• O Concello
    • Inicio
    • Saúdo do Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Imaxe corporativa
    • Ordenanzas e regulam.
    • Plenos
    • Descarga de formularios
      • Alcaldía
      • Sumidoiros
      • Comercio
      • Consumo
      • Contratación
      • Emprego
      • Facenda municipal
      • Impostos
      • Medio ambiente
      • Padrón habitantes
      • Protección Civil
      • Recollida do lixo
      • Secretaría xeral
      • Servicios Sociais
      • Subvencións
      • Urbanismo
      • Vehículos
      • Educación
      • Xulgado de Paz
    • Bandos
      • Ano actual
      • Anos anteriores
    • Rueiro
  • Concellarías/Servizos
    • Alcaldía
      • Alcalde
      • FALA CO ALCADE
    • Tenencia de Alcaldía
      • Benestar Social e Igualdade
      • Emprego e Formación
      • Deportes
      • Voluntariado
    • Cultura
      • Concelleira
      • Bibliotecas
      • Certames e festexos
      • Arquivo da memoria
    • Ensino
      • Concelleira
    • Medio Ambiente
      • Concelleiro
      • Libro de flora do río Caselas
      • Roteiros
      • Roteiros "coñece o teu entorno"
      • Actividades
    • Urbanismo
      • Concelleiro
    • Tráfico e transporte
      • Concelleiro
      • Autobuses
      • Parada de táxis
    • Medio Rural
      • Concelleiro
      • Subvencións
    • Facenda
      • Concelleiro
    • Vías e Obras
      • Concelleiro
    • Sanidade
      • Concelleira
      • Actos
    • Comercio
      • Concelleira
      • Impresos
    • Mocidade
      • OMIX
      • Concelleira
    • Consumo
      • Concelleira
      • OMIC
  • Turismo
    • Localización xeográfica
    • Puntos para visitar
      • Turismo Cultural
      • Turismo Natural
      • Turismo Activo
      • Curiosidades
      • Parque Etnográfico Río Caselas
    • Hostelería
    • Salceda en imaxes
      • Monumentos
      • Fotos antigas
      • Vistas
      • Casco urbano
      • Festa da camelia
      • Entroido 2013
      • Espazos naturais
    • Novas
    • Festas
    • Parroquias
      • A Picoña
      • Budiño
      • Entenza
      • Parderrubias
      • San Xurxo
      • Santa María de Salceda
      • Soutelo
  • Información
    • Teléfonos e direccións
      • Persoal do Concello
      • Asociacións
      • Deputación Provincial
      • Teléfonos Estado
      • Teléfonos de Urxencias
      • Teléfonos Varios
      • Xunta de Galiza
    • De interese
    • Novas
    • Enlaces de Interese
    • Boletín Municipal
    • Novas destacadas
    • Eventos
    • Autobuses
    • Taxis
    • Publicacións do Concello
  • Emprego e Formación
    • Ofertas de traballo
    • Novas
    • Formación
  • Perfil do Contratante
    • OBRAS
    • SERVIZOS
    • SUMINISTROS
    • XESTION DE SERVIZOS



Sanidade

Inicio  »  Concellarías/Servizos  »  Sanidade

ACTO DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA O USO INDEBIDO E O TRÁFICO ILÍCITO DE DROGAS



 

ACTO CONMEMORATIVO NO AUDITORIO DE SALCEDA DE CASELAS DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA O USO INDEBIDO E O TRÁFICO ILÍCITO DE DROGAS

O Concello de Salceda de Caselas homenaxea a Mª Carmen Avendaño Otero

Salceda de Caselas, 18 de xuño de 2012. O próximo venres 22 de xuño de 2012 terá lugar ás oito da tarde, no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas, un acto homenaxe a Mª Carmen Avendaño, presidenta e coordinadora da Fundación Érguete-Integración, organizado polo Concello de Salceda.

