• O Concello
    • Inicio
    • Saúdo do Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Imaxe corporativa
    • Ordenanzas e regulam.
    • Plenos
    • Descarga de formularios
      • Alcaldía
      • Sumidoiros
      • Comercio
      • Consumo
      • Contratación
      • Emprego
      • Facenda municipal
      • Impostos
      • Medio ambiente
      • Padrón habitantes
      • Protección Civil
      • Recollida do lixo
      • Secretaría xeral
      • Servicios Sociais
      • Subvencións
      • Urbanismo
      • Vehículos
      • Educación
      • Xulgado de Paz
    • Bandos
      • Ano actual
      • Anos anteriores
    • Rueiro
  • Concellarías/Servizos
    • Alcaldía
      • Alcalde
      • FALA CO ALCADE
    • Tenencia de Alcaldía
      • Benestar Social e Igualdade
      • Emprego e Formación
      • Deportes
      • Voluntariado
    • Cultura
      • Concelleira
      • Bibliotecas
      • Certames e festexos
      • Arquivo da memoria
    • Ensino
      • Concelleira
    • Medio Ambiente
      • Concelleiro
      • Libro de flora do río Caselas
      • Roteiros
      • Roteiros "coñece o teu entorno"
      • Actividades
    • Urbanismo
      • Concelleiro
    • Tráfico e transporte
      • Concelleiro
      • Autobuses
      • Parada de táxis
    • Medio Rural
      • Concelleiro
      • Subvencións
    • Facenda
      • Concelleiro
    • Vías e Obras
      • Concelleiro
    • Sanidade
      • Concelleira
      • Actos
    • Comercio
      • Concelleira
      • Impresos
    • Mocidade
      • OMIX
      • Concelleira
    • Consumo
      • Concelleira
      • OMIC
  • Turismo
    • Localización xeográfica
    • Puntos para visitar
      • Turismo Cultural
      • Turismo Natural
      • Turismo Activo
      • Curiosidades
      • Parque Etnográfico Río Caselas
    • Hostelería
    • Salceda en imaxes
      • Monumentos
      • Fotos antigas
      • Vistas
      • Casco urbano
      • Festa da camelia
      • Entroido 2013
      • Espazos naturais
    • Novas
    • Festas
    • Parroquias
      • A Picoña
      • Budiño
      • Entenza
      • Parderrubias
      • San Xurxo
      • Santa María de Salceda
      • Soutelo
  • Información
    • Teléfonos e direccións
      • Persoal do Concello
      • Asociacións
      • Deputación Provincial
      • Teléfonos Estado
      • Teléfonos de Urxencias
      • Teléfonos Varios
      • Xunta de Galiza
    • De interese
    • Novas
    • Enlaces de Interese
    • Boletín Municipal
    • Novas destacadas
    • Eventos
    • Autobuses
    • Taxis
    • Publicacións do Concello
  • Emprego e Formación
    • Ofertas de traballo
    • Novas
    • Formación
  • Perfil do Contratante
    • OBRAS
    • SERVIZOS
    • SUMINISTROS
    • XESTION DE SERVIZOS



Sendeirismo

Inicio  »  Turismo  »  Puntos para visitar  »  Turismo Activo  »  Sendeirismo

Sendeiro das Greas

Publicado o 24/10/2006


 RUTAS NATURAIS

Situación    
     
O "Sendeiro das Greas" transcorre por terras da Mancomunidade do Área Intermunicipal de Vigo, un territorio caracterizado pola variedade
 
Nivel de Dificultade    
     
O seu trazado propón amenas caminatas que lévannos desde vales agrarios, ata espacios forestais, desde picos e elevadas cumes, ata costas rochosas e xunqueiras litorais. En xeral o nivel de dificuldade é baixo.
 
Historia    
     
O "Sendeiro das Greas" demóstranos que Salceda de Caselas é unha terra de Pazos, construccións que combinaban a súa condición de casas residenciais e de pracer coa centros de producción agrícola. A suave climatoloxía e a fertilidade destas terras explican que desde fai 400 anos varias familias de linaxe aristocrático e fidalga decidisen erguer aquí as súas casas. As terras foron ocupadas desta maneira por estirpes tan nomeadas na época como os Troncoso de Lira, Sotomayor, Avalle ou Correa. Desta época, que se remonta ó século XVI e supón un testemuño do fin do feudalismo e a transformación experimentada por castelos e fortalezas medievais. 

