A equipa de Goberno do concello de Salceda de Caselas comezará maña martes 20 a visita parroquial que ven realizando anualmente, co motivo principal da exposición do inventario municipal de viais e camiños públicos. O obxetivo principal da visita é o de esclarecer as dúbidas que teñan os veciños e veciñas en canto ao inventario realizado, así como a explicación do proceso a seguir no caso de querer presentar alegacións ao inventario.
En cada centro cultural parroquial, xa están dispoñibles os planos correspondentes ás parroquias, para que os veciños os poidan ir consultando e presentando, de ser necesario, as alegacións correspondentes que terán que ser presentadas antes do día 21 do mes de decembro, no rexistro do Concello de Salceda de Caselas.
Ademáis de atender a asuntos relacionados co Inventario Municipal, se van a tratar as obras que se están acomentendo en cada parroquia e as que se van a realizar na mesma, atendendo aos rogos e preguntas necesarios dos veciños e veciñas para tentar esclarecer calquer dúbida e atender ás peticións .
Os horarios das charlas parroquias poden consultarse na páxina web do Concello (www.salcedadecaselas.es)

O inventario vai a permitir axilizar a concesión pública das licencias municipais aos veciños e veciñas do Termo Municipal.
O Concello de Salceda de Caselas, ven de aprobar en pleno a Proposta de Aprobación de Inventario dos Bens Inmobles seguintes: vías públicas, redes eléctricas e instalacións de auga e saneamento. A finalidade do inventario é, por unha banda, coñecer as características de anchura, lonxitude, pavimentación de todos os viais públicos existentes no Termo Municipal, así como dos servizos cos que conta, como son o número de luminarias e instalacións de auga e saneamento coas súas coordenadas correspondentes.
O inventario é clave para proporcionar unha maior seguridade xurídica na concesión das licencias aos técnicos municipais, entre os que se atopan o persoal de Servizos Urbanísticos, Secretario, e Interventora, que grazas ao documento final poderán certificar coa máxima garantía todo o referente a urbanismo e tamén cara a petición de subvencións adscritas a mellorar os servizos viais municipais.
Outros servizos non municipais, tamén verán mellorada a súa xestión, a través da prenumeración, que permitirá obter a numeración definitiva das vivendas, problema existente, sobre todo nas parroquias, que axilizará e garantirá o traballo de servizos como o reparto de correspondencia das diferentes empresas encargadas da distribución de mensaxería.
No inventario se recuperará e conservará a toponimia dos cincocentos trinta camiños e viais públicos Municipais, recollendo a través dun documento público, o nome histórico dos mesmos, polos que os veciños e veciñas os coñecían dende fai moitas décadas.
Vaise a abrir un período de exposición pública coa finalidade de permitir a todos e todas as veciñas de Salceda, participen na mellora do documento inicial a través das súas aportacións, antes da aprobación definitiva do inventario. Este período será o de 30 días hábiles a partir da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
A empresa adxudicataria é LAYA que a día 23 de Outubro de 2012 presentou no rexistro da Casa do Concello o os sete tomos que recollen o inventario dos bens inmobles citados coa cartografía correspondente. O orzamento total adxudicado para a realización do inventario ascende a .19.234 euros.
Fortunato Álvarez, Concelleiro de Vías e Obras agradece “ a implicación dos veciños e veciñas de Salceda que traballaron na realización do inventario, facilitando datos claves para coñecer o nome dos viais e camiños municipais, que foi clave para desenvolver o traballo tanto ao servizo técnico e executivo do Concello como á empresa encargada de realizar o inventario”.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda e Concelleiro en urbanismo, asegura que “é moi importante garantir unha maior seguridade xurídica na concesión de licencias, ademáis de axilizar o proceso de concesión. O noso Concello nunca contou cun inventario de viais e camiños públicos municipais dende a súa existencia que ven datada do ano 1836. Este
proxecto é ambicioso e necesario para que o Concello rexistre as súas propiedades, sendo de caracter urxente os seus viais públicos”.

O Goberno de Salceda vai a investir nas pistas deportivas do parque Raíña Aragonta e na continuación da Senda Peonil
Salceda de Caselas vai cumprir os compromisos adquiridos tralo pacto de Goberno Municipal BNG-PSG-PSOE cos veciños e veciñas de Salceda
O Concello de Salceda de Caselas, ven de recibir unha subvención da Deputación do “Plan de Investimento da Deputación de Pontevedra”, onde figura o “Plan de investimentos da Provincia de Pontevedra” para o ano 2012. A contía que recibirá o Concello ascenderá a unha totalidade de 228.485,32 € e serán destinados para obras dentro do Termo Municipal.
Os proxectos que se van a acometer en Salceda son a “Construcción de Pistas Polideportivas na Área Deportiva de Altamira. Salceda de Caselas” e a “Recuperación Ambiental e Senda Peonil no Río Caselas: tramo Palomar de Antero-Regadas”. O orzamento de ambos proxectos ascende a 228.485,24 €.
O proxecto de construcción das Pistas Polideportivas ven de atender á demanda das mesmas, por parte dos veciños e veciñas e dos grupos escolares de Salceda de Caselas, que pasarán a dispor dunha nova ubicación para o seu desenvolvemento deportivo. As dúas pistas vanse a asentar na continuación do complexo deportivo integrado na actualidade polo Pavillón Polideportivo dos deportes xunto coa área escolar CEP Altamira-CRA Raíña Aragonta.
Por outra parte a “Recuperación Ambiental e Senda Peonil do Río Caselas: Palomar de Antero-Regadas” vai a continuar coa senda xa existente do Río Caselas. En vistas de que Confederación Hidrográfica paralizou durante mais de un ano o proxecto de Recuperación, e agora asegura a imposibilidade de acometer a súa financiación con fondos europeos destinados a concellos veciños, para a consecución de proxectos de índole similar. O Concello de Salceda non está disposto a renunciar á súa promesa de que todos os salcedenses poidan disfrutar da continuación do paseo ata As Regadas, tal e como inicialmente se comprometeu Confederación co noso Concello ao aprobar o proxecto para a súa execución o .29 de Setembro do ano 2011.
Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde, asegura que “o aumento da poboación infantil e xuvenil en Salceda crea a necesidade de proporcionarlle instalacións para crear uns hábitos de vida saudable. Ademáis obras deste tipo manteñen postos de traballo, a inversión crea emprego que é a maior inquedanza dos veciños e veciñas”.
Marcos besada, Alcalde de Salceda incide na importancia de continuar coa posta en valor das áreas de ocio e lecer no noso pobo, sobre todo se tamén atende á recuperación do río, dende un punto de vista paisaxístico e de conservación do medio e por outro lado atendendo as necesidades dos veciños e veciñas a través do uso que lle están a dar as sendas xa existentes.
É moi importante cumprir cos compromisos acordados con todos os veciños e veciñas de Salceda, cumprindo as promesas electorais que son coincidentes no bipartito que conforma o Goberno de Salceda. Traballando xuntos e arreo conseguiremos mellorar o noso Concello, cumprindo sempre co mais importante, a nosa palabra. Aseguran Marcos Besada, Alcalde de Salceda e Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde.