O acto se celebrará con anterioridade ao Día Internacional contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas, xa que o propio día será o martes 26, e contarase coa presencia de Carmen Avendaño que é a imaxe dunha a muller loitadora moi ligada ao mundo da drogodependencia durante a súa vida.

Terá lugar a proxección do documental “Ni locas ni terroristas”, dirixido por Cecilia Barriga, baseado na vida de cinco mulleres galegas, Dora Fernández, Josefa Román, Fina Sánchez, Sara Guntin, Marisa Fuentes e Carmen Avendaño, e na súa loita incansable para sacar aos seus fillos do mundo da drogadicción e loitar contra o narcotráfico. Ao rematar Carmen Avendaño falará, dende primeira persoa, do traballo que realiza e realizou durante anos en contra do consumo de drogas.

O acto será aberto para todo o público e teremos como convidados especiais os alumnos do IES Pedras Rubias, sendo presidido polo Alcalde de Salceda de Caselas, Marcos David Besada Pérez,

“É moi importante realizar este tipo de actos ante a problemática social derivado do consumo de drogas. Esta problemática non só repercute na persoa que ten adicción senón ao seno familiar que é o punto de reflexión clave para poder superar o estado de adicción. Para nos é moi importante reflexar unha problemática que incide seriamente no desenvolvemento das persoas e da sociedade. As substancias psicotrópicas non só son causantes da adicción e do cambio psicolóxico que sufrirán o consumidor, senón que ademáis son as causantes de moitas mortes tanto polo consumo como polo narcotráfico asociado”. Asegura Marcos David Besada Pérez


Twittear

A Conselleira de Sanidade comprométese co Alcalde de Salceda a licitar novo Centro de Saúde no 2013



 

O Alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, e o Concelleiro de Vías e
Obras, Fortunato Álvarez, mantiveron unha reunión coa Conselleira de Sanidade Rosa Mosqueira co fin de definir o “libro de ruta” para a construcción do novo Centro de Saúde de Salceda de Caselas.
O Concello de Salceda de Caselas cedeu gratuítamente ao Servizo Galego de Sáude, en sesión plenaria celebrada o 12 de maio do 2011, a propiedade dunha parcela dunha superficie de 3.001,75m2, destinada polo planeamento á construcción do Novo Centro de Saúde de Salceda. Solicitábaselle, así mesmo que comunicara ao Concello de Salceda a aceptación de dita cesión afectada como dominio público á construcción do Novo Centro de saúde.
Estos terreos, sitos na Devesa, foron obtidos en propiedade o 22 de decembro de 2010 mediante a ocupación directa dos terreos.
O 5 de maio de 2010 o SERGAS déralle o visto e prace á parcela ofrecida polo Concello obtida por ocupación directa, solicitou a posta a disposición para a normal execución das obras. O xerente de atención primaria, da área de Vigo, do SERGAS, Javier Caramés, manifestoulle ó alcalde, concelleiros e á Plataforma en defensa dos servizos sanitarios de Salceda, que o Centro de Saúde de Salceda era, e segue sendo, prioridade número un para este organismo.
O Concello comprometeuse a asumir os gastos derivados da urbanización e facer chegar as infraestruturas necesarias ó Centro de Saúde que serán simultáneas á súa construción, como en calquera licencia. Os sistemas de abastecemento de auga e saneamento, subministro eléctrico, alumeado e telefonía xa están a pé de parcela, na Rúa Martires de Sobredo.
Na reunión quedou clara a urxencia da construcción do Novo Centro de Saúde, que satisfaga as necesidades dos 8.919 veciños e veciñas que residen actualmente en Salceda, especialmente da poboación infantil de 1.527 nenos e nenas (0-14 anos). En total os facultativos do actual Centro de Saúde asisten a 7.750 persoas e todos os médicos de Salceda teñen asignados a máis de 1.500 cartillas.
O caso máis urxente corresponde á única pediatra do centro, que atende a 1.270 nenos e nenas, cando o máximo aconsellado é de 1.000. Dada esta saturación do servizo de pediatría, plantexouse á Conselleira a busca de solucións como a incorporación dunha segunda pediatra, que a Conselleira quedou en estudar.
A Conselleira de Sanidade Rocío Mosquera comprometeuse en primeiro lugar á recepción da parcela, polo Consello da Xunta, antes do verán, e de cara a fin de ano do 2012 orzamentar, dentro do segundo grupo de Centros de Saúde que a Consellaría ten previsto licitar polo sistema público-privado no ano 2013, a construcción simultáneamente de cinco ou seis centros de saúde pendentes, entre outros, xunto co de Salceda de Caselas, os de Hío (Cangas) e Pobra do Caramiñal. 
Marcos Besada, Alcalde de Salceda de Caselas, agradeceu os compromisos adquiridos, mais deixou claro a necesidade de que se cumplan. “Máis de 1.100 veciños e veciñas, deles 257 nenos e nenas, nestes momentos acuden aos Centros de Saúde de concellos veciños ante a saturación do actual centro construído no ano 1985. O Concello xa cumpriu coa cesión da parcela, agora o SERGAS debe cumprir cos veciños e veciñas de Salceda, coa máxima urxencia posible”.


