• O Concello
    • Inicio
    • Saúdo do Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Imaxe corporativa
    • Ordenanzas e regulam.
    • Plenos
    • Descarga de formularios
      • Alcaldía
      • Sumidoiros
      • Comercio
      • Consumo
      • Contratación
      • Emprego
      • Facenda municipal
      • Impostos
      • Medio ambiente
      • Padrón habitantes
      • Protección Civil
      • Recollida do lixo
      • Secretaría xeral
      • Servicios Sociais
      • Subvencións
      • Urbanismo
      • Vehículos
      • Educación
      • Xulgado de Paz
    • Bandos
      • Ano actual
      • Anos anteriores
    • Rueiro
  • Concellarías/Servizos
    • Alcaldía
      • Alcalde
      • FALA CO ALCADE
    • Tenencia de Alcaldía
      • Benestar Social e Igualdade
      • Emprego e Formación
      • Deportes
      • Voluntariado
    • Cultura
      • Concelleira
      • Bibliotecas
      • Certames e festexos
      • Arquivo da memoria
    • Ensino
      • Concelleira
    • Medio Ambiente
      • Concelleiro
      • Libro de flora do río Caselas
      • Roteiros
      • Roteiros "coñece o teu entorno"
      • Actividades
    • Urbanismo
      • Concelleiro
    • Tráfico e transporte
      • Concelleiro
      • Autobuses
      • Parada de táxis
    • Medio Rural
      • Concelleiro
      • Subvencións
    • Facenda
      • Concelleiro
    • Vías e Obras
      • Concelleiro
    • Sanidade
      • Concelleira
      • Actos
    • Comercio
      • Concelleira
      • Impresos
    • Mocidade
      • OMIX
      • Concelleira
    • Consumo
      • Concelleira
      • OMIC
  • Turismo
    • Localización xeográfica
    • Puntos para visitar
      • Turismo Cultural
      • Turismo Natural
      • Turismo Activo
      • Curiosidades
      • Parque Etnográfico Río Caselas
    • Hostelería
    • Salceda en imaxes
      • Monumentos
      • Fotos antigas
      • Vistas
      • Casco urbano
      • Festa da camelia
      • Entroido 2013
      • Espazos naturais
    • Novas
    • Festas
    • Parroquias
      • A Picoña
      • Budiño
      • Entenza
      • Parderrubias
      • San Xurxo
      • Santa María de Salceda
      • Soutelo
  • Información
    • Teléfonos e direccións
      • Persoal do Concello
      • Asociacións
      • Deputación Provincial
      • Teléfonos Estado
      • Teléfonos de Urxencias
      • Teléfonos Varios
      • Xunta de Galiza
    • De interese
    • Novas
    • Enlaces de Interese
    • Boletín Municipal
    • Novas destacadas
    • Eventos
    • Autobuses
    • Taxis
    • Publicacións do Concello
  • Emprego e Formación
    • Ofertas de traballo
    • Novas
    • Formación
  • Perfil do Contratante
    • OBRAS
    • SERVIZOS
    • SUMINISTROS
    • XESTION DE SERVIZOS



OMIX

Inicio  »  Concellarías/Servizos  »  Mocidade  »  OMIX

AXUDAS PARA A OBTENCIÓN DO PERMISO DE CONDUCCIÓN B



ORDE do 6 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clase B e favorecer a seguridade viaria da xuventude galega, e se procede á súa convocatoria.


Artigo 1. Obxecto da convocatoria

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán as axudas para a obtención do permiso de condución clase B por parte dos/as mozos/as residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa empregabilidade e mobilidade, así como sensibilizar e fomentar unha condución segura e responsable entre a xuventude.

