Este domingo, 26 de maio serán as bicis as que cubran as rúas de Salceda.
A saída terá lugar do CEP Altamira, ás 10:30 horas. Os participantes poden inscribirse ata o venres 24 nos centros escolares ou na Casa da Cultura. Tamén poderán anotarse o mesmo día da proba de 9:00 a 10:00 horas da mañá.
Esta festa da bicicleta está organizada pola ANPA do CEP Altamira e a Deputación, coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Salceda.
Ademáis, esta marcha conta co patrocinio de todas as panaderías de Salceda, varias comunidades de montes e a empresa Frigolouro. Tamén se conta coa axuda da Policía Local e do Clube Ciclista Aragonta.
O prezo da inscrición é un brick de leite, para o programa de alimentos, que poden deixar o día da marcha no lugar de inscrición ou entregalo no Concello.
Este marcha ciclista xa ven cebrándose no Concello fai máis de 30 anos, nun comenzo co motivo das letras galegas, converténdose agora mesmo nun evento moi relevante, contando o ano pasado con máis de 500 participantes.
A Concelleira de Deportes, Marina Cabaleiro, quere seguir convidando a todos os veciños e veciñas a participar nestas actividades deportivas en familia, das que se están preparando novas propostas, ademáis de darlle continuidade a outras iniciativas como a San Silvestre do Concello de Salceda, En busca do callo perdido ou a I 10K que se celebrou o pasado 5 de maio e que contou con máis de 800 participantes.
.jpg)

Os días 22 e 24 de maio, de 9:30 a 14:30 horas terá lugar un seminario de inserción laboral (autoemprego cooperativo). Este seminario é organizado pola Unión de Cooperativas de Traballo Asociado-UGACOTA, en colaboración coa Oficina de Fomento Cooperativo da Mancomunidade de Vigo e o Concello de Salceda.
Este seminario ten unha duración de 10 horas, cun obxectivo principal que é achegar o modelo cooperativo á cidadania, e en especial a persoas desempregadas que poden optar á fórmula do autoemprego cooperativo. No mesmo, tamén se darán a coñecer casos reais e experiencias cooperativas de interese e se analizarán as potencialidades do seu entorno.
Os interesados en participar nesta acción formativa poden inscribirse na concellería de emprego e formación ou no técnico de emprego ubicado no CDL de O Torrón.
Por outra banda, o xoves 23 o CDL de O Torrón acollerá de 16:00 a 21:00 horas unha Xornada de Autoemprendemento para a mocidade. Os veciños e veciñas interesadas en montar un negocio poderán informarse de balde nesta xornada.
Esta xornada é organizada pola dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar.
Neste caso os interesados deberán anotarse no Técnico de Emprego ou na OMIX (Casa da Cultura).

OPROXECTO DRAGONFLY ORGANIZA EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE SALCEDA, a terceira edición da DragonMarket, que este ano, se celebrará por primeira vez no Concello de Salceda o vindeiro sábado 18 de maio, naPraza do Concello.
Esta mostra de artesanía terá un horario de 10.00h a 22.00h, e durante todo o día poderán disfrutar de fotografía vintage, comida vegana, repostería moderna, flash mob, ilustracións, antigüidades, reciclaxe, moda, música, arte e artesanías.
O mercado dinamizarase con actuacións para nenos, obradoiros,xogos, etc.
Esta idea nace coobxetivo, de que a mostra de artesanía se repita cada terceiro sábado de mes, naPraza do Concello.
A Concelleira de Turismo, Loli Castiñeira, convida a todos os veiñas e veciñosda vila e dos concellos próximos a que seacheguen a visitar a feira e a que disfruten do atractivo desta.
.jpg)
VI Andaina Concello Salceda de Caselas
Copa Galicia de 50 km (2013)
Inscrición en: http://bretema.uvigo.es/andaina.htm
A Casa da Cultura Castelao, en Salceda de Caselas, ven de acoller a presentación do domingo gastronómico que se vai celebrar este domingo día 12 en Salceda. Tres parroquias do municipio acollerán outras tantas festas gastronómicas, formando así unha mañá de domingo gastronómica con productos para tódolos gustos.
Organizada pola Comisión de Festas Santa Bárbara 2013. O seu presidente, Juan Manuel Lemos anunciou que se venderán tapas a 10 € e racións a 17 €. Ademáis contarán con productos complementarios como empanada, tortilla ou callos. A festa celebrarase a partires das 11:00 no torreiro de festas de San Xurxo.
Organizada polo Centro Cultural O Coto. Na rolda de prensa estivo a súa vicepresidenta Violeta Trigo, que confirmou que a ración de bacallau con cachelos, pan e viño venderase a un prezo de 7 €. A festa celébrase no Centro Cultural O Coto de Budiño, e complementa a súa programación coa celebración dun mercadiño no que se poderán atopar artigos tanto novos como de segunda man, e no que se abrirá tamén a posibilidade de facer trocos en vez de compra-venta.
Organizada pola Comisión de Festas de San Liborio 2013. Luis Lamas, un dos componentes de dita comisión estivo tamén presente no acto. Neste caso a ración de angula venderase a 28 €, existindo tamén a posibilidade de mercar os vales anticipados por 25 €. Completan tamén a oferta gastronómica con callos, xamón asado e empanada. A parroquia de Soutelo conta con viveiros de meixón, e a comisión quixo agradecer a súa colaboración coa festa.
Loli Castiñeira, Concelleira de Turismo aproveitou para convidar a salcedenses e foráneos a disfrutar deste domingo gastronómico en Salceda. “É a ocasión perfecta para pasar o día en Salceda e disfrutar do entorno, as sendas, os espazos naturais…”
Teresa Pérez, Concelleira de Festas, salientou unha vez máis o dinamismo da sociedade salcedense. “Temos o orgullo de ter un tecido asociativo imparable, con moitas ganas de facer actividades. Salceda é coñecida xa pola grande cantidade de festas e actos culturais que se celebran prácticamente tódolos fins de semana, e este domingo gastronómico é a mellor mostra disto”.

