ORDE do 23 de abril de 2013 pola que se establecen as bases que regulan as axudas para a creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais, parcialmente cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o exercicio orzamentario de 2013.
Artigo 1. Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que regulan as axudas para a creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais e proceder á súa convocatoria para o ano 2013, en réxime de concorrencia competitiva.
2. Estas axudas abéiranse no Regulamento (CE) 1698/2005, do Consello, do 20 de setembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e, no establecido para as axudas rexionais ao investimento, no Regulamento (CE) 800/2008, da Comisión, do 6 de agosto, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías) (DOUE L 214, do 9 de agosto de 2008).
CAPÍTULO I
BASES REGULADORAS DAS AXUDAS PARA A CREACIÓN E MELLORA DE MICROEMPRESAS DE APROVEITAMENTOS FORESTAIS, PARCIALMENTE COFINANCIADAS CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PDR DE GALICIA 2007-2013
Artigo 2. Investimentos subvencionables
Poderanse subvencionar investimentos en activos fixos produtivos e plans de mellora de xestión empresarial. Os plans só se poderán subvencionar xunto con investimentos materiais. Os investimentos que se van subvencionar deben ser novos e non se poden iniciar antes de presentar a solicitude de subvención.
Artigo 3. Investimentos en activos fixos produtivos
Poderán ser subvencionables os investimentos relativos ás operacións de aproveitamento dos produtos forestais (madeira, cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa e outros produtos forestais).
Non se considerarán substitucións de investimentos, salvo no caso de incremento de potencia, prestacións ou capacidade de produción, no cal se subvencionará o diferencial de custo. Para tal fin, a empresa xustificará a necesidade e os beneficios esperados polas substitucións mediante unha memoria.
Consideraranse con carácter exclusivo os seguintes:
a) Bens de equipamento e instalacións en empresas de recollida, manexo, acondicionamento e comercialización de produtos forestais non madeireiros (cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa e outros produtos forestais). No caso de produtos forestais alimentarios, non se considerarán os investimentos relativos ao acondicionamento.
b) Maquinaria específica, apeiros e implementos que permitan un aproveitamento comercial da biomasa forestal: esteladoras, fendedoras de leña, empacadoras, colleitadoras ou procesadoras de biomasa.
c) Acondicionamento e instalacións en parques intermedios de rolla ou biomasa.
d) Equipamentos de seguridade.
e) Procesadoras, autocargadores, arrastradores forestais e outros equipamentos de corta e/ou saca de madeira, así como as adaptacións e implementos.
f) Equipamentos tractocargadores completos e os seus implementos forestais (os tractores deberán ter cabinas adaptadas para o xiro do operario sentado, proteccións forestais en cabina, rodas e baixos e irán dotados de guindastre, cabrestante e remolque forestal de tracción. Estas adaptacións exixiránselles tamén aos tractores orientados á recollida de biomasa, limitando o importe da máquina tractora ao 60 % do valor do equipamento).
g) Rozadoras, en número non superior aos equipamentos de saca de madeira ou biomasa propiedade da empresa.
h) Góndolas, plataformas para o transporte da madeira ou biomasa e guindastres que se instalen nelas. O número de plataformas e guindastres limitarase ao número de equipamentos de saca (tractocargadores ou autocargadores) que teña a empresa. Non se subvencionará mais dunha góndola por empresa.
i) Instrumentos de medición de masas forestais, en número non superior á maquinaria de saca de madeira ou de biomasa.
k) Equipamentos informáticos ata un máximo subvencionable de 2.000 euros/empresa, descontando as axudas percibidas anteriormente por este concepto.
RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.
A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece, no seu artigo 8.6, que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.
En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U, de acordo coas seguintes bases:
1. Denominación do curso.
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.
2. Entidade organizadora.
Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.
3. Data.
Do 27 ao 31 de maio de 2013.
4. Lugar de realización.
Instalacións Conservas Friscos, S.A.
Rúa do Concello, nº 56
36612 Catoria, Pontevedra
5. Número de prazas.
15 alumnos.
6. Dirixido a.
Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas de uso ambiental e na industria alimentaria, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.
7. Criterios de selección.
Por rigorosa orde de recepción de inscricións.
RESOLUCIÓN DO 3 DE ABRIL DE 2013, DA CONSELLARÍA DE AGROGANDARÍA E RECURSOS AUTÓCTONOS, POLA QUE SE AUTORIZA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA AS ASOCIACIÓNS DO SECTOR FORESTAL DURANTE O ANO 2013 E SE AUTORIZA O CORRESPONDENTE GASTO. (BOPA, SÁBADO, 13 DE ABRIL DO 2013, Nº 85)
http://siam.cmati.xunta.es/lexislacion/norma.asp?idn=8941
Destinatarios: Consultar a RESOLUCIÓN DO 14 DE ABRIL DE 2008 (BOPA, Luns, 28 de Abril do 2008, Nº 98, páx. 9345). Ver ligazón adxunta.
