O ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS
FAI SABER
As condicións meteorolóxicas con rexistros de alta pluviosidade deste inverno, está a propiciar coa axuda de temperaturas máis elevadas na época da primavera, a un crecemento da biomasa forestal elevado, o cal conleva a un importate factor de alerta de cara ás condicións óptimas de propagación de incendios forestais. As zonas próximas a vivendas son de carácter prioritario por posibilidade de propagación de incendios ás vivendas.
O estado actual das áreas forestais e rurais, presenta parcelas con abundante maleza, e a cobertura árborea presenta abundante ramosidade. Gran parte das ramas están caidas ou en risco de caerse, o cal provoca que as vías públicas se vexan cheas de ramaxe e follaxe, co conseguinte perigo para a circulación de vehículos e para os viandantes que conleva, xa que no caso de que se producira un accidente por mor da follaxe existente na vía pública o Concello reclamará a responsabilidade aos propietarios dos terreos e parcelas.
A isto se lle incrementa a problemática da desparición do GRUMIR, corpo encargado, entre outras labouras de intervención, da realización de tarefas de Prevención de Incendios Forestais, a través da realización de traballos silvícolas imprescindibles para acondicionar as áreas, xerando a discontinuidade vexetal da maleza e do estrato arbóreo, que permite unha maior seguridade para combatir os Incendios Forestais. E que sobre todo eran un corpo de intervención inmediata na caída de arborado ou ramosidade na vía pública, axilizando a eliminación do obstáculo, e que agora, os propietarios terán que realizar esas tarefas de acondicionamento das súas parcelas, evitando o derrumbamento de árbores.
Dende o Concello recordase a todos os propietarios de parcelas a obriga que os artigos 9 e 199 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia, establecen ao respecto, esto é os terreos e parcelas deben estar limpas de malezas e deberase de proceder á poda das árbores de maneira tal que as polas das mesmas non sobrevoen a vía pública, xa que do contrario o Concello verase obrigado a iniciar expediente de reposición medioambiental, coa finalidade de que se proceda a limpeza das parcelas e a poda dar árbores a efectos de mantelas nas debidas condicións de seguridade, salubridade e ornato público.
Débese advertir que no caso de que non se dirá cumprimento ó ordenado polo Concello, a Lei establece a posibilidade de impoñer multas coercitivas de 300 a 6.000 euros reiterables ata lograr o cumprimento do ordenado.
Por iso, e en aras a evitar prexuízos tanto para os propietarios das parcelas como para o Concello de Salceda de Caselas, infórmase a todos os propietarios de terreos e parcelas que procedan a limpeza da maleza das súas propiedades, así como a evitar que as polas das árbores voen sobre a vía pública, debendo proceder a súa poda no caso de que así fora, para evitar posibles accidentes na vía pública.
O que se anuncia para público coñecemento
Salceda de Caselas, a 30 de Abril de 2013
O Alcalde - Presidente
Asdo.- Marcos David Besada Pérez
O ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS
FAI SABER
Cónvocase aos veciños e veciñas de Salceda a asistir ás diferentes charla parroquiais que van a ter acollida nos Centros Culturais de cada parroquia.
A orde do día a tratar será :
1. As obras que se realizaron, as que se están a realizar e as que próximamente van a ter cabida dentro de cada parroquia.
2. O Inventario de Viais e camiños públicos.
O segundo punto da Orde do día a tratar en cada Centro Cultural, atende á aprobación en PLENO, de sesión ordinaria celebrado o 30 de outubro, da Proposta de Aprobación de Inventario dos Bens Inmobles seguintes: vías públicas, redes eléctricas e instalacións de
auga e saneamento do Concello. O documento foi publicado no BOP o día 13 de Novembro do 2012, tendo 30 días hábiles de exposición pública para a consulta e presentación de alegacións.
Para a presentación de alegacións deben de formalizarse dende o día seguinte da súa publicación, que corresponde ao 14 de Novembro ata o 20 de Decembro, ambos incluídos.
Cada Centro cultural ten exposto o plano correspondente a súa parroquia, puidendo consultarse no lugar designado para o mesmo, no caso de queren consultar todos os planos dasparroquias, deberá facerse na Casa do Concello
Para a presentación de alegacións se cubrirá a folla de INSTANCIA do Concello de Salceda, que se pode descargar da páxina web ou ben acudir ao Concello, e se presentará poro REXISTRO no Concello.
Os veciños que queiran manifestar as súas dúbidas, poderán acudir ao DEPARTAMENTO DE URBANISMO.
O que se anuncia para público coñecemento
Salceda de Caselas, a 20 de Novembro de 2012
Alcalde - Presidente
Asdo.- Marcos David Besada Pérez