O ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS
FAI SABER
As condicións meteorolóxicas con rexistros de alta pluviosidade deste inverno, está a propiciar coa axuda de temperaturas máis elevadas na época da primavera, a un crecemento da biomasa forestal elevado, o cal conleva a un importate factor de alerta de cara ás condicións óptimas de propagación de incendios forestais. As zonas próximas a vivendas son de carácter prioritario por posibilidade de propagación de incendios ás vivendas.
O estado actual das áreas forestais e rurais, presenta parcelas con abundante maleza, e a cobertura árborea presenta abundante ramosidade. Gran parte das ramas están caidas ou en risco de caerse, o cal provoca que as vías públicas se vexan cheas de ramaxe e follaxe, co conseguinte perigo para a circulación de vehículos e para os viandantes que conleva, xa que no caso de que se producira un accidente por mor da follaxe existente na vía pública o Concello reclamará a responsabilidade aos propietarios dos terreos e parcelas.
A isto se lle incrementa a problemática da desparición do GRUMIR, corpo encargado, entre outras labouras de intervención, da realización de tarefas de Prevención de Incendios Forestais, a través da realización de traballos silvícolas imprescindibles para acondicionar as áreas, xerando a discontinuidade vexetal da maleza e do estrato arbóreo, que permite unha maior seguridade para combatir os Incendios Forestais. E que sobre todo eran un corpo de intervención inmediata na caída de arborado ou ramosidade na vía pública, axilizando a eliminación do obstáculo, e que agora, os propietarios terán que realizar esas tarefas de acondicionamento das súas parcelas, evitando o derrumbamento de árbores.
Dende o Concello recordase a todos os propietarios de parcelas a obriga que os artigos 9 e 199 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia, establecen ao respecto, esto é os terreos e parcelas deben estar limpas de malezas e deberase de proceder á poda das árbores de maneira tal que as polas das mesmas non sobrevoen a vía pública, xa que do contrario o Concello verase obrigado a iniciar expediente de reposición medioambiental, coa finalidade de que se proceda a limpeza das parcelas e a poda dar árbores a efectos de mantelas nas debidas condicións de seguridade, salubridade e ornato público.
Débese advertir que no caso de que non se dirá cumprimento ó ordenado polo Concello, a Lei establece a posibilidade de impoñer multas coercitivas de 300 a 6.000 euros reiterables ata lograr o cumprimento do ordenado.
Por iso, e en aras a evitar prexuízos tanto para os propietarios das parcelas como para o Concello de Salceda de Caselas, infórmase a todos os propietarios de terreos e parcelas que procedan a limpeza da maleza das súas propiedades, así como a evitar que as polas das árbores voen sobre a vía pública, debendo proceder a súa poda no caso de que así fora, para evitar posibles accidentes na vía pública.
O que se anuncia para público coñecemento
Salceda de Caselas, a 30 de Abril de 2013
O Alcalde - Presidente
Asdo.- Marcos David Besada Pérez
Nas últimas datas vense comprobando que determinados propietarios de terreos e parcelas sitos no termo municipal de Salceda de Caselas non as manteñen nas debidas condicións de seguridade, salubridade e ornato público así como con arranxo ás normas de protección do medio ambiente, do patrimonio histórico e da rehabilitación. Vénse, pois, comprobando como as parcelas están cheas de malezas e as árbores atópanse coas ramas caendo sobre a vía pública, o cal provoca que as vías públicas se vexan cheas de ramaxe e follaxe, co conseguinte perigo para a circulación de vehículos e para os viandantes que conleva, xa que no caso de que se producira un accidente por mor da follaxe existente na vía pública o Concello reclamara a responsabilidade aos propietarios dos terreos e parcelas.
Dende o Concello recordase a todos os propietarios de parcelas a obriga que os artigos 9 e 199 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia, establecen ao respecto, esto é os terreos e parcelas deben estar limpas de malezas e deberase de proceder á poda das árbores de maneira tal que as polas das mesmas non sobrevoen a vía pública, xa que do contrario o Concello verase obrigado a iniciar expediente de reposición medioambiental, coa finalidade de que se proceda a limpeza das parcelas e a poda dar árbores a efectos de mantelas nas debidas condicións de seguridade, salubridade e ornato público.
Débese advertir que no caso de que non se dirá cumprimento ó ordenado polo Concello, a Lei establece a posibilidade de impoñer multas coercitivas de 300 a 6.000 euros reiterables ata lograr o cumprimento do ordenado.
Por iso, e en aras a evitar prexuízos tanto para os propietarios das parcelas como para o Concello de Salceda de Caselas, infórmase a todos os propietarios de terreos e parcelas que procedan a limpeza da maleza das súas propiedades, así como a evitar que as polas das árbores voen sobre a vía pública, debendo proceder a súa poda no caso de que así fora, para evitar posibles accidentes na vía pública.
O que se anuncia para público coñecemento
Salceda de Caselas, a 25 de xaneiro de 2012
O Alcalde - Presidente
Asdo.- Marcos David Besada Pérez