Conservamos pazos como o do Pegullal, o de Picoña, o de Avalle ou o de Corisca. Superada a decadencia sufrida polos pazos galegos no século XIX, hoxe configuran un singular patrimonio cultural que vai máis alá do seu valor histórico ou arquitectónico.
 
Orografía e Paisaxes    
     
Presérvanse os edificios, pero tamén os seus xardíns e o seu contorno agrícola e natural, en definitiva, a típica paisaxe de pazos. Na paisaxe dos montes situados entre os límites municipais de Salceda, Porriño e Ponteareas, destacan as enormes formas esféricas das pedras graníticas que lle dan nome á zona dos Penedos de San Cibrán. Aínda que varía a antigüidade e composición do granito, o certo é que a superfIcie galega está constituída en case un 50% por afloramentos graníticos.  
     
Percorrido    

Esta variante comeza no Faro de Budiño, tramo Castelo de Cans-Budiño por unha pista descendente moi frondosa, que chega ós arredores do "Alto da Forca" e ó Pazo de Picoña, percorremos agora zonas de repoboación forestal ata a "Casa Grande" deixando antes a ermiña de San Cibrán e o couto da Cruz no noso continuo descenso.

O sendeiro atravesa os terreos do pazo e acaba nunha estrada que vai cara Pomar de Suso, onde atopamos unha casa de turismo rural con restaurante.

Dous quilómetros despois atopamos unha grande riqueza natural como é o "Parque dos Agoeiros" onde podemos disfrutar dunha poza e un merendeiro.

Desde aquí, e seguindo un regato, chegamos ó Pazo de Aballe, tras un belo paseo por un sendeiro cuberto de árbores e frondosa vexetación. Achegámonos a Salceda por camiños rurais cheos de muíños e construccións de pedra como o muíño de Barral preto da igrexa de Santa María (antigo mosteiro onde habitou a raíña de Castela e León Aragonta).

Chegamos ó privilexiado espacio natural das Covas coa presencia doutro muíño e merendeiro, xusto a carón do terceiro dos pazos, o de "Pegullal". Na estrada entre Porriño e Salceda derivamos ata a capela de Pedra de Auga e a igrexa de San Jorge.

Ó percorrer a derivación G.R.-58.4 bordeamos Salceda por terreos de cultivo e seguindo ó norte entre viñas, bosques e vexetación chegamos ó Alto da Forca. Neste paso o camiño faise máis angosto ata chegar a unha estrada que lévanos ata o Faro de Budiño; a un quilómetro do seu inicio derivamos á dereita para chegar a un parque forestal.

Chegando ata a escola de escalada do Faro collemos o eixe principal do G.R.-58.4.A imaxe nobre de Salceda de Caselas contrasta agora con outra non menos importante, a dun fondo sentimento relixioso representado en pezas arquitectónicas de grande valor cultural.

A igrexa de Entenza, románica e con restos arqueolóxicos de construccións de castros nos seus arredores; Santa María de Salceda sobre unha cruz latina ou a capela da Ascensión rodeada por catro sobreiras monumentais.

Partindo do Cerquido e abandonando o eixe principal do G.R.-58 desde Prado (na serra do Galiñeiro) ata o Faro de Budiño, nun pequeno camiño polo bosque avanzamos ata a vía do tren e ó chegar ó río embaixo da ponte do ferrocarril avanzamos entre sendeiros por campos de cultivo e viñas.

Tras o Lugar da Lomba pasamos por tramos de estrada dun quilómetro e medio e ó achegarnos á vía entre o Cerquido e Borraliño desviámonos por sendeiros que evitan a estrada de ascenso a Penedo Redondo, lugar ó que chegamos despois de subir uns cinco quilómetros por eses camiños e descansar despois nas instalacións do merendeiro.

Deixamos entón os camiños cara o Oeste para seguir en dirección Sur ata Borraliño, núcleo de casas con merendeiro e capela. De aquí e por unha serie de pistas chegamos á igrexa da Ascensión situada nun bosque con sobreiras. Ademais dos bosques de piñeiros e vexetación baixa, este tramo é de grande importancia ecolóxica.

