña. “Apta para o consumo”.
• Fonte Regueiriño, Bº Fraga, Picoña. “Apta para o consumo”.
• Fonte Ameixeira, San Estevo de Budiño. “Apta para o consumo”.
• Fonte Rego Outeiro, Santa María Salceda. “Non apta para o consumo”.
• Fonte Xavarís, Santa María Salceda. “Non apta para o consumo”.
• Fonte de Amil Bº Revolta, Parderrubias. “Non apta para o consumo.”
• Fonte da Noite, San Estevo Budiño. “Non apta para o consumo”.
• Fonte da Laxe, San Xurxo. “Non apta para o consumo”.
• Fonte dos Floreiros, Bº Ascensión, Entenza. “Non apta para o consumo.”
• Fonte do Espicho do Faro, Entenza. “Non apta para o consumo”.
• Fonte Raposeira, San Estevo de Budiño. “Non apta para o consumo “.
A norma de aplicación foi a do Real Decreto 140/2003 (2). Segundo a lexislación referenciada e os parámetros analizados, a cualificación dos resultados obtidos nestas fontes se refiren exclusivamente a mostra analizada ese día.
Este traballo foi coordinado pola Concellaría de Medio Rural, a cargo de Cándido Lorenzo e por Mónica Vizcaya, Concelleira de Sanidade. As fontes que presenta unha cualificación de non apta para o consumo, e segundo as explicacións dos técnicos, ó seren augas naturais e correntes non implica que nun futuro non se poidan beber delas, xa que todas elas teñen presencia de coliformes, debido á posible existencia de materia orgánica na súa composición o que pode ser consecuencia de restos de vexetación que se puido acumular no interior da fonte. En ningún caso se encontraron residuos fecais, polo que en xeral a calidade das augas no Concello é máis que aceptable. Bastaría con cloralas para que foran aptas.
O que se anuncia para público coñecemento
Salceda de Caselas, a 13 de xaneiro de 2010
O Alcalde - Presidente
Asdo.- Marcos David Besada Pérez
![Contido - Tecla de acceso directo [ C ] Contido - Tecla de acceso directo [ C ]](./img/layout.gif)
![Subseccións - Tecla de acceso directo [ S ] Subseccións - Tecla de acceso directo [ S ]](./img/chart_organisation.gif)
![buscar - Tecla de acceso directo [ B ] buscar - Tecla de acceso directo [ B ]](./img/zoom.gif)
![Identificarse no portal - Tecla de acceso directo [ L ] Identificarse no portal - Tecla de acceso directo [ L ]](./img/user.gif)
Resumo
Mapa Web


SUBSECCIÓNS
O Concello
Login
Buscador
IMAXES



