• O Concello
    • Inicio
    • Saúdo do Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Imaxe corporativa
    • Ordenanzas e regulam.
    • Plenos
    • Descarga de formularios
      • Alcaldía
      • Sumidoiros
      • Comercio
      • Consumo
      • Contratación
      • Emprego
      • Facenda municipal
      • Impostos
      • Medio ambiente
      • Padrón habitantes
      • Protección Civil
      • Recollida do lixo
      • Secretaría xeral
      • Servicios Sociais
      • Subvencións
      • Urbanismo
      • Vehículos
      • Educación
      • Xulgado de Paz
    • Bandos
      • Ano actual
      • Anos anteriores
    • Rueiro
  • Concellarías/Servizos
    • Alcaldía
      • Alcalde
      • FALA CO ALCADE
    • Tenencia de Alcaldía
      • Benestar Social e Igualdade
      • Emprego e Formación
      • Deportes
      • Voluntariado
    • Cultura
      • Concelleira
      • Bibliotecas
      • Certames e festexos
      • Arquivo da memoria
    • Ensino
      • Concelleira
    • Medio Ambiente
      • Concelleiro
      • Libro de flora do río Caselas
      • Roteiros
      • Roteiros "coñece o teu entorno"
      • Actividades
    • Urbanismo
      • Concelleiro
    • Tráfico e transporte
      • Concelleiro
      • Autobuses
      • Parada de táxis
    • Medio Rural
      • Concelleiro
      • Subvencións
    • Facenda
      • Concelleiro
    • Vías e Obras
      • Concelleiro
    • Sanidade
      • Concelleira
      • Actos
    • Comercio
      • Concelleira
      • Impresos
    • Mocidade
      • OMIX
      • Concelleira
    • Consumo
      • Concelleira
      • OMIC
  • Turismo
    • Localización xeográfica
    • Puntos para visitar
      • Turismo Cultural
      • Turismo Natural
      • Turismo Activo
      • Curiosidades
      • Parque Etnográfico Río Caselas
    • Hostelería
    • Salceda en imaxes
      • Monumentos
      • Fotos antigas
      • Vistas
      • Casco urbano
      • Festa da camelia
      • Entroido 2013
      • Espazos naturais
    • Novas
    • Festas
    • Parroquias
      • A Picoña
      • Budiño
      • Entenza
      • Parderrubias
      • San Xurxo
      • Santa María de Salceda
      • Soutelo
  • Información
    • Teléfonos e direccións
      • Persoal do Concello
      • Asociacións
      • Deputación Provincial
      • Teléfonos Estado
      • Teléfonos de Urxencias
      • Teléfonos Varios
      • Xunta de Galiza
    • De interese
    • Novas
    • Enlaces de Interese
    • Boletín Municipal
    • Novas destacadas
    • Eventos
    • Autobuses
    • Taxis
    • Publicacións do Concello
  • Emprego e Formación
    • Ofertas de traballo
    • Novas
    • Formación
  • Perfil do Contratante
    • OBRAS
    • SERVIZOS
    • SUMINISTROS
    • XESTION DE SERVIZOS



Cultura

Inicio  »  Concellarías/Servizos  »  Cultura

Salceda de Caselas homenaxea a Roberto Vidal Bolaño nas Letras Galegas



 

O Concello de Salceda de Caselas vaise sumar ás múltiples homenaxes a Roberto Vidal Bolaño organizadas por toda a xeografía galega co gaio do Día das Letras Galegas. A Concellaría de Cultura, que dirixe Teresa Pérez, preparou un amplo programa de actividades para conmemorar esta data sinalada. Os actos comezarán xa o día 16 dirixidas aos máis pequenos da casa, con actividades na Casa da Cultura Castelao a partires das 18:00 que xirarán en torno á figura do escritor. O día 17, Día das Letras Galegas, a partires das 12:00 da mañá organízase unha lectura continuada na Praza do Concello. Os textos versarán sobre a vida e obra do homenajeado, e dende o Concello anímase a todos e todas os que queiran particpar leendo un pequeño texto. O acto rematará co concerto de “Pardal na Rúa”. Xa pola tarde será o Coro Polifónico de Entenza o encargado da organización dun certame de corais a partires das 19:30 no Auditorio Municipal, e que contará cos coros Stella Maris (Nigrán), Coral Ecos do Folón (O Rosal) e o propio Coro Polifónico de Entenza.

