Datas: 22 e 24 de maio de 2013
Horario: De 9.30 a 14.30 h
Lugar: CLD O TORRON - Entienza, s/n - Salceda de Caselas


Queres montar a túa empresa ou negocio e non sabes como facelo? Pois esta é a túa oportunidade....!!! Asesorámoste de balde..
Nesta xornada ofreceranse recursos que fomentan o espírito emprendedor e a creación de empresas entre a mocidade como unha das posibilidades para o crecemento económico.
Idades: a partires dos 18 anos (ata 35 preferentemente) que teñan interese en iniciar unha actividade por contra propia.
Número de prazas: 25
Cada participante recibirá un dossier, así como unha guía sobre o autoemprendemento. Durante un mes de xuño ofrecerase vía correo electrónico ou teléfono, un asesoramento de cara a solucionar as cuestións técnicas xurdidas, para a posta en marcha dunha idea empresarial.
DATA: Xoves 23 de maio
HORARIO: 16,00 a 21,00 horas
LUGAR: CDL O Torrón
Anotarse na OMIX (986349003) omix@salcedadecaselas.es ou no ADL do Concello (986347864)tle@salcedadecaselas.es antes do 22 de maio.
DE BALDE!!!
Probas de avaliación en competencias clave para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación dentro da formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia.
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130419/AnuncioCA05-110413-0007_gl.html
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca os cursos Quérote+, dentro do Plan de Formación para a Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil 2013.
Destinatarios/as: persoal Rede Galega de Información Xuvenil e persoas que exerzan a súa labor coa mocidade, universitarios do ámbito social e da saúde
Realizaranse na Aula de Novas Tecnoloxías do CDL de O Torrón
Novos cursos de Informática Básica (nivel inicial) e Búsqueda de Emprego por Internet serán os que acolla a Aula de Novas Tecnoloxías do Centro de Desenvolvemento Local de O Torrón, a partires do próximo 7 de maio.
O prazo de inscrición será dende o 17 ao 30 de abril, tendo que formalizarse a mesma no Rexistro do Concello.
Os cursos van dirixidos a desempregados e deberán presentar, ademáis da folla de inscrición que lle proporcionarán no propio rexistro, fotocopia do DNI e da tarxeta de desemprego.
A concelleira de Emprego e Formación fixo entrega dos diplomas do curso “Manexo da carretilla elevadora”
Dentro da actividade diaria do CDL, fíxose entrega dos diplomas correspondentes a segunda edición do curso “Manexo de carretilla elevadora”. Nesta ocasión contou con 20 alumnos que tiveron a ocasión de realizar as clases teóricas e prácticas no mesmo centro.
Este curso estaba integrado dentro do primeiro Plan de Formación da Concellería de Emprego, que xa está poñendo en marcha o seguinte.
Marina Cabaleiro, tenente alcalde e responsable deste área “estamos estudiando os perfís dos desempregados para poder ofrecer os cursos necesarios para que sexa máis fácil a búsqueda de emprego, xa que a formación, neste intre máis que nunca, ten que ir encamiñada a insercción laboral dos alumnos”
Foto: alumnos que recibiron o diploma do curso “Manexo de carretilla elevadora”
