Hollywood realiza rutas turísticas percorrendo en autobús as casas das «celebrities». O Concello de Salceda de Caselas non quere ser menos e para impulsar o turismo nun municipio pouco frecuentado polos foráneos creou unha ruta pola parroquia de Parderrubias. Ademais de coñecer paisaxes naturais moi fermosos os sendeiristas visitarán a antiga igrexa ou a casa familiar de Martin Sheen. Trátase da casa desde a que o pai do actor emigrou a Estados Unidos e que o famoso artista visitou o pasado verán para a rodaxe dun documental sobre as súas orixes para a NBC.
O percorrido iniciarase no Centro Cultural de Parderrubias as 10:00 da mañá e durará unhas catro horas. Na metade da ruta farase unha parada con zona de avituallamento no Penedo do Redondo e continuarase cara ao Espicho do Faro. O evento terá lugar o sábado 5 de maio e a inscrición pódese facer na páxina web do Concello de Salceda.