  Con estes actos o Concello de Salceda súmase á festa das Letras Galegas, “a data máis importante do ano na defensa da nosa cultura e da nosa lingua”, afirma Teresa Pérez. “Corren tempos difíciles para o galego e dende o Concello imos facer todo o que este ana nos aman pola defensa do noso maior sinal de identidade”.


Twittear

Celebra as Letras e outras moitas actividades en Salceda




Twittear

O Concello de Salceda de Caselas traballa na recuperación da súa historia



 

O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Cultura que dirixe Teresa Pérez, ven de poñer en marcha o plan de recuperación da memoria histórica de Salceda, que vai desembocar nunha serie de traballos que van recoller diversos aspectos da historia de Salceda de Caselas. Nesta primeira fase estase a traballar nos seguintes temas:

            - Arquivo Municipal da Imaxe: Está sendo levado a cabo polas salcedenses Cristina Rey (licenciada en publicidade) e Irene Rodríguez (licenciada en historia). O arquivo pretende abarcar o maior número de imaxes fotográficas e audiovisuais da historia de Salceda, catalogadas na maior medida posible, con datas, protagonistas…

            - Historia do Dr. Zunzunegui: levada a cabo por Xose Ramón Paz Antón. Pretende facer unha semblanza deste médico vasco que exerceu en Salceda e ao que se lle adicou unha rúa e o Centro Rural de Hixiene.

            - Catálogo do folclore de Salceda: tamén en mans de Xose Ramón Paz Antón. Pretende ser unha continuación do libro “Salceda en Festa”, que supuxo a recolleita da historia das bandas de música de Salceda. Nesta ocasión preténdese afondar nos diferentes gaiteiros que existiron en Salceda, agrupacións folclóricas… cun apartado especial adicado aos ranchos de reis.

            - Historia da emigración: neste caso será Raúl Soutelo, doctor en historia contemporánea pola Universidade de Vigo, o encargado do traballo. Farase un percorrido polas historias de emigración a América dos salcedenses, con especial adicación á emigración en Arxentina e Brasil, por ser os puntos de destino maioritarios dos salcedenses.

            Ademáis estase a facer tamén unha recopilación de mitos e lendas de Salceda, coa colaboración especial dos centros escolares da vila.

            Para a posta en marcha destes proxectos, estanse a organizar unha serie de reunións coas asociacións do municipio, para pedir a colaboración da xente que poida ter documentación para aportar. A primeira reunión fíxose coa Asociación de Xubilados e Pensionistas, xa que este é o colectivo máis importante para a realización do proxecto. Serán válidas fotografías, gravacións, cartas ou calquera outro documento que axude a indagar na historia de Salceda.

            Os mércores estará unha oficina habilitada nas instalacións do Concello para que quen así o desexe poida achegarse co seu material. Dende o Concello garántese o axeitado tratamento dos documentos, que serán devoltos aos seus propietarios no menor prazo de tempo unha vez dixtalizados. Así mesmo asinarase o correspondente acordo dos usos permitidos para o material, garantindo sempre a propiedade intelectual dos seus propietarios.

            Teresa Pérez, Concelleira de Cultura, solicitota colaboración da veciñanza nestes proxectos: “sen a axuda dos veciños e veciñas os traballos non poden saír adiante. Estamos a recibir moi boa disposición da xente, polo que esperamos a máxima colaboración e un grande traballo en equipo para obter os mellares resultados”.

            Marcos Besada, Alcalde de Salceda, destacou a importancia de aproveitar o momento: “non podemos deixar pasar máis tempo. Cada maior que falece é un punto de información que se nos vai. Os maiores teñen que ser parte fundamental neste proxecto e así llo estamos a pedir. Imos recuperar a historia de Salceda, e imos facelo grazas á nosa veciñanza”.


Twittear

O Concello de Salceda cede o edificio da Casa da Música á Asociación Amigos e Amigas da Música



 

O Concello de Salceda de Caselas e a Asociación de Amigos e Amigas da Música de Salceda veñen de asinar o convenio para a cesión demanial do edificio da Casa de Música a esta asociación.