Seguindo o sendeiro por unha pista asfaltada atopamos a igrexa de Entenza e máis adiante as estupendas vistas do penedo da Arrotea, sobre os vales que rodean Salceda de Caselas .O camiño recupera encanto en Torrón onde detémonos para coñecer o famoso muíño de Laxe e a capela de San Blas.

Un quilómetro despois xa estaremos avanzando polo casco urbano de Salceda desde o Parque e as Piscinas ata o Centro de Servicios Sociais Devesa e a Praza do Concello. Bordeando a poboación polo oeste e ó norte confluiremos no nó de unión das dúas variantes do sendeiro, pois estamos en Altamira.

Este crisol xeográfico pode observarse desde as sinaladas atalaias das serras da Grova, O Galiñeiro e O Suido, terras montes, que son o reino do cabalo bravo

 Outros Datos    
     
As greas de cabalos, que lle dan o nome ó sendeiro, constitúen un nobre paradigma da relación entre a terra e o home. Os curros e rapas das bestas fálannos dun vínculo histórico que se perde nos tempos, remontándose cando menos á idade dos gravados rupestres, que representan greas de cabalos e ata pode que xinetes ou loitadores.
Os cabalos bravos son pois, un exemplo vivo da mestura íntima entre a natureza e a cultura, unha mestura que é a esencia das paisaxes rurais polos que pasa o "Sendeiro das greas?.

Xa os clásicos, desde Estrabón a Plinio, falaron dos aquelados e lixeiros cabalos galegos, ós que atribuían antigas lendas sobre a súa orixe en eguas preñadas polo vento Favonio ou Céfiro. Este cálido e suave vento do oeste, fillo de Eolo e a Aurora segundo a tradición, se cadra non enxendrou os poldros que hoxe corren polas máis altas terras da mancomunidade.

Pero con seguranza se veu do oeste, do mar, o vento que fertilizou o contorno xeográfico da máis meriadional das Rías Baixas. Certamente, nos recursos mariños está a orixe inminente do forte desenvolvemento da área de influencia de Vigo. Un desenvolvemento hoxe diversificado e que ten como requerimento a compatibilidade coa conservación da natureza e a paisaxe, de novo fontes de riqueza e tamén patrimonio histórico e sinal de identidade.


Twittear

  • Subsecciones

    • Ir á sección superior
  • Calendario

    Año anterior Mes anterior May - 2013 Mes siguiente Año siguiente
    LunMarMieJueVieSabDom
    0102030405
    06070809101112
    13141516171819
    202122
    23242526
    2728293031
  • Últimas Noticias

    • O Concello de Salceda está a realizar as Xornadas de Seguridade Vial
    • O CDL DE O TORRÓN ACOLLERÁ ESTÁ SEMANA DÚAS ACTIVIDADES RELACIONADAS CO AUTOEMPREGO
    • En xuño comezan as obras de Saneamento de San Estevo de Budiño
    • PRIMEIRA MOSTRA DA ARTESANÍA EN SALCEDA DE CASELAS
    • VI Andaina Concello Salceda de Caselas
  • Campañas









  • Login





  • O Concello

    • Inicio
    • Saúdo do Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Imaxe corporativa
    • Ordenanzas e regulam.
    • Plenos
    • Descarga de formularios
    • Bandos
    • Rueiro
  • Concellarías/Servizos

    • Alcaldía
    • Tenencia de Alcaldía
    • Cultura
    • Ensino
    • Medio Ambiente
    • Urbanismo
    • Tráfico e transporte
    • Medio Rural
    • Facenda
    • Vías e Obras
    • Sanidade
    • Comercio
    • Mocidade
    • Consumo
  • Turismo

    • Localización xeográfica
    • Puntos para visitar
    • Hostelería
    • Salceda en imaxes
    • Novas
    • Festas
    • Parroquias
  • Información

    • Teléfonos e direccións
    • De interese
    • Novas
    • Enlaces de Interese
    • Boletín Municipal
    • Novas destacadas
    • Eventos
    • Autobuses
    • Taxis
    • Publicacións do Concello
  • Emprego e Formación

    • Ofertas de traballo
    • Novas
    • Formación
  • Perfil do Contratante

    • OBRAS
    • SERVIZOS
    • SUMINISTROS
    • XESTION DE SERVIZOS

Concello de Salceda de Caselas
r/Praza do Concello s/n
telf 986 34 90 03 - fax 986 34 74 01
Copyright © 2012. Feito por ContaLocal