Obxecto: Consultar a RESOLUCIÓN DO 14 DE ABRIL DE 2008 (BOPA, Luns, 28 de Abril do 2008, Nº 98, páx. 9345). Ver ligazón adxunta.
Convoca: Consellería de Agrogandaría e Recursos Autóctonos. Asturias.
Prazo: Consultar a RESOLUCIÓN DO 14 DE ABRIL DE 2008 (BOPA, Luns, 28 de Abril do 2008, Nº 98, páx. 9345). Ver ligazón adxunta.
UNIÓN EUROPEA
RESOLUCIÓN DO 1 DE ABRIL DE 2013, DA DIRECCIÓN XERAL DE INNOVACIÓN E XESTIÓN DA SAÚDE PÚBLICA, POLA QUE SE FAI PÚBLICA A CELEBRACIÓN DUN CURSO HOMOLOGADO DE NIVEL BÁSICO PARA A OBTENCIÓN DO CARNÉ DE APLICADOR/MANIPULADOR DE BIOCIDAS. (DOG, LUNS, 15 DE ABRIL DO 2013, Nº 72, PÁX. 11229)
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130415/AnuncioC3K1-050413-0002_gl.pdf
Contido: Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.
Lugar: Instalacións Frinsa do Noroeste, S.A., avenida Ramiro Carregal Rey, parcela 48, 15969 Ribeira (A Coruña).
Organizador: Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.
Data de inscrición: Número de prazas: máximo 25 alumnos.
Data de inicio: 02/05/2013
Data de fin: 25/06/2013
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR
ORDE do 3 de abril de 2013 pola que se procede á apertura do prazo para a presentación da renovación do compromiso polos titulares de explotacións beneficiarios das axudas establecidas na Orde do 18 de abril de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos (Diario Oficial de Galicia número 79, do 24 de abril).
As actividades subvencionadas por esta orde enmárcanse no establecido no Real decreto 1724/2007, do 21 de decembro, polo que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos, así como na Orde do 18 de abril de 2008, pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas destinadas ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos (Diario Oficial de Galicia número 79, do 24 de abril).
Estas axudas sufragáronse no ano 2012 con cargo á aplicación orzamentaria 16.22.713C.771.4 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, dotada para esta finalidade con 350.000 euros. A dita aplicación está financiada con cargo a transferencias finalistas da Administración xeral do Estado.
Debido a que na data do 28 de decembro de 2012 non constaba ningún ingreso efectivo polo dito concepto no Tesouro da Xunta de Galicia por parte do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama), e co obxectivo de cumprir a normativa en materia de estabilidade orzamentaria e déficit público, no Diario Oficial de Galicia número 4, do 7 de xaneiro de 2013, publicouse a Orde do 28 de decembro de 2012 pola que se deixa sen efecto a do 25 de setembro de 2012, pola que se procede á apertura do prazo para a presentación da renovación do compromiso polos titulares de explotacións beneficiarios das axudas establecidas na Orde do 18 de abril de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos (Diario Oficial de Galicia número 79, do 24 de abril).
En xaneiro de 2013 constatouse por parte do Tesouro da Xunta de Galicia un ingreso do Magrama para este concepto, polo que procede tramitar en 2013 a orde de renovación do compromiso polos titulares de explotacións beneficiarios das axudas establecidas na Orde do 18 de abril de 2008, tomando en conta as solicitudes xa presentadas ao abeiro da Orde do 25 de setembro de 2012 e establecendo un novo prazo de solicitude para os posibles beneficiarios que non presentasen solicitude na citada convocatoria.
En consecuencia, de acordo co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como as competencias que me confire a Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,
http://www.xunta.es/dog/
http://www.biologosdegalicia.
Contido: -Mostrar as posibilidades das ferramentas SIX cara a análise ambiental. -Instruír nos conceptos indispensables dos sistemas de información xeográfica. -Coñecer os rudimentos no manexo das ferramentas SIX dende unha aproximación práctica para entender as posibilidades do seu uso nos estudios ambientais e na xestión ambiental, paisaxística e na ordenación do territorio. -Aprender a aproveitar a información xeográfica que hai publicada na rede, tanto para os datos dos seus propios proxectos ou accións como para que outros a súa vez podan utilizalos nos seus. -Introducir ao alumno no manexo dos programa Quantum GIS e GRASS. -Practicar con exemplos reais de análise espacial vectorial e raster.
Lugar: Aula de Informática Facultade de Bioloxía-UVIGO. Campus Lagoas-Marcosende.Vigo.
Organizador: (COBGA) Colexio Oficial de Biólogos de Galicia.
Data de inscrición: Ata unha semana antes do comenzo do curso ou ata cubrir o número de prazas.
Data de inicio: 08/04/2013
Data de fin: 12/04/2013
ORDE DO 27 DE FEBREIRO DE 2013 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DAS AXUDAS PARA OS INVESTIMENTOS EN TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGRARIOS E FORESTAIS DO PERÍODO 2007-2013 E SE CONVOCAN AS COFINANCIADAS POLO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) PARA O EXERCICIO ORZAMENTARIO DE 2013. (DOG, XOVES, 7 DE MARZO DO 2013, Nº 47, PÁX. 6821)
http://siam.cmati.xunta.es/
Destinatarios: Consultar bases da Orde.
