Salceda de Caselas conta con varias áreas recreativas que fan a ledicia de quen queira disfrutar delas, todas elas moi ben situadas, e cunhas instalacións onde poder merendar, xantar, ou simplemente para descansar e disfrutar delas.
Aproveitando o enclave natural en que está situado este municipio, e dos maravillosos paraxes dos que dispón, o Concello procedeu ó longo destes anos, a acondicionar zonas, con mesas, bancos, barbacoas, fontes, etc., (mesmo algunha ten lago), para que se poida disfrutar da grandiosidade da natureza.
Todas elas teñen acceso para vehículo, e están relativamente cercanas ó centro urbano, a máis distante está a 6 Km.