Artigo 2. Requisitos das persoas solicitantes

Poderán solicitar as axudas os/as mozos/as que cumpran os requisitos incluídos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia e ademais:

a) Teñan entre 18 e 30 anos de idade cumpridos no momento de presentar a solicitude.

b) Sexan titulares do carné xove vixente no momento de presentar a solicitude.

c) Teñan a súa residencia en Galicia.

d) Estean matriculados/as nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude, no suposto de non estar xa en posesión do permiso de conducir.

e) Acrediten un nivel de ingresos netos anuais da unidade familiar que, tomando como referencia o indicador público da renda de efectos múltiples (IPREM) establecido para o ano 2013, ponderado segundo os membros da unidade familiar, non supere os máximos que a continuación se indican:

Nº de membros da unidade familiar

Ingresos máximos

1

18.637,85 €

2

20.707,72 €

3 ou máis

23.297,31 €

Para os efectos da resolución desta convocatoria, entenderase por unidade familiar a constituída pola persoa solicitante e, de ser o caso, o seu cónxuxe ou parella con análoga relación de afectividade e parentes por consanguinidade ata o segundo grao e por afinidade ata o primeiro que convivan no mesmo domicilio.

f) Non estar en posesión do permiso de condución obxecto da subvención no momento de presentar a solicitude ou telo con data de expedición definitiva a partir do 1 de xaneiro de 2013.


Twittear

VI CERTAME DE FOTOGRAFÍA “VIAXANDO” EXPOSICIÓN EN SALCEDA DO 6 AO 31 DE MAIO



 

 

A VI edición do Certame de Fotografía “Viaxando” organizado pola Casa da Xuventude de Tui, e as Oficinas Municipais de Información Xuvenil (OMIX) de Salceda de Caselas, A Guarda, O Rosal, Tomiño, O Porriño, Gondomar e Baiona, chega por fin a Salceda despois de percorrer os distintos concellos da Comarca.

Nesta edición correspondente ao ano 2012 foron presentados 50 traballos e o concello coordinador foi o da Guarda.

O xurado formado polos fotógrafos José Angel Gándara, Wladimir Brey e polos responsables das páxinas de información Galiciasuroeste e Infomiño respectivamente, Antón Ferreira e Jorge Alonso, proclamaron como gañadora a foto titulada Lluvia en Oxford Street, da moza de Nigrán Iolanda Gómez Fernández.

A foto foi seleccionada de entre fotografías presentadas por mozos e mozas de distintas procedencias, non só dos municipios participantes, que realizan un colorido e diverso percorrido  a temática Viaxando.

Esta exposición está tamén integrada no OUTONO FOTOGRÁFICO organizado pola Casa da Xuventude de Ourense.

A inauguración en Salceda tivo lugar na Casa da Cultura o venres día 3 de maio coa presenza do alcalde Marcos David Besada Pérez e a concelleira de mocidade Loli Castiñeira; e aquí estará ata o día 31 de maio.

Coas bases da edición de 2013 (a que será a VII) a puntiño de saír do forno, chega a nosa vila unha actividade con grande tirón entre a mocidade de Salceda, pois das 6 edicións anteriores houbo tres gañadores pertencentes ao concello de Salceda. 


Twittear

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS INFORMATIVAS NON REMUNERADAS EN EMPRESAS DE CALQUERA DOS ESTADOS MEBROS DA UNION EUROPEA



 

ORDE do 25 de abril de 2013 pola que se establecen as bases que rexen as axudas para o programa Galeuropa a mozos e mozas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera dos Estados membros da Unión Europea, agás España, e se procede á súa convocatoria.


Artigo 1. Obxecto

1. Esta disposición ten por obxecto establecer as bases para regular a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a mozos e mozas galegos para estadías de prácticas formativas non remuneradas que se realizarán en empresas de calquera Estado membro da Unión Europea, agás España, e proceder á súa convocatoria. As estadías para as prácticas laborais desenvolveranse preferentemente na República Checa, Italia, Irlanda, Polonia, Holanda e Francia.

2. As estadías teñen como finalidade apoiar as persoas participantes en actividades de formación para adquirir os coñecementos, as competencias e as cualificacións que complementen o desenvolvemento persoal e profesional, facilitando a mobilidade dos traballadores en Europa e promovendo o desenvolvemento e a súa transferencia entre os países participantes ao mesmo tempo que perfeccionan as habilidades lingüísticas no idioma estranxeiro.