O Concello de Salceda de Caselas, presentou 5 proxectos dinamizadores de áreas rurais de Galicia ante a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural(AGADER) en maio de 2012, as condicións permitían presentar como máximo 5 proxectos sendo o importe máximo de subvención 150.000 €.
O 17 de Outubro saiu publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) a relación de concellos que ían recibir a subvención, sendo a contía asignada ao Concello de Salceda de Caselas de 106.010,30 € do AGADER, cofinanciados polo Fondo Europea Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) onde a Salceda se lle concedeu a subvención de catro dos cinco proxectos presentados.
O proxectos que se van a realizar va a ser o proxecto de “Restauración, Conservación e Posta en Valor de Elementos de Patrimonio Municipal de Salceda de Caselas: Muíño do Cubo e da Tol”, proxecto que terá lugar na parroquia de San Esteban de Budiño. A importancia na intervención deste patrimonio estnográfico é relevante ao estar situado no Sendeiro dos Humidais, coa restauración destos muíños, se permitirá que o sendeiro adquira unha maior atracción por parte dos veciños e veciñas de Salceda, sobre todo, porque se trata dun sendeiro que conecta co espazo declarado como Lugar de Interese Comunitario pola REDE NATURA 2000 no noso Concello. O proxecto contará cunha subvención do 81,54% do orzamentado, ascendendo a contía sibvencionada a 29.412,66 €.
Mediante a aprobación do proxecto de “Acondicionamento da antiga área recreativa, en Rubindo” se realizará unha transformación moi necesaria desta área degradada, que dada a súa situación actual os veciños da parroquia non a utilizan, polo que o abandono da área incrementa ano tras ano o seu deterioro. O Concello de Salceda de Caselas recibirá unha subvención de 35.218,48 que corresponde ao 90,29% do total subvencionado.
http://www.farodevigo.es/comarcas/2012/10/20/salceda- invertira-106000-euros-fondos- europeos-proyectos-dinamizar- areas-rurales/699257.html
O ALCALDE DE SALCEDA EXPLICA ÓS VECIÑOS AS ALEGACIÓNS Ó TRAZADO DO AVE
CAMPAÑA EN SALCEDA PARA USAR O 061
As obras de saneamento nos barrios de Veiguiñas e Sestelo contempladas no Plan Saneamento de Núcleos (PSA-2008) van permitir a conexión a este servizo a mais de 15 vivendas que deste xeito quedarán conectadas á rede de saneamento principal executada pola Xunta de Galiza na 2ª fase do Saneamento de Salceda de Caselas.
O orzamento das obras ascende a 37.040,17 euros financiados polo Concello de Salceda de Caselas e Diputación Provincial. A empresa adxudicataria das obras, COVSA ten previsto rematalas durante o presente mes de abril.
O alcalde de Salceda de Caselas valorou esta actuación como "moi importante, dado que permite a conexión na rede principal destes núcleos que están densamente poboados e que teñen posibilidades de seguir medrando xa que gran parte do seu territorio está clasificado como urbanizable nas normas subsidarias de planeamento urbanístico do concello. O obxetivo é garantir o saneamento dos núcleos rurais para mellorar as condicións de vida dos veciños destas zonas e garantir a calidade das augas evitando así problemas medioambientais en zonas con importantes acuiferos e fontes, como son os barrios de Veiguiñas e Sestelo.
Gabinete de prensa do Concello de Salceda de Caselas
Salceda de Caselas, 25 de abril de 2008
Nos últimos anos produciuse un grande despriegue urbanístico no municipio, chegando a triplicarse o número de vivendas existentes, abríndose novas rúas, prazas, realizando novas canalizacións de auga e alcantarillado, e urbanizando zonas que, ata fai moi pouco tempo eran terras que se dedicaban á agricultura e que agora pasaron a formar parte do núcleo urbano.
As expectativas son moi boas, e estímase que nos próximos anos se constrúan moitas máis vivendas.
Tense previsto aprobar o Plan Xeral de Ordenación Municipal, para poder facilitar a construcción de novas edificacións dun modo ordenado.