A Casa do Concello de Salceda de Caselas acolleu onte xoves 26 de marzo ás 12:00 á Xunta Local de Seguridade. A esta xuntanza acudiron o subdelegado do Goberno Antonio Coello, o asesor técnico Alberto Seoane, o Xefe da Comandancia da Garda Civil, o Director Xeral de Emerxencias e Interior Santiago Rodríguez, o alcalde de Salceda Marcos Besada e os concelleiros de Tráfico e Seguridade, Benestar e Vías e Obras.
Na Xunta de Seguridade falouse acerca da problemática existente en delincuencia, onde Salceda mostra un dos ratios mais baixos da comarca, presentando no 2010 unha taxa de criminalidade do 17% fronte ao 30% existente na provincia de Pontevedra e o 43% a nivel galego. Este ratio foi en decrimento nos últimos anos grazas ao traballo realizado polo corpo e forzas de seguridade do estado en ooperación, coordinación e colaboración co dispositivo da policía local do Concello de Salceda de Caselas.
A criminalidade se centraba principalmente no control de bandas organizadas de caracter itinerante que se concentraban indistitamente en distintos puntos do país, e que grazas a intervención dos corpos policiais puideron reducir estos operativos que presentaban unha ameaza grave aos veciños e veciñas do municipio salcedense.
A implicación por parte dos veciños e veciñas de Salceda é moi importante para oder reducir a criminalidade, xa que, as denuncias que que tiveron lugar en tempos pasados, permitiron coñecer as zonas de maior conflictividade e polo tanto establecer puntos estratéxicos de control.
Outro dos problemas tratados son os xerados a través da delincuencia de xénero, onde lamentablemente seguen sendo as mulleres as mais perxudicadas neste eido. As denuncias presentes no municipio salcedense reducíronse á metade sendo o número de mulleres que se acolleron a un réxime especial de protección inferior.
Dende o Concello de Salceda de Caselas existe un compromiso firme en realizar untanzas parroquiais para prodecer á elaboración dun protocolo de seguridade nas vivendas dispersas que principalmente se atopan no rural, e son potencialmente obxecto de roubo. Para así reducir tratar de reducir a tasa de criminalidade co obxectivo de que nun futuro a taxa poida ser nula.