3. Será competencia da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado a adxudicación de destinos para aquelas persoas seleccionadas, en atención ao ámbito de actividade das empresas contactadas en cada país de envío, á adecuación das persoas candidatas ao programa e ao nivel amosado de coñecemento de idiomas estranxeiros.

4. As estadías terán como máximo 8 semanas de duración cun mínimo de 25 horas formativas semanais, entre o 1 de xuño e o 15 de novembro de 2013.

Artigo 2. Financiamento e contía das axudas

1. As axudas faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 11.06.313A.480.0 da Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013, por unha contía de 600.000 euros.

2. A contía ascenderá a 2.400 euros por participante por un período máximo de 8 semanas.

Artigo 3. Incompatibilidade das axudas

Estas axudas son incompatibles con calquera outro tipo de axudas ou bolsas de institucións públicas destinadas a actividades similares.

Artigo 4. Destinatarios/as

1. Poderán solicitar as axudas as mozas e mozos que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia e, ademais, os seguintes:

a) Ser galego/a e estar empadroado/a en calquera concello de Galicia.

b) Ter entre 18 e 30 anos ao remate do prazo de presentación de solicitudes.

c) Estar en posesión de calquera título de formación profesional ou universitario acreditado por calquera centro público ou privado de Galicia, ou telo solicitado no momento de presentar a solicitude.

d) Que a dita titulación se obtivese nos cinco anos inmediatamente anteriores á data da convocatoria.

e) Posuír coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ao seu grao de formación académica: inglés, italiano, francés e/ou alemán.

2. Serán excluídos/as os/as solicitantes que se atopen nalgunha das situacións de prohibición recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 5. Solicitudes e documentación

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artículo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

2. A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

3. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 29 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Polo tanto, o día final do citado prazo será o correspondente, no mes seguinte, ao mesmo número ordinal do día da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.


Twittear

Subvencións e axudas INICIATIVA XOVE 2013



Hoxe sae publicado no DOG o programa de axudas aos mozos/as INICIATIVA XOVE 2013........¡¡atención!! as asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos a xuventude e grupos informáis de mozos/as que queiran realizar unha actividade puntual.

Máis información na OMIX do Concello (segundo andar da Casa da Cultura)

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130418/AnuncioCA05-110413-0006_gl.html

ADXUNTOS

  • Icono asociado ó adxunto (pdf) Descargar: xuventude_con_iniciatica_web.pdf - 1.060,83 Kb.

Twittear

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2013



 

NOTA INFORMATIVA DO 8 DE ABRIL

Lémbrase que o procedemento de creación e de presentación de solicitudes debe ser o establecido no artigo 5 da Orde de convocatoria.

Serán descartadas as solicitudes creadas e/ou presentadas doutro xeito, incluidas as cubertas a man.

 Recoméndase ler a segunda páxina do Cartel Informativo

NOTA INFORMATIVA DO 1 DE ABRIL

Só para solicitudes xa presentadas

Comproba periódicamente o estado da túa solicitude (sección 3- Estado solicitude).

- "En trámite" quere dicir que aínda non se comprobóu a solicitude presentada en formato papel (rexistro oficial ou Correos) ou en https://www.sede.xunta.es.

- "Solicitude validada" quere dicir que xa se comprobóu a solicitude e esta é correcta.

- "Solicitude incorrecta" quere dicir que deberá presentar a documentación que se require, acompañando a mesma coa instancia que se atopa no seguinte enlace:

instancia para completar documentación

No caso de que, en estado de "solicitude incorrecta"  se requira algún dos anexos, estes poderán imprimirse a través dos seguintes enlaces:

Anexo II.

Anexo III

Anexo IV

Anexo V

O prazo para presentación de documentación requirida non comezará ata a publicación das primeiras listaxes. A documentación requirida que chegue antes da publicación destas listaxes será comprobada aos efectos de validación das solicitudes.

