• O Concello
    • Inicio
    • Saúdo do Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Imaxe corporativa
    • Ordenanzas e regulam.
    • Plenos
    • Descarga de formularios
      • Alcaldía
      • Sumidoiros
      • Comercio
      • Consumo
      • Contratación
      • Emprego
      • Facenda municipal
      • Impostos
      • Medio ambiente
      • Padrón habitantes
      • Protección Civil
      • Recollida do lixo
      • Secretaría xeral
      • Servicios Sociais
      • Subvencións
      • Urbanismo
      • Vehículos
      • Educación
      • Xulgado de Paz
    • Bandos
      • Ano actual
      • Anos anteriores
    • Rueiro
  • Concellarías/Servizos
    • Alcaldía
      • Alcalde
      • FALA CO ALCADE
    • Tenencia de Alcaldía
      • Benestar Social e Igualdade
      • Emprego e Formación
      • Deportes
      • Voluntariado
    • Cultura
      • Concelleira
      • Bibliotecas
      • Certames e festexos
      • Arquivo da memoria
    • Ensino
      • Concelleira
    • Medio Ambiente
      • Concelleiro
      • Libro de flora do río Caselas
      • Roteiros
      • Roteiros "coñece o teu entorno"
      • Actividades
    • Urbanismo
      • Concelleiro
    • Tráfico e transporte
      • Concelleiro
      • Autobuses
      • Parada de táxis
    • Medio Rural
      • Concelleiro
      • Subvencións
    • Facenda
      • Concelleiro
    • Vías e Obras
      • Concelleiro
    • Sanidade
      • Concelleira
      • Actos
    • Comercio
      • Concelleira
      • Impresos
    • Mocidade
      • OMIX
      • Concelleira
    • Consumo
      • Concelleira
      • OMIC
  • Turismo
    • Localización xeográfica
    • Puntos para visitar
      • Turismo Cultural
      • Turismo Natural
      • Turismo Activo
      • Curiosidades
      • Parque Etnográfico Río Caselas
    • Hostelería
    • Salceda en imaxes
      • Monumentos
      • Fotos antigas
      • Vistas
      • Casco urbano
      • Festa da camelia
      • Entroido 2013
      • Espazos naturais
    • Novas
    • Festas
    • Parroquias
      • A Picoña
      • Budiño
      • Entenza
      • Parderrubias
      • San Xurxo
      • Santa María de Salceda
      • Soutelo
  • Información
    • Teléfonos e direccións
      • Persoal do Concello
      • Asociacións
      • Deputación Provincial
      • Teléfonos Estado
      • Teléfonos de Urxencias
      • Teléfonos Varios
      • Xunta de Galiza
    • De interese
    • Novas
    • Enlaces de Interese
    • Boletín Municipal
    • Novas destacadas
    • Eventos
    • Autobuses
    • Taxis
    • Publicacións do Concello
  • Emprego e Formación
    • Ofertas de traballo
    • Novas
    • Formación
  • Perfil do Contratante
    • OBRAS
    • SERVIZOS
    • SUMINISTROS
    • XESTION DE SERVIZOS



Novas destacadas

Inicio  »  Información  »  Novas destacadas

Celebra as Letras e outras moitas actividades en Salceda




Twittear

INSCRIPCIÓN VII ANDAINACOÑECE O TEU ENTRONO: CAMIÑANDO POR SAN XURXO



 

A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Salceda de Caselas convida a coñecer a parroquia de San Xurxo a través da VII Andaina de Coñece o teu Entorno, o vindeiro sábado 11 de Maio. A camiñata que leva por título Camiñando por San Xurxo, terá inicio no Centro Cultural de San Xurxo ás 10:00 da mañá, para rematar no mesmo punto de partida.
 
Un total de 13,6 km será o percorrido proxectado para realizar neste encontro, onde os camiñantes terán un punto de avituallamento na metade do percorrido. Para inscribirse ao envento, os participantes non terán máis que entrar na páxina web do Concello: www.salcedadecaselas.es, onde accedendo á Concellaría de Medio ambiente, en Roteiros Coñece o teu entorno. Para calqueira dúbida poderán acudir tamén á Casa da Cultura ou á Casa do Concello, onde se lles realizará a inscripción.
 

 


Twittear

INSCRIPCIÓN PARA A VISITA Á ADEGA DE CORISCA



A finalización destas primeiras Xornadas, terá lugar na visita á Finca da Corisca que terá lugar o sábado 27 ás 10:00 situada en Entenza, na cal recorreremos a Explotación vinícola de Albariño, para rematar nunha degustación de produtos ecolóxicos, xunto coa degustación de viño Albariño da Corisca.