Twittear

Salceda de Caselas poderá recibir auga dende O Porriño no mes de abril



 

Máis de 4000 veciños vanse a beneficiar tralo comezo das obras do comezo da última fase da obras de mellora do abastecemento de Salceda dende o O Porriño.
A empresa CRC Obras y Servicios reanudou os traballos de “Mellora do Abastecemento de Augas a Salceda dende O Porriño”, adxudicada por un importe de 1.604.164 €. Supón a última fase da obra que vai a cumprir co obxectivo da mellora definitiva do abastecemento de auga potable a Salceda, que actualmente provén do Río Caselas e non cumpre coa calidade desexada.
Esta obra é froito do convenio asinado no seu día, entre a Xunta de Galicia e os concellos de Salceda de Caselas e O Porriño para a execución destas obras de mellora do abastecemento. A Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos achega un 83,33% e o Concello de Salceda de Caselas contribúe ao financiamento do 9,53% do proxecto, mediante unha achega de 200.030 euros, e o Concello do Porriño achegará o 7,14%.
Na reunión de traballo desta semana, na que estiveron presentes o director da obra de Augas de Galicia, Alberto Bosquet e o xefe de obra da empresa adxudicataria, J. Carlos Cores, así como os concelleiros de Abastecemento de Augas Loli Castiñeira e de Vías e Obras Fortunato Álvarez, concretouse o libro de ruta no que se  estableceu que no mes de abril, tralo periodo de probas do sistema, Salceda de Caselas vai quedar conectado a rede de auga de O Porriño e xa se podera abastecer a rede municipal.
O concello de O Porriño “concedeu ao Concello de Salceda de Caselas a concesión de 20 l/s de caudal hidrolóxico para o servizo municipal de abastecemento de auga” en sesión plenaria do dia 22 de abril do ano 2004.
Esta actuación consiste en incrementar a capacidade hidráulica do sistema de abastecemento, proporcionando a mellora da calidade da auga tratada, grazas a concesión deses 20 l/s provintes do río Oitaven, a través dun depósito de 3.000 m3 de capacidade. Este depósito vaise conectar coa rede de abastecemento existente no núcleo de Salceda mediante un tubo de polietileno de unha lonxitude de 1.617,57 m. O ramal principal está formado por un tubo de fundición, podendo distinguirse dous treitos en canto ao funcionamento se refire: conducción por gravidade de lonxitude de 2.903,50 m dende a Casilla en Atios ata estación de bombeo situada na marxe esquerda da estrada PO-510 en Budiño e por presión de 3.156,50 m dende esta estación continúa pola mesma estrada ata o alto Montecelo onde, aproveitando a explanación dunha antiga canteira onde se sitúa o depósito. O equipamento de bombeo disposto consta de bombas de 50 kw de potencia cada unha, que entrarán en funcionamento alternativamente.
Por outra parte, no Porriño estase a executar outro ramal de abastecemento que, mediante un tubo de fundición, leva a auga dende o punto de acometida á rede existente ata o depósito que se proxecta no concello de Salceda. Discorre na súa totalidade baixo a estrada PO-407 e está formado por un tubo de polietileno de alta densidade de 90 mm. de diámetro. Tamén se construíu un ramal de abastecemento á parroquia de San Salvador de Budiño, partindo do depósito que se vai executar en Salceda e discorrendo, practicamente na súa totalidade, pola antiga estrada de O Porriño a Salceda.
Loli Castiñeira, concelleira responsable da área, manifesta que é unha prioridade para o goberno de Salceda dar os mellores servizos á cidadanía e a auga é un ben esencial que precisa de tódalas atencións necesarias. “O remate das obras de mellora do abastecemento dende O Porriño, do novo depósito de augas situado no Alto da Forca de 3.000 m3 e polo tanto a súa conexión en Atios, da auga que provén do río Oitaven, soluciona definitivamente os problemas de subministro a Salceda”.
Marcos Besada, alcalde de Salceda salienta que “este é un proxecto de vital importancia para Salceda de Caselas, debido ao importante incremento de poboación no Concello nos últimos anos, e cunhas instalacións actuais obsoletas e insuficientes. Cúmprese un soño: esta actuación e a maior obra hidráulica da historia de Salceda que vai garantir o suministro de auga de calidade, o gran obxectivo deste Goberno Municipal dende hai anos.”
 


