Ten Salceda de Caselas sete parroquias, cunha orografia diferenciada; unhas con considerables alturas e outras máis chás. Todas elas teñen algo en común: en todas proliferan os "Cruceiros" e os "Petos" e case todas contan co seu "Pazo" típico galego.
Todas elas están ben comunicadas co casco urbano e a distancia desde este a cada unha das parroquias é moi curta, a que máis lonxe está é a 5 Km.