


O Camiño de Santiago ó seu paso por Salceda de Caselas
Unha vez feito o percorrido do Camiño de Santiago, por território Portugués, ou ben partindo da raia de Valenca dó Miño e atravesando o rio Miño, que fai de raia entre España e Portugal, entrase en Tui, podendo facela travesia pola vella ponte de ferro, cuia construcción data de 1884, e que ainda se utiliza, tanto para o paso de veículos, como para o ferrocarril, ainda que na actualidade, para o paso de veículos, se construiu unha nova ponte.
Se se fixo a travesia por esta ponte, continuase o camiño, a través de ruas lastradas, até chegar ó centro de Tui, onde se poden visitar vários lugares de interese, entre os que sobresaen:
A Catedral, cuia edificación foi iniciada no ano 1120 e abrida en 1225 polo Bispo Egea, en tempos de Alfonso IX. Atopase na parte alta da cidade, conservando a apariencia de Fortaleza con torres almenadas, camiños de paso e pasadizos.
Unha vez visitada Catedral, desde a Praza de San Fernando, pódese visitar todo o casco histórico detidamente, polas estreitas ruas lastradas, casas blasonadas e interesantes monumentos. Non é necesário moito tempo para visitar toda a zona.
En calquera dos moitos mesóns, bares e restaurantes, podemos pararnos para degustalos productos da zona.
Finalizada a visita a Tui monumental, saise pola Porta da Pia e unha vez feito unha visita ó monasterio de Santo Domingo, o camiño continua pola Rúa dó Rolo. Ó chegar á casa de Senra, collese un camiño paralelo á via férrea. Mais adiante cruzase sobre a mesma para atinxir o cruce das Olivas para continuar por Paiáns, até a N-550. Pasados uns 2 km.chega-se ó desvio de Vincios, onde nos atoparemos, ó início deste tramo, coa Capela da Virxe do Camiño, en cuio interior hai unha imaxe policromada da Virxe dó Leite, que segundo a tradición protexe a peregrinos de camiño a Santiago e ós nenos.
Para adentarnos no Concello de Salceda de Caselas, cruzamos O Cerquido, paróquia de San Esteban de Budiño.
A continuación, o camiño segue cara Paredes de Abaixo por unha pista, debendo desviar-nos cara Ribadelouro, antes de chegar a ese lugar. Haberá que cruzar a ponte dás Febres, tamén chamado de San Telmo.
Antes de chegar a Orbenelle, o camiño discurre húmidos paraxes de interese ecológico, con unha ponte do s.XVIII sobre o rio Louro, no lugar de Madalena, e outro á entrada mesma de Orbenlle, a continuación a ruta cruza a paróquia de San Salvador de Budiño, do Concello de Porriño, por unha estrada secundária asfaltada, para no lugar de Atios collela N-550. Uns metros a continuación atopamo-nos coa capela da Virxe da Guia.
Continuando pola N-550 chegamos a Porriño pola praza de San Sebastián, onde se atopa a antiga igrexa paroquial, adicada a este Santo. En lugares cercanos podemos atopalas igrexas de Santa Maria, San Beniño e a capela do Cristo dos Afligidos chamada popularmente a dos "cachos", se chama asi porque é tradicional come-los cachos, ou centolos o dia da romaria que se celebra o primeiro domingo de maio.
EL CAMINO DE SANTIAGO. TRAMO TUI-PORRIÑÓ, A SU PASO POR SALCEDA DE CASELAS