O Concello de Salceda de Caselas acolle o xoves 26 de marzo ás 21:00 no Auditorio Municipal unha charla informativa sobre a comercialización de “participacións preferentes” por parte das entidades bancarias.
Ao acto están convidados diversos colectivos entre os que se atopan as Plataformas do Rosal e o Condado, o Instituto Galego de Consumo, ADICAE e a OMIX de Salceda de Caselas.
A finalidade desta charla é que os veciños e veciñas de Salceda coñezan as diversas vías polas que se está a actuar en relación á problemática existente coas preferentes, coñecendo as vantaxas e desvantaxas que ten cada unha das vías abertas ca fin de denunciar dunha forma ou outra o malestar xeral que está a provocar a non devolución do capital inicial investido a través do producto de alto risco que non cumpría coas condicións iniciais.
Loli Castiñeira, Concelleira de Consumo, incide en que “É moi importante que todos e todas as afectadas teñan coñecementodo producto que lles venderon e que saiban cómo actuar para denunciar o seu descontento. O Goberno de Salceda debe de mostrar total transparencia ante as diferentes vías de actuación, promovendo a información para que cada un a nivel persoal poda decidir qué vía debe de adoptar”.