NOTA INFORMATIVA DO 22 DE MARZO

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 705 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013.
Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma Galega dos cursos que aparecen na seguinte táboa.
Acceso ao texto da Orde de convocatoria
Acceso ao cartel informativo
 Calcula a túa puntuación (formato M. Excel)
- Lémbrase a necesidade de achegar, xunto coa documentación, a fotocopia de todas as páxinas cubertas do libro de familia ou, de non dispor deste, da documentación que xustifique o número total de membros da unidade familiar.
- No caso de remitir a solicitude vía Correo Postal (o Anexo I debe selarse e datarse por Correos), o enderezo de envío é:
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Edf. Administrativo de San Caetano s/n
15781 – Santiago de Compostela (A Coruña)
 Prazo aberto dende o 23 de marzo ata o 22 de abril (incluído)

 

 
 
 
CONSULTAS
Web da convocatoria: http://www.edu.xunta.es/axudasle
Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.es
Atención telefónica:  981957296 - 881997497 - 981957538 - 981546503

 

 



https://www.edu.xunta.es/axudasle/


Twittear

Promoción e organización de actividades destinadas á xuventude no ámbito do lecer e o tempo libre



A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, leva a cabo a promoción e organización de actividades cun claro compoñente de educación non formal destinadas á xuventude no ámbito do lecer e o tempo libre.


CONVOCATORIA: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130402/AnuncioCA05-220313-0002_gl.html


Twittear

O reforzo dos programas de mobilidade, primeiro contido da nova edición de Xuventude



 

O boletín interactivo da dirección xeral de Xuventude e Voluntariado, Xuventude.Novas, trae como principal tema de portada deste mes o reforzo dos programas de mobilidade xuvenil da Consellería de Traballo e Benestar, coa creación da nova iniciativa Eurogal e a multiplicación, por cinco, das prazas de Galeuropa, programa estreado o pasado ano.

 Ademais, este número recolle unha reportaxe de carácter previo á final do Parlamento Xove 2013, que se celebra o vindeiro sábado 5 de abril nas instalacións do Parlamento de Galicia. O concurso dialéctico convocado pola dirección xeral de Xuventude terá como temas de debate a importancia social da apariencia estética, na categoría de Bacharelato, e as persoas famosas como referente xuvenil, na categoría da ESO.

 Outro dos contidos destacados deste Xuventude.Novas é unha entrevista co grupo de metal betanceiro Sickeeper. Integrado na actualidade por sete compoñentes, aseguran que na súa evolución están conseguindo facer unha música cada vez máis elaborada.

 A publicación ofrece tamén unha reportaxe sobre a Iniciativa Xove do grupo informal ‘Fiadas’, nun proxecto centrado na recopilación de información e documentación sobre oficios e labores tradicionais. Os resultados foron recollidos nunha publicación impresa e a través dun blog.

 Polo demais, Xuventude.Novas dedícalle dúas páxinas a unha proposta de viaxe a Perú, cun percorrido polos lugares máis turísticos deste país sudamericano. A información sobre os cursos de condución segura, os investimentos no albergue xuvenil público de Gandarío ou a mostra de carteis do certame Xuventude Crea 2013 completan a publicación, na que non falta a habitual axenda de actuacións musicais para as vindeiras semanas.

http://xuventude.xunta.es/2013040210162/xuventude-novas-marzo-2013-o-reforzo-dos-programas-de-mobilidade-primeiro-contido-da-nova-edicion-de-xuventudenovas.html


Twittear

O Concello de Salceda de Caselas vai a realizar a charla coloquio Un paseo polo Sáhara o venres 12 de Abril na Sala de Exposicións da Casa da Cultura



 

A concellaría de Xuventude, dirixida pola Concelleira Loli Castiñeira, vai a realizar unha xornada de charla-coloquio o próximo venres 12 ás 20:00 na Sala de Exposicións da Casa da Cultura.

A xornada centrarase no traballo realizado por diferentes xóvenes no Sáhara en diferentes proxectos de cooperación, onde comentarán a súa experiencia nestes proxectos e as súas experiencias persoais, así coma as relacións establecidas cos nativos do lugar.

A finalidade da charla, é coñecer un pouco máis a laboura dos xoves dentro da cooperación internacional, e tamén as eivas que teñen que solucionar para levar a cabo os Proxectos de cooperación.