 

Para poder inscribirse hai que pagar 2.50 unha cota por transfarencia bancaria na conta do Concello nas sucursais bancarias de Banco Popular, Novagaliciabanco e La caixa. No recibo por nome e apelidos (os 2,50 € son para a visita á finca da corisca).

 

Último día para apuntarse o xoves 25 !!! Os que prefiran poderán pagar no momento da saída do Centro Cultural de Entenza

 

 


Twittear

O Concello de Salceda cede o edificio da Casa da Música á Asociación Amigos e Amigas da Música



 

O Concello de Salceda de Caselas e a Asociación de Amigos e Amigas da Música de Salceda veñen de asinar o convenio para a cesión demanial do edificio da Casa de Música a esta asociación.

O edificio, do ano 1955, foi construido inicialmente para Centro Rural de Hixiene, pero xa dende o ano 1987 está sendo utilizado como local de ensaio da Banda Cultural de Salceda, e posteriormente tamén como Escola de Música. Trátase dun conxunto de máis de 600 metros cadrados divididos en dúas prantas, con oficina, aula infantil, dúas aulas de solfexo, dúas aulas para clases instrumentais, tres cabinas de estudios individuais e un salón grande para os ensaios da banda. O edificio foi rehabilitado no ano 2009 cos fondos do Plan E, converténdose así nunha verdadeira Casa da Música.  

Marcos Besada, alcalde de Salceda, e Leonardo Fernández, Presidente da Asociación de Amigos e Amigas da Música de Salceda foron os encargados de asinar o convenio, co que se regulariza unha situación de anos, garantindo o uso do local por parte da asociación por un mínimo de 25 anos, sempre e cando se cumpran as condicións establecidas.

A Banda Cultural e a Escola de Música foron sempre a liña máis importante dentro da política da Concellaría de Cultura que dirixe Teresa Pérez, e esta cesión ven a ser un paso máis na boa relación que existe entre Concello e Asociación. A escola de música conta con máis de 250 alumnos e alumnas que surten as bandas xuvenil e cultural, e que na Casa de Música poden asistir a clases de solfexo e instrumentos varios. Actualmente a asociación está a dar os pasos precisos para ser declarada de utilidade pública, o que xustifica aínda en maior medida a cesión de uso do edificio.

“A Asociación de Amigos e Amigas da Música fai unha labor impagable en Salceda, coa formación de centos de nenos e nenas que desemboca, en moitos casos, en carreiras profesionais no mundo da música”, declarou a Concelleira. “Grazas á música unha ducia de veciños e veciñas viven profesionalmente traballando nalgunha das mellores orquestras do mundo, polo que dende a Concellaría de Cultura seguiremos a poñer todos os nosos medios á disposición da asociación para o desenrolo das súas actividades”.

Marcos Besada, Alcalde de Salceda, destacou que para Salceda a música é algo máis que cultura. “É un proxecto que permite que nenos, nenas e maiores poidan ter un espazo onde desenvolverse socialmente; unha Salceda onde vivir, traballar e desfrutar. O Concello de Salceda tiña unha débeda histórica coa Asociación de Amigos e Amigas da Música, e este convenio ven a saldar dita débeda”. 


Twittear

Xoves 21 ás 20h Charla no Auditorio. Tes hipoteca? 22 as 22h - Andaina nocturna. Comisión de Festas do Libramento - 22,23,24 Festival solidario de Osisris Teatro



Xoves 21 ás 20h Charla no Auditorio. Tes hipoteca?


22 as 22h Andaina nocturna. Comisión de Festas do Libramento


22,23,24 Festival solidario de Osisris Teatro


Twittear

15, 16, 17 quédate en Salceda coa Festa da Camelia, BTT, festa do Xabarín, Festa furancheira e Mercasalceda



15, 16, 17 quédate en Salceda coa Festa da Camelia, BTT, festa do Xabarín, Festa furancheira e Mercasalceda


Twittear

I charla coloquio: A Alimentación Saudable. O venres ás 20:00 na Casa da Cultura



O Concello de Salceda de Caselas acollerá na Casa da Cultura unha charla sobre a Producción Ecolóxica

A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Salceda de Caselas convida a asistir á I Charla-Coloquio da Alimentación Saúdable.

O acto terá lugar na Casa da Cultura ás 20:00 do venres 8 de Marzo, para a cal contaremos coa presencia de membros da Fundación Desarrollo Producto Ecolóxico de Galicia, como son Óscar Rancaño que se centrará nos beneficios de cara a saúde do consumo de Produtos ecolóxicos, Nicolás Andión e Alfonso Uzal que nos falaran sobre os proxectos que están a desenvolver de cara á producción ecolóxica.