O edificio, do ano 1955, foi construido inicialmente para Centro Rural de Hixiene, pero xa dende o ano 1987 está sendo utilizado como local de ensaio da Banda Cultural de Salceda, e posteriormente tamén como Escola de Música. Trátase dun conxunto de máis de 600 metros cadrados divididos en dúas prantas, con oficina, aula infantil, dúas aulas de solfexo, dúas aulas para clases instrumentais, tres cabinas de estudios individuais e un salón grande para os ensaios da banda. O edificio foi rehabilitado no ano 2009 cos fondos do Plan E, converténdose así nunha verdadeira Casa da Música.  

Marcos Besada, alcalde de Salceda, e Leonardo Fernández, Presidente da Asociación de Amigos e Amigas da Música de Salceda foron os encargados de asinar o convenio, co que se regulariza unha situación de anos, garantindo o uso do local por parte da asociación por un mínimo de 25 anos, sempre e cando se cumpran as condicións establecidas.

A Banda Cultural e a Escola de Música foron sempre a liña máis importante dentro da política da Concellaría de Cultura que dirixe Teresa Pérez, e esta cesión ven a ser un paso máis na boa relación que existe entre Concello e Asociación. A escola de música conta con máis de 250 alumnos e alumnas que surten as bandas xuvenil e cultural, e que na Casa de Música poden asistir a clases de solfexo e instrumentos varios. Actualmente a asociación está a dar os pasos precisos para ser declarada de utilidade pública, o que xustifica aínda en maior medida a cesión de uso do edificio.

“A Asociación de Amigos e Amigas da Música fai unha labor impagable en Salceda, coa formación de centos de nenos e nenas que desemboca, en moitos casos, en carreiras profesionais no mundo da música”, declarou a Concelleira. “Grazas á música unha ducia de veciños e veciñas viven profesionalmente traballando nalgunha das mellores orquestras do mundo, polo que dende a Concellaría de Cultura seguiremos a poñer todos os nosos medios á disposición da asociación para o desenrolo das súas actividades”.

Marcos Besada, Alcalde de Salceda, destacou que para Salceda a música é algo máis que cultura. “É un proxecto que permite que nenos, nenas e maiores poidan ter un espazo onde desenvolverse socialmente; unha Salceda onde vivir, traballar e desfrutar. O Concello de Salceda tiña unha débeda histórica coa Asociación de Amigos e Amigas da Música, e este convenio ven a saldar dita débeda”. 


Twittear

Semana de actividades no Municipio de Salceda



 

Un festival solidario, Charla informativa sobre o problema hipotecario e Andaina noctura son parte das actividades que as persoas poderán realizar ao longo desta semana.
 
Mañá xoves día 21 a partir das 20h, no Auditorio Municipal do Concello se vai a realizar unha charla informativa sobre o problema hipotecaria, onde membros de ADICAE, baixo o nome de "Hipoteca con dereitos" nos informarán sobre os problemas que se están a dar co sistema hipotecario e como se chega a desencadenar nos desafiuzamentos.
 
O venres terá lugar a Andaina Nocturna organizada pola Comisión de Festas do Libramento, para o cal hai que realizar unha inscripción previa, a saída terá lugar no torreiro de Festas de San stevan de Budiño ás 22 h.
 
O venres tamén comezará o festival solidario en Salceda, coa presencia dos membros de Osiris Teatro, que recaudará fondos para axudar a enfermos con problemas neuromusculares, representados pola Asociación Galega contra enfermidades Neuromusculares (ASEM Galicia). A cita comezará ás 17:00 coa asistencia da presidenta de ASEM Galicia, Mº Carmen Álvarez, Marina Cabaleiro (Concelleira de benestar social) e Teresa Pérez concelleira de Cultura. Seguirá coa
actuación de Carcajadas Show e as 21:30 con "Rosiña a solteira" do grupo de teatro Vamolavirando de A Guarda.
 
O sábado ás 18:00 h, o Grupo de Teatro Infantil da Asociación Cultural de A Feira comezará a obra " Aloucura de don Nicarnor"e "Veraneando en Sanxenxo". Ás 19:30 actuará o grupo de Danza oriental da escola de Danza de Paula Cobián, a ás 21:30 o grupo de triateiros de Vigo interpretará "Improperio".
 