Twittear

  • Subsecciones

    • Ir á sección superior
    • Concelleira
    • Actos
  • Calendario

    Año anterior Mes anterior May - 2013 Mes siguiente Año siguiente
    LunMarMieJueVieSabDom
    0102030405
    06070809101112
    13141516171819
    202122
    23242526
    2728293031
  • Últimas Noticias

    • O Concello de Salceda está a realizar as Xornadas de Seguridade Vial
    • O CDL DE O TORRÓN ACOLLERÁ ESTÁ SEMANA DÚAS ACTIVIDADES RELACIONADAS CO AUTOEMPREGO
    • En xuño comezan as obras de Saneamento de San Estevo de Budiño
    • PRIMEIRA MOSTRA DA ARTESANÍA EN SALCEDA DE CASELAS
    • VI Andaina Concello Salceda de Caselas
  • Campañas









  • Login





  • O Concello

    • Inicio
    • Saúdo do Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Imaxe corporativa
    • Ordenanzas e regulam.
    • Plenos
    • Descarga de formularios
    • Bandos
    • Rueiro
  • Concellarías/Servizos

    • Alcaldía
    • Tenencia de Alcaldía
    • Cultura
    • Ensino
    • Medio Ambiente
    • Urbanismo
    • Tráfico e transporte
    • Medio Rural
    • Facenda
    • Vías e Obras
    • Sanidade
    • Comercio
    • Mocidade
    • Consumo
  • Turismo

    • Localización xeográfica
    • Puntos para visitar
    • Hostelería
    • Salceda en imaxes
    • Novas
    • Festas
    • Parroquias
  • Información

    • Teléfonos e direccións
    • De interese
    • Novas
    • Enlaces de Interese
    • Boletín Municipal
    • Novas destacadas
    • Eventos
    • Autobuses
    • Taxis
    • Publicacións do Concello
  • Emprego e Formación

    • Ofertas de traballo
    • Novas
    • Formación
  • Perfil do Contratante

    • OBRAS
    • SERVIZOS
    • SUMINISTROS
    • XESTION DE SERVIZOS

Concello de Salceda de Caselas
r/Praza do Concello s/n
telf 986 34 90 03 - fax 986 34 74 01
Copyright © 2012. Feito por ContaLocal