Rematará o acto cunha mesa redonda á cal están convidados representantes de Bodegas Corisca que producen e comercializan viños ecolóxico, membros da Tabertenda, que se encarga da venta de produtos ecolóxicos en Salceda, e Productores de Agricultura Ecolóxica da zona.

Dende o Concello se quere realizar unha chamada a todos os veciños e veciñas de Salceda para que asistan a esta charla coa finalidade de coñecer as vantaxes que supón de cara a saúde o consumo de produtos libres de químicos, así como a produción e comercio dos produtos.

Tamén se quere iniciar unha nova etapa onde se realizarán charlas que den as pautas básicas de cómo realizar a producción ecolóxica para o autoconsumo.

Cándido Lorenzo, Concelleiro de Medio Ambiente de Salceda, asegura que "é moi importante coñecer as alternativas presentes no mercado para garantir unha alimentación saúdable, nunha época na que existen tantas patoloxías asociadas á mala alimentación e ao consumo excesivo de químicos nos produtos que diariamente inxerimos. Ademáis do problema da saúde relacionada coa alimentación, hai que facer fincapé na destrucción que o cultivo intensivo e os fitocidas empregados crean no solo, volvendo a terra infértil".


Twittear

VI ANDAINA COÑECE SOUTELO ESTE SÁBADO ás 10:00 no borralliño



A Concellaría de Medio Ambiente retoma as Andainas. O mal tempo non nos deu tegua para seguir coñecendo o entrono natural e paisaxístico que nos rodea no noso Concello, pero agora a partir de Marzo continuaremos coas Andainas.
Esta vex o punto de partida será no Centro ultural do Borralliño o sábado 2 de marzo a partir das 10:00, de aí dirixirémonos a diferentes puntos de Soutelo.
Anímadevos a participar!!!

 


Twittear

O Concello reposta ao Centro de Saúde



O Alcalde de Salceda, Marcos Besada , acusa ao PP de mentir para esconder a realidade, que o SERGAS non incluíu o Novo Centro de Saúde nos Orzamentos do 2013

 
Na sesión plenaria do 12 de Maio do 2011 aprobouse a cesión gratuíta ao SERGAS da Propiedade da parcela para a construcción do Novo Centro de Saúde.
 
Na reunión celebrada o pasado luns coa Conselleira de Sanidade Rocío Mosquera tras pedirlle explicacións sobre as razóns polas que o novo Centro de Saúde de Salceda non aparecía nos orzamentos da Xunta para o ano 2013, tal e como se comprometera na reunión de marzo do 2012, a súa contestación foi “que os recortes orzamentarios impedían incluír partida orzamentaria por valor de 2.281.000 € para a súa licitación neste ano”. En ningún momento se falou da non recepción da parcela por parte do Consello da Xunta, que a propia Conselleira asumía como cedida por parte do Concello.
 
O 13 de Maio do 2011 tras a sesión plenaria, se lle envía á Xunta de Galicia o Certificado da Secretaría Municipal dos acordos adoptados para a Cesión gratuíta ao SERGAS da propiedade da parcela para a construcción do novo centro de saúde, e solicitándolle que comunicara ao concello de Salceda a súa aceptación na cesión do ben.
 
O 15 de Xullo do ano 2011 o Director Xeral da Administación Local di textualmente “que esta Dirección Xeral dase por informada da tramitación do expediente e acusa recibo da súa comunicación e recepción”.
 
Por outra banda o único requerimento por parte do Servizo de Patrimonio da Xunta ata o día de hoxe foi a solicitude da copia compulsada da certificación do Rexistro de Propiedade de Tui do 3 de Maio do 2011, e a copia compulsada da certificación catastral da mesma en base ao acordo adoptado pola Xerencia Territorial do Catastro 30 de Xuño o 2011. Esta documentación foi enviada o 28 de Setembro do 2011.
 
Dende entón e tras ano e medio de espera o Consello da Xunta aínda non aceptou a cesión do ben., sen que en ningunha das reunións mantidas coa Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, co Xerente de Atención Primaria da área de Vigo Javier Caramés, nin por suposto ningún requerimento por escrito e por rexistro de entrada no Concello, por parte da Dirección de Recursos Económicos do SERGAS, se nos fixera saber a necesidade de aportar ningunha nova documentación.
 