E o domingo finalizará, coa Charanga divertida da banda Xuvenil de Salceda, que animará as rúas a partir das 17:30, e as 21:30 Cándido Pazó ofrecerá unha contada. Na clausura participarán Angel de la Cruz, director e guionista de "Arrugas" e "Bosque Animado", e Marcos Besada, Alcalde de Salceda .


Twittear

ARRANCA O ENTROIDO 2013 EN SALCEDA DE CASELAS



A Casa da Cultura Alfonso Daniel Rodríguez Castelao acolleu esta mañá a presentación da programación do Entroido en Salceda de Caselas. Marcos Besada, Alcalde de Salceda, Teresa Pérez, Concelleira de Cultura e Martín Acuña e Jaime Rodríguez en representación dos barrios de A Feira e Castro Barreiro respectivamente foron os encargados de dar a coñecer os actos previstos para estes días de festa.

 
O venres comezan os actos co desfile dos nenos e nenas dos centros escolares do municipio. O IES Pedras Rubias, o CEP Altamira, o CRA Raíña Aragonta, a Galiña Azul, a Escola Infantil Xoaniña e Manus reúnen un total de máis de mil cativos que van lucir os seus disfraces polo centro da vila a partires das 11:00 da mañá.
 
 
O sábado a partires das 17:00 haberá festa infantil de disfraces no Parque Raíña Aragonta con animación a cargo das Maimiñas.
 
O domingo é o día grande da programación municipal. Ás 12:00 a Banda de Música Cultural de Salceda ofrecerá o seu tradicional concerto na Praza do Concello. A partires das 16:30 terá lugar o XV desfile de carrozas e comparsas, con catorce agrupacións participantes compostas por case mil persoas. Sete desas comparsas son do mesmo municipio, e as demáis repártense entre Tui, Tomiño, Salvaterra e Porriño. Milleiros de persoas está previsto que asistan como público a este espectáculo, tal e como ven acontecendo nos últimos anos. Mentres o xurado toma a súa decisión celebrarase o V Concurso de Coplas de Entroido, e rematarase a festa coa actuación dos grupos Ilusión e Yucatán.
 
O luns e o martes pásaselles o turno aos barrios de Castro Barreiro e A Feira, que xa teñen todo preparado para presentar as súas carrozas e comparsas o martes ás 17:00 na Praza do Concello.
 
Teresa Pérez, Concelleira de Cultura, fixo un repaso pola programación, salientando o incremento de participación este ano. “Esperamos que sexan unhas citas multitudinarias tal como ven acontecendo nos últimos anos. Os que aínda non coñezan o Entroido de Salceda non deberían deixar de presencialo. É un espectáculo único”.
 
Marcos Besada, alcalde de Salceda destacou a importancia do entroido de Salceda, un dos máis antigos de Galiza, pola singularidade dos enfrontamentos entre os barrios de Castro Barreiro e A Feira. Resaltou a especial vinculación que tivo sempre o entroido de Salceda coa emigración, e  a grande influencia que tivo dende sempre de entroidos tan coñecidos como o de Brasil.
 
A programción destes dous barrios segue a ser un segredo, xa que os carteis non se fan públicos ata o venres pola noite.


Twittear

O Concello de Salceda de Caselas incrementa o número de usuarios da Casa da Cultura



A Casa da Cultura do Concello de Salceda de Caselas, incrementa o seu número de usuarios en 1700 usuarios, dende marzo do 2010 que contaba con 300 usuarios ata novembro do 2012 no que xa se conta con 2000 persoas socias da biblioteca.

 
A visita á biblioteca por internet conta cunha media mensual de 5000 persoas, sendo o mes de maior número de consultas o correspondente a Xaneiro do ano 2012 que ascende a 6.591usuarios.
 
O número de usuarios con carné da biblioteca é moi importante para poder optar a diferentes subvencións de libros por parte da Xunta, puidendo así ter unha oferta de libros de forma actualizada, e sobre todo atender a demandas dos ususarios, de etapa escolar, que teñen que ler libros de lectura obrigatoria.
 
