Veciñas e veciños de Salceda de Caselas,
Neste intre en que se produce un feito transcendente como é o de asumir o cargo de Acalde quero transmitirvos un cordial saúdo e a miña disposición de estar ao voso servizo con enteira adicación.
Eu como Alcalde e as concelleiras e concelleiros que me acompañan, somos plenamente conscientes de que o gran reto que abordamos non é outro que o de poñer a Salceda de Caselas por riba de todo, e á cidadanía salcedense como principal obxectivo ao que atender en tódolos aspectos, na liña de acadar os mellores niveis en calidade de vida e benestar.
Salceda de Caselas conta cunha gran riqueza; e non é a de grandes construccións nen singulares monumentos.
A súa grandeza está na súa xente; unha cidadanía que ten por divisa o seu esforzo e o espíritu emprendedor de quen quer acadar o mellor de sí e ofrecelo ao conxunto da sociedade.
Pódese dicir que son moitos os anos nos que as potencialidades propias e as aportacións das veciñas e veciños salcedense non tiveron a canle pola que encauzarse para o seu mellor aproveitamento, en tódolos sentidos. Igualmente é certo que nada está perdido, neste mundo global nos que no vemos inmersos, para crear o que é un Concello vivo e con recursos.
O noso compromiso, o meu e o do meu goberno, é de aquí en adiante poñer todolos medios para que o noso Concello se encamiñe cara un desenvolvemento sostible, no que a riqueza atesourada ao longo de séculos aflore para o ben común.
Un compromiso na adicación e o esforzo por conseguir unha Salceda de Caselas orgullosa de seu; e para que sexa, dende esta data, un pequeno faro que guíe na inmensa tarefa de construir un gran País: Galiza.
16 de xuño do 2006
O voso Alcalde
Marcos David Besada Pérez