Obxecto: Esta orde ten por obxecto establecer as bases das axudas da Consellería do Medio Rural e do Mar para os investimentos en mellora das condicións de transformación e comercialización dos produtos agrarios e forestais para o período 2007-2013 e convocar as cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) para o exercicio orzamentario de 2013.
Convoca: Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia.
Prazo: Un mes contado a partir do dia seguinte ao de publicación desta orde.
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR
ORDE do 1 de febreiro de 2013 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas no ano 2013.
http://www.xunta.es/dog/
http://www.xunta.es/dog/Public
AxencIa Galega de desenvolvemento rural
RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2012 pola que convocan para o período 2012-
2013 as subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia,
cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader)
no marco do PDR de Galicia 2007-2013.
Dende a FEGAMP informamos que estas son as axudas e subvencións de interese dos últimos días e lembrámoslle que na nosa páxina web (www.fegamp.org) poderá atopar información máis detallada sobre as mesmas:
DOG Nº 77 - Luns, 23 de abril de 2012
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)
Obxecto: subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia 2012-2013 promovidos polos concellos e mancomunidade de concellos. O Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2007-2013 (PDR), aprobado pola Comisión Europea mediante a Decisión CE (2008) 703, do 15 de febreiro, e modificado por Decisión C (2010) 1227, do 5 de marzo de 2010, prevé no eixe 3 diversas medidas dirixidas á mellora da calidade de vida nas zonas rurais e á diversificación da economía rural, cuxa xestión corresponde á Agader. Esas medidas están financiadas, igual que as restantes que integran o PDR, polo Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (Feader), xunto con fondos da Comunidade Autónoma de Galicia e da Administración xeral do Estado. As subvencións centraranse nas seguintes medidas:
- Fomento de actividades turísticas.
- Servizos básicos para a economía e a poboación rural.
- Conservación e mellora do patrimonio rural.
Beneficiarios: Concellos e Mancomunidades.
Actuacións subvencionables: A expensas do establecido na normativa específica de cada medida, con carácter xeral serán subvencionables os seguintes conceptos:
1. Construción ou mellora de inmobles. Os bens inmobles só poderán utilizarse en relación cos obxectivos do proxecto.
2. Adquisición de terreos non edificados, ata un máximo do 10% do gasto subvencionable, e a adquisición de edificios xa construídos e os terreos sobre os cales se asentan, ata un máximo do 25% do gasto subvencionable.
3. Adquisición de maquinaria, aplicacións informáticas, equipamento e material non funxiblenecesarios para o desenvolvemento da actividade, ata o valor de mercado.
4. Custos xerais asociados aos investimentos que se efectúen, entendendo por tales os honorarios de redacción de proxectos e de dirección de obra. O importe total dos custos xerais non poderá superar o 10% do gasto subvencionable.
5. Páxinas web, sempre que presente a árbore cos seus contidos, utilicen dominios de segundo nivel (com, org, net, es, info, nom, etc.) debidamente reservados e presenten o compromiso de reserva durante os cinco anos posteriores á data da resolución de pagamento final, e estén aloxadas nun servidor (hosting).
6. Medios de transporte. Só se subvencionarán medios de transporte imprescindibles para a prestación de servizos necesarios para o desenvolvemento do proxecto. Estes medios dirixiranse só ao transporte de persoas.
7. No caso de que o proxecto se vaia executar enteira ou parcialmente con medios propios, estes serán considerados como un gasto elixible máis do proxecto, xustificándose mediante nóminas, documentación acreditativa da porcentaxe do tempo dedicado polo traballador á execución do proxecto, así como a documentación acreditativa do pagamento das nóminas, cargas sociais e retención do IRPF
Cuantía das axudas: A intensidade da axuda será como máximo do 100% do gasto subvencionable. Un mesmo promotor non poderá recibir axudas por máis de cinco proxectos.
As axudas por promotor non superarán os 150.000 euros sumando as de todos os proxectos subvencionados.
No caso de que a un promotor se lle aprobasen varios proxectos e se superase o límite máximo de axuda, o último proxecto aprobado segundo a orde de prioridade sinalado polo promotor quedará limitado na cantidade precisa para non superar o máximo de axuda total prevista (150.000 euros).
Cando un concello presente un proxecto conxunto con outros concellos non computará no límite sinalado de cinco proxectos.
Información aos interesados:
a) Na páxina web da Agader http://agader.xunta.es
b) No teléfono 981 54 73 82
c) Presencialmente, con cita previa no teléfono 981 54 73 82
Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP)
Rúa Varsovia, portal 4 C - 6º planta
15707 Santiago de Compostela
Tel.: 981 555 999 Fax: 981 565 203
Secretaría Xeral: secretaria.xeral@fegamp.org
DOG Nº 21 - Martes, 31 de xaneiro de 2012
Consellería do Medio Rural e do Mar