Para nos é moi importante prestar servizos aos veciños e veciñas de Salceda, sobre todo en canto ao acceso á cultura. As persoas deben formarse, e entre todos temos que facilitar accesos públicos que garantan esos servizos. Non podemos permitir máis recortes na formación das persoas, é máis temos que incrementar o acceso a formación, para que todo o mundo teña as mesmas posibilidades .
 


Twittear

Exposicións acolle a obra de Inés Dominguez Besteiro



A Casa da cultura do Concello de Salceda de Caselas, Alfonso Daniel Rodriguez Castelao, conta cunha nova exposición na súa sala destinada para os eventos.

Nesta ocasión poderemos disfrutar da exposición que a artista Inés Dominguez Besteiro mostra dende o día 1 ao 15 de Novembro. A súa traxectoria como ceramista é de principios do 90, e tras varios anos de estudo no Centro de Arte de Madrid, desenvolve un estilo persoal no modelado da terra cocida e do raku. A comezos do ano 2000 á súa
afición como ceramista vese incrementada polo seu interese á pintura, especialmente polos mestres do impresionismo e comeza a investigar como autodidacta diferentes soportes, gamas de cor, que represntan momentos relevantes na súa vida, así como o descontento social e a empatía que a artista comparte con diferentes colectivos sociais e a súa problemática.

A maior parte das súas obras están feitas de materiais reciclados, sendo transformados obxectos en deshuso en verdadeiras obras de arte.

Pódese visitar gratuítamente dentro do horario de apertura da casa da Cultura de luns a venres de 9:00 a 20:00.


Twittear

SALCEDA REFORMARÁ O AUDITORIO MUNICIPAL

Melloraranse os sistemas de seguridade e a accesibilidade para discapacitados


 

O Concello de Salceda de Caselas, ao traverso da Concellaría de Cultura que dirixe Teresa Pérez, vai levar a cabo obras de reforma no Auditorio Municipal. Fundamentalmente trátase de adaptar o edificio ás normas de seguridade. Para iso abrirase unha nova porta de emerxencia dende o salón de actos que dará directamente ao exterior do edificio, sen pasar polos corredores, posibilitando así unha máis rápida evacuación en caso de incendio ou de calquera outro incidente. Ademais vaise proceder ao cambio de tódalas barandillas existentes tanto no hall como na rampla de acceso ao edificio, pois estas tampouco cumpren a normativa de seguridade ao ser “escalables”, supoñendo así un perigo fundamentalmente para os cativos que se divirten subíndose a elas. Na obra primarase a reciclaxe de elementos, e así arquitecto e constructor traballan xa na reutilización dos materiais da barandilla para a construcción dunha nova que si cumpra coas normas de seguridade.

Por outra banda vaise proceder tamén á habilitación de espazo para dúas cadeiras de rodas dentro do salón de actos, facilitando así a accesibilidade de discapacitados a calquera espectáculo programado no Auditorio Municipal.

As obras contan con un orzamento de 27.854,34 €, que se asumirán con fondos propios, excepto 6.664,15 € que serán financiados pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia ao traverso dunha subvención para equipamento e mellora de instalacións e locais empregados para a realización de actividades culturais. A execución será inminente, e as obras levaranse a cabo durante o mes de novembro.

Na primeira reunión de hoxe estiveron presentes os arquitectos realizadores do proxecto, os encargados da empresa que executará a reforma e a Concelleira de Cultura Teresa Pérez. Na mesma quedou xa establecido o calendario de traballo de cada unha das partes implicadas.

Esta reforma enmárcase dentro dun proxecto máis amplo que inclúe outras remodelacións que se irán levando a cabo en vindeiras ocasións.

Teresa Pérez, Concelleira de Cultura, destacou a importancia da reforma a levar a cabo porque “estamos a falar de medidas de seguridade para o cal todos os esforzos son necesarios. Preocúpanos a evacuación do salón de actos do Auditorio en caso de emerxencia, e con esta nova saída será moito máis fácil unha evacuación de emerxencia chegado o caso”. A Concelleira valora tamén moi positivamente a habilitación de espazos para cadeiras de rodas, algo do que carecía o Auditorio e que resulta fundamental para facilitar o acceso de todos e todas aos espectáculos e actos programados.