A propia portavoz do PP no Pleno, tal e como recolle a acta do 12 de Maio do 2011, Enma Pereira Iglesias afirmou textualmente que “entende que é hoxe cando remata o proceso de cesión, hoxe e que a partires de agora é cando a Xunta de Galicia ten que recibir os terreos e empezar a traballar neles”.
 
Na reunión quedou clara a urxencia da construcción do Novo Centro de Saúde, que satisfaga as necesidades dos 8.850 veciños e veciñas que residen actualmente en Salceda, especialmente da poboación infantil de 1.527 nenos e nenas (0-14 anos). En total os facultativos do actual Centro de Saúde asisten a 7.750 persoas e todos os médicos de Salceda teñen asignados a máis de 1.700 cartillas.
 
O caso máis urxente corresponde á única pediatra do centro, que atende a 1.270 nenos e nenas, cando o máximo aconsellado é de 1.000. Dada esta saturación do servizo de pediatría, plantexouse á Conselleira a busca de solucións como habilitar espazos en instalacións municipais, como xa se está a facer co servizo de matrona, na propia Casa do Concello, ou a incorporación dunha segunda pediatra, que a Conselleira quedou en estudar.
 
Marcos Besada afirma que “utilizar a mentira, por parte do PP de Salceda , nun intento desesperado de ocultar a responsabilidade e defender os intereses inmobiliarios do SERGAS, de cara aos veciños e veciñas de Salceda, mostrando o descoñecemento da situación do expediente da construcción do novo Centro de Saúde, cando están a manifestar a falta de documentación cando non é verdade, non esconde a realidade: que a Xunta do PP non incluíu o Novo Centro de Saúde de Salceda nos orzamentos do 2013 e tampouco esconde outra realidade, que o actual Centro de Saúde (construído no ano 1985) de Salceda está colapsado e que os profesionais da Sanidade exercen a súa labor nun edificio que non cumpre as mínimas condicións para ofrecer uns servizos de calidade mínimos en pleno século XXI”.
 
Dolores Castiñeira, Concelleira de Sanidade, e presente na reunión coa Conselleira asegura que “Agora xa sabemos porqué o SERGAS non recepcionou aínda os terreos cedidos en propiedade e gratuítamente no Pleno do 12 de Maio do 2011, para intentar xustificar os seus incumprimentos cos 8850 veciños e veciñas de Salceda.
 
É lamentable que o PP de Salceda antepoña os intereses do SERGAS por riba da necesidades dos veciños e veciñas de Salceda: os mesmos que permitiron e apoiaron que Salceda deixara de ter Servizos de Urxencias no ano 1996, co Goberno do PP, e os mesmos que permitiron no ano 2010 que o servizos de Urxencias dos sábados pola mañá en Salceda fosen eliminados polo SERGAS.
 

ADXUNTOS

  • Icono asociado ó adxunto (jpg) Descargar: 7.acuse de recibo da comunicación de cesión das parcelas.jpg - 249,89 Kb.
  • Icono asociado ó adxunto (jpg) Descargar: 8. ultima documentación requerida e enviada ao SERGAS, que consta no expediente en poder da Secretaria Municipal - 251,76 Kb.
  • Icono asociado ó adxunto (jpg) Descargar: 6. acta do pleno 12.05.12 onde a portavoz do PP acredita o remate do proceso de ceisón por parte do concello - 369,40 Kb.
  • Icono asociado ó adxunto (jpg) Descargar: 4. acordos plenarios e condicións plantexadas para a cesión gratuíta - 400,13 Kb.
  • Icono asociado ó adxunto (jpg) Descargar: 3.certificado do secretario Municipal enviado ao SERGAS cos acordos de cesin e a documentacin que se pedía no doc 1 - 295,26 Kb.
  • Icono asociado ó adxunto (jpg) Descargar: 2 Petición da documentación necesaria por parte do director de Recursos económicos do SERGAS - 2 de 2 - 141,16 Kb.
  • Icono asociado ó adxunto (jpg) Descargar: 1 Petición da documentación necesaria por parte do director de Recursos económicos do SERGAS - 1 de 2 - 203,04 Kb.

Twittear

ARRANCA O ENTROIDO 2013 EN SALCEDA DE CASELAS



A Casa da Cultura Alfonso Daniel Rodríguez Castelao acolleu esta mañá a presentación da programación do Entroido en Salceda de Caselas. Marcos Besada, Alcalde de Salceda, Teresa Pérez, Concelleira de Cultura e Martín Acuña e Jaime Rodríguez en representación dos barrios de A Feira e Castro Barreiro respectivamente foron os encargados de dar a coñecer os actos previstos para estes días de festa.

