Salceda de Caselas, pola súa proximidade a grandes zonas industriais como son Vigo e Porriño, presentou unha medra en edificabilidade espectacular, case duplicando o número de vivendas, no núcleo urbano, nos últimos 5 anos.
Pola súa cercanía a grandes zonas industriais como son Vigo e a zona industrial de Porriño, faise o lugar ideal para poder vivir ou pasar longas temporadas.
É un sitio tranquilo, onde se poden compaxinar as visitas turísticas ós diversos e importantes Pazos, as rutas de sendeirismo, a gastronomía tan esquisita da zona, ou simplemente ir de viños ou tapas polos diversos locais da zona.