 


Twittear

II Curso de música e baile galego en Salceda de Caselas



A Concellaría de Cultura de Salceda de Caselas, que dirixe Teresa Pérez, ven de abrir o prazo de matrícula para a segunda edición do curso de música e baile galego que se vai celebrar os vindeiros 6 e 7 de outubro.
 
Tralo éxito acadado polo curso o ano pasado, chega unha nova edición con un cadro de mestres da máis alta categoría dentro do panorama musical galego. Así, o curso vai contar con catro modalidades:
 
- Gaita: Mestre Xaquín Xesteira 
- Percusión tradicional: Kinhos Saburido
- Canto e pandeireta: Javier Feijoo (Chisco)
- Baile: Manolo Cobas
 
A matrícula está aberta dende o pasado luns e segundo informa a concelleira de cultura “está indo a moi bo ritmo, polo que lles recomendamos aos interesados que non o diesen quedar para o último día, pois as prazas son limitadas”.
 
 
O curso vai ter unha duración de 16 horas repartidas entre o sábado e o domingo, con horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00, debendo o alumnado elexir unha única modalidade.
 
O curso vai dirixido a xente con unha base previa nas diferentes modalidades ofertadas, presentándose como unha ocasión única para perfeccionar coñecementos e técnicas.
 
Teresa Pérez, Concelleira de Cultura, afronta esta nova edición con positivismo e con moitas ganas tralo éxito do ano pasado. “Animo a todos e todas os que teñan dispoñibilidade a que asistan ao curso, pois é unha oportunidade única de recibir clases dos mellores”. Así mesmo, a Concelleira anima aos participantes a aproveitar a fin de semana para coñecer Salceda, os seus paseos, áreas recreativas, edificios públicos…


Twittear

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina

  • Subsecciones

    • Ir á sección superior
    • Concelleira
    • Bibliotecas
    • Certames e festexos
    • Arquivo da memoria
  • Calendario

    Año anterior Mes anterior May - 2013 Mes siguiente Año siguiente
    LunMarMieJueVieSabDom
    0102030405
    06070809101112
    131415161718
    19
    20212223242526
    2728293031
  • Últimas Noticias

    • PRIMEIRA MOSTRA DA ARTESANÍA EN SALCEDA DE CASELAS
    • VI Andaina Concello Salceda de Caselas
    • DOMINGO GASTRONÓMICO EN SALCEDA
    • I 10K CONCELLO DE SALCEDA
    • VI CERTAME DE FOTOGRAFÍA “VIAXANDO” EXPOSICIÓN EN SALCEDA DO 6 AO 31 DE MAIO
  • Campañas









  • Imaxes

    • Centro cultural EntienzaCentro cultural Entienza
    • Centro cultural ParderrubiasCentro cultural Parderrubias
    • Centro cultural San JorgeCentro cultural San Jorge
  • Login





  • O Concello

    • Inicio
    • Saúdo do Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Imaxe corporativa
    • Ordenanzas e regulam.
    • Plenos
    • Descarga de formularios
    • Bandos
    • Rueiro
  • Concellarías/Servizos

    • Alcaldía
    • Tenencia de Alcaldía
    • Cultura
    • Ensino
    • Medio Ambiente
    • Urbanismo
    • Tráfico e transporte
    • Medio Rural
    • Facenda
    • Vías e Obras
    • Sanidade
    • Comercio
    • Mocidade
    • Consumo
  • Turismo

    • Localización xeográfica
    • Puntos para visitar
    • Hostelería
    • Salceda en imaxes
    • Novas
    • Festas
    • Parroquias
  • Información

    • Teléfonos e direccións
    • De interese
    • Novas
    • Enlaces de Interese
    • Boletín Municipal
    • Novas destacadas
    • Eventos
    • Autobuses
    • Taxis
    • Publicacións do Concello
  • Emprego e Formación

    • Ofertas de traballo
    • Novas
    • Formación
  • Perfil do Contratante

    • OBRAS
    • SERVIZOS
    • SUMINISTROS
    • XESTION DE SERVIZOS

Concello de Salceda de Caselas
r/Praza do Concello s/n
telf 986 34 90 03 - fax 986 34 74 01
Copyright © 2012. Feito por ContaLocal