Ruta de acceso á sección
Inicio
Entrega de un cheque a Aldeas Infantiles
No Concello de Salceda de Caselas ven de celebrarse o acto de entrega a Aldeas Infantiles SOS do cheque coa recaudación dun festival benéfico. Dito festival celebrárase o pasado 17 de outubro no Auditorio Municipal organizado polo Coro Polifónico de Entenza, e supuxo a recaudación de 1.100 €. No acto estiveron presentes Mónica Vizcaya, tenente de alcalde de Salceda, Juan Manuel Martínez e Javier Alonso, presidente e director do coro respectivamente e Víctor Muñoz, director territorial de Aldeas Infantiles, ademáis de outros representantes tanto do coro como do Concello e da propia Aldeas Infantiles.
Mónica Vizcaya felicitou ao Coro Polifónico de Entenza pola súa labor a favor deste tipo de organizacións, xa que este é o segundo ano consecutivo en que organizan un festival benéfico. Por outra banda comprometeuse a que nos vindeiros orzamentos do 2010 se fará un esforzo económico para que Aldeas Infantiles tamén reciban unha aportación municipal.
Víctor Muñoz amosouse encantado deste tipo de eventos a prol de Aldeas Infantiles, e así lle fixo chegar o seu agradecemento ao Coro Polifónico de Entenza, tanto no seu nome como no dos máis de 100 nenos que atenden actualmente. Manifestou ademáis que o importe recadado será destinado a financiar novos proxectos, entre eles algún tamén para a comarca do Condado.
Pola súa parte, Juan Manuel Martínez e Javier Alonso ofrecéronse para calquera evento destas características, sen deixar de agradecer ao Concello pola súa colaboración tamén no festival.
![Contido - Tecla de acceso directo [ C ] Contido - Tecla de acceso directo [ C ]](./img/layout.gif)
![Subseccións - Tecla de acceso directo [ S ] Subseccións - Tecla de acceso directo [ S ]](./img/chart_organisation.gif)
![buscar - Tecla de acceso directo [ B ] buscar - Tecla de acceso directo [ B ]](./img/zoom.gif)
![Identificarse no portal - Tecla de acceso directo [ L ] Identificarse no portal - Tecla de acceso directo [ L ]](./img/user.gif)
Resumo
Mapa Web


SUBSECCIÓNS
O Concello
Login
Buscador
IMAXES



