Xa están finalizadas as obras do PEIM (Programa Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural)2012 nos camiños da Paxariña- A Feria do barrio da Feira e o Camiño da Lavandeira ata a Igrexa da parroquia de Parderrubias, a través do Convenio de cooperación establecido entre o Concello de Salceda de Caselas e a Consellaría de Medio Rural e do Mar, que ascende a unha partida total de 77.156,95€.

A Consellería de Medio Rural foi a encargada de executar a obra solicitada pola Concellería de Vías e Obras do Concello de Salceda en dúas conexións que presentan unha gran necesidade para a mellora do seu firme, sendo a empresa adxudicataria TRAGSA.
A estrada da Paxariña conta coa reposición dunha capa de rodaxe dunha lonxitude de 604m, nunha estrada presentaba xa grietas no firme, que dificultaban a conducción dos veciños e veciñas. O orzamento da pista ascende a un total de 37.366,03 €.
O outro punto no que tamén se remataron as obras é no camiño da Lavandeira-Igrexa en Parderrubias, no barrio do Piñeiro, onde xa se están a facer os retranqueos de muros, obra para a cal o Concello investiu un montante de 15.000 € de fondos propios para que TRAGSA poda iniciar as obras para a realización do firme, en total son 270 m e o ancheamento da vía que vai a permitir o paso de vehículos pola mesma, así como a colocación dunha ponte formada por un cubo de formigón de 6,20x2,20 que permitirá o paso de vehículos que atravesa o regato. Esta estrada permitirá o paso a un determinado número de casas, que tiñan un difícil acceso, así como unha saída viaria máis directa. 39.642,25€.
Fortunato Álvarez, Concelleiro de Vías e Obras, considera que "son dúas obras fundamentais polo importante nivel de cobertura que vai a prestar aos veciños, o Concello está a apostar no investimento de comunicación do rural, a través do ancheamento de pistas e novos accesos, tanto con fondos propios como con axenos"
Gabinete de prensa
Salceda de Caselas a 21 de Marzo do 2013

Un convenio entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Salceda de Caselas, permitirá mellorar os dous camiños.

As obras de acondicionamento da Praza de Abastos de Salceda, proxectadas pola Concellaría de Vias e Obras están a piques de rematar. Esta actuación, financiada polo Concello de Salceda de Caselas con fondos propios e pola Diputación Provincial de Pontevedra a través do Plan Provincial de Cooperación (PPC-2007), contou cun orzamento incial de 30.000 euros. Estas obras foron adxudicadas á empresa Teype S.L. e consistiron na instalación de 300 m2 de celosía branca de aluminio, 200 m2 de bastidores de aluminio, limpeza e limpado e pintado das cerchas.
A Concellaría de Vias e Obras asumiu a maiores o pintado dos locais, paredes interiores e da fachada así como a sustitución das intalacions de ferro nas bancadas de venda de peixe por outras novas de aceiro inox. Estas obras a maiores contaron cun orzamento de 6.748 euros.
O Concelleiro de Vías e Obras, Fortunato Álvarez salientou que con estas obras dáselle resposta ós vendedores e á xente que vai mercar habitualmente á Praza de Abastos co obxectivo de facer atractivo un edificio que estivo totalmente abandonado ata o de agora.
O Alcalde de Salceda, Marcos Besada, afirmou que esta obra era unha necesidade acuciante para revitalizar o mercado municipal, que se atopaba nunha situación de abandono polo goberno anterior. Con estas obras na Praza de Abastos mellóranse as condicións nas que os vendedores ofertan os seus productos garantindo ó máximo as condicións hixienico-sanitarias. É un primeiro paso cara converter a Praza de Abastos nun eixo vertebrador do comercio urbán de Salceda?.
Gabinete de prensa do Concello de Salceda de Caselas
Salceda de Caselas, 19 de maio de 2008


O Concello de Salceda de Caselas sigue investindo na mellora das infraestructuras que reflicten nunha mellor calidade de vida dos seus veciños e veciñas.