Ademáis da charla proxectarase un documental do Sáhara que leva como nome : "Retrato en los confines del Mundo: Los hijos del Sáhara" que fai unha reportaxe sobre a situación actual dos refuxiados saharauis que están dende o 1975 nos campamentos de Tinduf, en Argelia.

Dende o Concello de Salceda quérese facer un chamamento a todas as persoas que queiran coñecer un pouco máis a situación do Sáhara, e que poidan participar nun coloquio realizando as cuestións que crean necesarias a aclarar.

A Concelleira Loli Castiñeira, asegura que "é moi importante que as persoas poidan coñecer outras realizades a parte da nosa, a xuventude comparte moitas inquietudes participando activamente en moitos proxectos que perseguen un benestar social. É de admirar que os nosos xoves queiran traballar en diferentes proxectos que intenten dalgunha forma, mellorar a situación das persoas"


Twittear

Un paseo polo Sahara




Twittear

Oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2013



 

ORDE do 21 de marzo de 2013 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2013 e se procede á súa convocatoria.

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, leva a cabo a promoción e organización de actividades cun claro compoñente de educación non formal destinadas á xuventude no ámbito do lecer e o tempo libre.

Asumidas as competencias neste eido polo Decreto 146/1982, do 1 de decembro, a Consellería de Traballo e Benestar inclúe entre os seus obxectivos o de favorecer a participación da xuventude en actividades deste tipo, e para iso convoca, unha vez máis, a Campaña de verán 2013.

A través da oferta da devandita campaña ofrécese a posibilidade de que a xuventude empregue o seu tempo libre de verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o enriquecemento persoal e vital, ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional a través das actividades que se realizan noutras comunidades autónomas de España.

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, pretende satisfacer as necesidades da xuventude galega na ocupación do seu tempo de lecer.

Máis información en: 
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130402/AnuncioCA05-220313-0002_gl.html

 


Twittear

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina

  • Subsecciones

    • Ir á sección superior
  • Calendario

    Año anterior Mes anterior May - 2013 Mes siguiente Año siguiente
    LunMarMieJueVieSabDom
    0102030405
    06070809101112
    13141516171819
    20
    212223242526
    2728293031
  • Últimas Noticias

    • O CDL DE O TORRÓN ACOLLERÁ ESTÁ SEMANA DÚAS ACTIVIDADES RELACIONADAS CO AUTOEMPREGO
    • En xuño comezan as obras de Saneamento de San Estevo de Budiño
    • PRIMEIRA MOSTRA DA ARTESANÍA EN SALCEDA DE CASELAS
    • VI Andaina Concello Salceda de Caselas
    • DOMINGO GASTRONÓMICO EN SALCEDA
  • Campañas









  • Login





  • O Concello

    • Inicio
    • Saúdo do Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Imaxe corporativa
    • Ordenanzas e regulam.
    • Plenos
    • Descarga de formularios
    • Bandos
    • Rueiro
  • Concellarías/Servizos

    • Alcaldía
    • Tenencia de Alcaldía
    • Cultura
    • Ensino
    • Medio Ambiente
    • Urbanismo
    • Tráfico e transporte
    • Medio Rural
    • Facenda
    • Vías e Obras
    • Sanidade
    • Comercio
    • Mocidade
    • Consumo
  • Turismo

    • Localización xeográfica
    • Puntos para visitar
    • Hostelería
    • Salceda en imaxes
    • Novas
    • Festas
    • Parroquias
  • Información

    • Teléfonos e direccións
    • De interese
    • Novas
    • Enlaces de Interese
    • Boletín Municipal
    • Novas destacadas
    • Eventos
    • Autobuses
    • Taxis
    • Publicacións do Concello
  • Emprego e Formación

    • Ofertas de traballo
    • Novas
    • Formación
  • Perfil do Contratante

    • OBRAS
    • SERVIZOS
    • SUMINISTROS
    • XESTION DE SERVIZOS

Concello de Salceda de Caselas
r/Praza do Concello s/n
telf 986 34 90 03 - fax 986 34 74 01
Copyright © 2012. Feito por ContaLocal