 
O venres comezan os actos co desfile dos nenos e nenas dos centros escolares do municipio. O IES Pedras Rubias, o CEP Altamira, o CRA Raíña Aragonta, a Galiña Azul, a Escola Infantil Xoaniña e Manus reúnen un total de máis de mil cativos que van lucir os seus disfraces polo centro da vila a partires das 11:00 da mañá.
 
 
O sábado a partires das 17:00 haberá festa infantil de disfraces no Parque Raíña Aragonta con animación a cargo das Maimiñas.
 
O domingo é o día grande da programación municipal. Ás 12:00 a Banda de Música Cultural de Salceda ofrecerá o seu tradicional concerto na Praza do Concello. A partires das 16:30 terá lugar o XV desfile de carrozas e comparsas, con catorce agrupacións participantes compostas por case mil persoas. Sete desas comparsas son do mesmo municipio, e as demáis repártense entre Tui, Tomiño, Salvaterra e Porriño. Milleiros de persoas está previsto que asistan como público a este espectáculo, tal e como ven acontecendo nos últimos anos. Mentres o xurado toma a súa decisión celebrarase o V Concurso de Coplas de Entroido, e rematarase a festa coa actuación dos grupos Ilusión e Yucatán.
 
O luns e o martes pásaselles o turno aos barrios de Castro Barreiro e A Feira, que xa teñen todo preparado para presentar as súas carrozas e comparsas o martes ás 17:00 na Praza do Concello.
 
Teresa Pérez, Concelleira de Cultura, fixo un repaso pola programación, salientando o incremento de participación este ano. “Esperamos que sexan unhas citas multitudinarias tal como ven acontecendo nos últimos anos. Os que aínda non coñezan o Entroido de Salceda non deberían deixar de presencialo. É un espectáculo único”.
 
Marcos Besada, alcalde de Salceda destacou a importancia do entroido de Salceda, un dos máis antigos de Galiza, pola singularidade dos enfrontamentos entre os barrios de Castro Barreiro e A Feira. Resaltou a especial vinculación que tivo sempre o entroido de Salceda coa emigración, e  a grande influencia que tivo dende sempre de entroidos tan coñecidos como o de Brasil.
 
A programción destes dous barrios segue a ser un segredo, xa que os carteis non se fan públicos ata o venres pola noite.


Twittear

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina

  • Subsecciones

    • Ir á sección superior
  • Calendario

    Año anterior Mes anterior May - 2013 Mes siguiente Año siguiente
    LunMarMieJueVieSabDom
    0102030405
    06070809101112
    13141516171819
    202122
    23242526
    2728293031
  • Últimas Noticias

    • O Concello de Salceda está a realizar as Xornadas de Seguridade Vial
    • O CDL DE O TORRÓN ACOLLERÁ ESTÁ SEMANA DÚAS ACTIVIDADES RELACIONADAS CO AUTOEMPREGO
    • En xuño comezan as obras de Saneamento de San Estevo de Budiño
    • PRIMEIRA MOSTRA DA ARTESANÍA EN SALCEDA DE CASELAS
    • VI Andaina Concello Salceda de Caselas
  • Campañas









  • Login





  • O Concello

    • Inicio
    • Saúdo do Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Imaxe corporativa
    • Ordenanzas e regulam.
    • Plenos
    • Descarga de formularios
    • Bandos
    • Rueiro
  • Concellarías/Servizos

    • Alcaldía
    • Tenencia de Alcaldía
    • Cultura
    • Ensino
    • Medio Ambiente
    • Urbanismo
    • Tráfico e transporte
    • Medio Rural
    • Facenda
    • Vías e Obras
    • Sanidade
    • Comercio
    • Mocidade
    • Consumo
  • Turismo

    • Localización xeográfica
    • Puntos para visitar
    • Hostelería
    • Salceda en imaxes
    • Novas
    • Festas
    • Parroquias
  • Información

    • Teléfonos e direccións
    • De interese
    • Novas
    • Enlaces de Interese
    • Boletín Municipal
    • Novas destacadas
    • Eventos
    • Autobuses
    • Taxis
    • Publicacións do Concello
  • Emprego e Formación

    • Ofertas de traballo
    • Novas
    • Formación
  • Perfil do Contratante

    • OBRAS
    • SERVIZOS
    • SUMINISTROS
    • XESTION DE SERVIZOS

Concello de Salceda de Caselas
r/Praza do Concello s/n
telf 986 34 90 03 - fax 986 34 74 01
Copyright © 2012. Feito por ContaLocal