Os participantes da “I 10K Concello de Salceda” sustituiron aos coches nas rúas da vila o pasado domingo 5 de maio.
Un total 858 atletas repartidos nas distintas carreiras percorreron 10000, 2500, 1000, 500 e 150 metros, segundo a categoría na que participaban.
A carreira absoluta, que tivo a súa salida ás 10:30 horas, percorreu 10000 metros por varias das parroquias do concello ademáis de parte do casco urbano. Nesta carreira absoluta os mellores tempos foron para Santiago López Rodríguez (31,47 min.), Daniel Bargiela Araujo (32,23 min.) e José Alberto Dasilva (34,16 min); no caso das féminas os mellores tempos foron para Ariana González Verde (42,06 min.), Ana Belén González Garrido (43,38 min.) e Mónica Gonzáles Rocha (46,01 min.). No caso da mellor salcedense nas categorías absolutas, Davinia Vaqueiro Martínez fixo un tempo de 45,09 min.
No resto das carreiras participaron rapaces nados entre os anos 1998-2000 (categoría A-2500 metros), do 2001-2003 (categoría B-1000 metros), nados entre o 2004-2006 (categoría C - 500 metros) e do 2007-2011 (categoría pitufos - 150 metros).
A Concellería de Deportes, que dirixe a tenente alcalde Marina Cabaleiro quere agradecer especialmente a colaboración da Bolsa de Voluntarios de Salceda, Policía Local, Voluntarios de Protección Civil, Escolas Deportivas Municipais e empregados do concello que se volcaron na organización deste acto.
Tampouco queremos esquecernos do agradecemento ás 35 casas colaboradores (comercios, hoteis, hostelería, talleres...) que subvencionaron os agasallos que se entregaron cos trofeos aos gañadores da categoría absoluta.
En total entregáronse 60 trofeos nas distintas categorías da carreira absoluta e 48 trofeos nas categorías menores. En todas as carreiras se entregaron premios aos mellores tempos e tamén aos primeiros salcedenses.
Marina Cabaleiro “despois da boa acollida desta carreira, e das felicitacións pola organización e diseño do percorrido que nos están chegando, non dudamos en volver a facer a segunda edicción o próximo ano. Estamos moi contentos do resultado xa que tivemos o centro da vila e moitas das parroquias cheas de xente o longo de toda a mañá do domingo animando os atletas”

A VI edición do Certame de Fotografía “Viaxando” organizado pola Casa da Xuventude de Tui, e as Oficinas Municipais de Información Xuvenil (OMIX) de Salceda de Caselas, A Guarda, O Rosal, Tomiño, O Porriño, Gondomar e Baiona, chega por fin a Salceda despois de percorrer os distintos concellos da Comarca.
Nesta edición correspondente ao ano 2012 foron presentados 50 traballos e o concello coordinador foi o da Guarda.
O xurado formado polos fotógrafos José Angel Gándara, Wladimir Brey e polos responsables das páxinas de información Galiciasuroeste e Infomiño respectivamente, Antón Ferreira e Jorge Alonso, proclamaron como gañadora a foto titulada Lluvia en Oxford Street, da moza de Nigrán Iolanda Gómez Fernández.
A foto foi seleccionada de entre fotografías presentadas por mozos e mozas de distintas procedencias, non só dos municipios participantes, que realizan un colorido e diverso percorrido a temática Viaxando.
Esta exposición está tamén integrada no OUTONO FOTOGRÁFICO organizado pola Casa da Xuventude de Ourense.
A inauguración en Salceda tivo lugar na Casa da Cultura o venres día 3 de maio coa presenza do alcalde Marcos David Besada Pérez e a concelleira de mocidade Loli Castiñeira; e aquí estará ata o día 31 de maio.
Coas bases da edición de 2013 (a que será a VII) a puntiño de saír do forno, chega a nosa vila unha actividade con grande tirón entre a mocidade de Salceda, pois das 6 edicións anteriores houbo tres gañadores pertencentes ao concello de Salceda.