Concello de Salceda de Caselas

Información sobre Gripe A

Subseccións SUBSECCIÓNS

Portal do cidadán

Usuario Login

Rexistrarse

Olvidei a miña contrasinal

Buscador Buscador

Imaxes IMAXES

  • Punto de información Catastral
    Punto de información Catastral
  • O Banco do tempo
    O Banco do tempo
  • PXOM
    PXOM
  • De interés
    De interés
  • Subvencións
    Subvencións
  • Oficina de Voluntariado
    Oficina de Voluntariado
  • Anel Solidario
    Anel Solidario
  • Rede de dinamización
    Rede de dinamización
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL
    BIBLIOTECA MUNICIPAL
  • Festas de Galicia
    Festas de Galicia
  • Parque Etnográfico Río Caselas
    Parque Etnográfico Río Caselas
  • Ruta dos Montes de San Cibrán
    Ruta dos Montes de San Cibrán
  • Apaioga
    Apaioga
  • Subasta tu obra
    Subasta tu obra

Ruta de acceso á sección

Mostra todos os contidos desta sección nunha nova páxina facilmente imprimible

Inicio

Resumo memoria anual OMIX (2009)

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Salceda de Caselas, tivo o longo do ano 2009, un total de 2.144 usuarios tanto directos coma indirectos, o que sobre unha poboación de 8.521 habitantes representa o 25,16 % do total.

• Na labor informativa e de xestión da OMIX propiamente dita, hai que destacar que o longo do ano se expediron 90 Carnés Xove, 50 carnés de estudante internacional Student, 3 de mestre internacional Teacher, 12 carnés de alberguista (tanto de grupo, familiar ou individual). Se recolleron preto de 60 solicitudes de rapaces para acudir aos campamentos de verán da Xunta, da Deputación ou aos organizados pola Concellaría de Mocidade no colexio Altamira (Nadal e Verán). Se tramitaron unha ducia de axudas para a obtención da Renda Básica de Emancipación a xoves que cumpriron os requisitos de idade e situación económica. Se coordinaron charlas do Centro de información afectivo/sexual QUÉROTE, dependente da Dirección Xeral de Xuventude nos IES Pedras Rubias. Se inscribiu a numerosos mozos e mozas de Salceda nas actividades dirixidas a maiores de 18 anos organizadas pola propia DXX durante todo o ano. Asesorouse a máis de 25 nais ou directamente aos rapaces para a solicitude das becas de estudios do MEC, que este ano tan só se puideron facer “on line”. Se realizaron envíos masivos de información de interese utilizando as TIC (correo electrónico e mensaxeira a móbiles) as asociacións xuvenís e culturais de todos aqueles temas considerados de interese para eles (concursos, actividades, ofertas de emprego público e privado, becas, axudas, boletíns, publicacións, etc).
A subvención concedida para o mantemento do servizo foi de 5.161,14

• Polo que respecta a as actividades realizadas dende a Concellaría de Mocidade, dicir que durante todo o ano fíxose difusión e anotáronse rapaces, mozos e adultos en todos os proxectos de animación sociocultural levados a cabo. Así, houbo máis de 30 inscritos no campamento de Nadal, 50 no IX concurso de beléns (individual e grupos), máis de 250 persoas no concurso de carrozas e comparsas de Entroido, 145 anotados nos cursos de natación na piscina municipal, 25 anotados no campamento urbano de verán, 22 anotados na aula municipal de teatro e 65 anotados nas clases de ioga e pilates. Organizouse conxuntamente coas OMIX da Guarda, O Rosal, Baiona, Nigrán, O Porriño, Tomiño e a Casa de Xuventude de Tui a III edición do certame de fotografía Viaxando, cun total de 40 traballos presentados.

• En canto a actividade formativa destacar o curso de Galego Celga IV ao que chegaron a inscribirse ata un total de 85 persoas, os cursos de manipulador de alimentos (dous en marzo e outros dous en novembro) dependentes da OMIC e a Concellaría de Sanidade con máis de 150 persoas inscritas, o curso de condución eficiente da Consellería de industria con 20 inscritos, o programa de inserción laboral da Deputación de Pontevedra Actívate, no que a Salceda correspondeulle un curso de cociña e repostería cun total de 32 preinscritos, os cursos do programa de formación do voluntariado Móvete 09, cun total de 70 inscritos nas distintas actividades formativas (Voluntariado Social de Maiores: interxeracional, Formación básica en voluntariado, Voluntariado e infancia, O coñecemento do voluntariado do monte galego das árbores, fragas e explotacións forestais de Galicia), Iniciación a escalada con 14 inscritos.

• No que atinxe a labor da oficina como OMIC ou servizo de recepción de reclamacións de consumo, dicir que se produciron o longo do 2009 máis de 300 consultas de temas relacionados co consumo e os bens consumibles, que derivaron na apertura de 210 expedientes de reclamación ante a FEGAMP, para que esta a súa vez os derivase ao Instituto Galego de Consumo se fose necesario. A maioría destas reclamacións debéronse a temas relacionados coa facturación eléctrica e a telefonía móbil e fixa.
A subvención concedida foi de 4.000 €.

• Como Secretaría da Agrupación Municipal de Voluntarios de Protección Civil de Salceda de Caselas, xestionouse a xustificación da subvención do ano 2008 cun importe de 3.266,49 € gastados en roupa e equipamento dos novos voluntarios e solicitouse a subvención 2009 na que se concederon 1.500 €. Matriculouse no Curso básico de protección civil e no Curso de accidentes en estrada aos novos voluntarios na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) e colaborouse na redacción do primeiro PEMU que se elaborou no Concello de Salceda.

• Na labor de apoio ao resto de departamentos e concellarías do concello destacar a colaboración na inscrición das actividades levadas a cabo pola Concellaría de educación e os seus programas “Espertando na escola, aula matinal” con 32 rapaces anotados, o “Planetario viaxeiro de La Caixa”, e os cursos “Móvome no mundo”, “Viaxando polas linguas” e “Informática”. A colaboración na xestión e prestación do servizo de Voluntariado en ausencia de técnicos e seguimento e xustificación da subvención concedida por importe de 2.705,14 €. O mesmo no Banco do tempo municipal, no que se colaborou diariamente coa entidade externa contratada para a súa posta en marcha e funcionamento (Centro Cultural de Valadares) e solicitude, seguimento e xustificación da subvención concedida por un importe de 3.490.€. Por último a colaboración coa Concellaría de cultura no seguimento de actividades puntuais no auditorio e na Praza do Concello (control de luces e son, apertura de instalacións), no ciclo cultural de verán, na festa dos callos, nas actividades do Nadal, etc..

• O espazo da OMIX é compartido coa aula de novas tecnoloxías da Rede de Dinamización da Sociedade da Información dependente da Consellería de Industria, e tamén cos servizos da oficina de voluntariado, banco do tempo e banco de alimentos. Os usuarios destes servizos, así como os anotados nas actividades das Escolas Deportivas Municipais (EDM) o longo de todo o ano, non foron contabilizados como usuarios na contabilidade xeral anual. Os usuarios contabilizados puideron participar tamén en varias das actividades.



Salceda de Caselas a 21 de decembro de 2009

Accións sobre o contido:

Enlace permanente a este contidoMostra este contido nunha nova páxina facilmente imprimibleRecomenda este contido a alguén vía correo electrónico

Ir arriba