Ruta de acceso a la sección
Inicio
XVIII Festa dos Callos
SALCEDA PREPARA 15.000 RACIÓNS DE CALLOS PARA O VINDEIRO DOMINGO
Frigolouro será de novo a encargada de preparar o afrodisiaco potaxe
O Concello de Salceda de Caselas ven de presentar a XVIII edición da Festa dos Callos, que se celebrará o vindeiro 5 de setembro. Na presentación, ademáis de Teresa Pérez, Concelleira de Cultura, e Marcos Besada, alcalde de Salceda,como ven sendo habitual estiveron tamén presentes representantes do Concello do Porriño, neste caso Marcelino Coto, 2º tenente de alcalde e Rosa Morais, Concelleira de Medioambiente e Sanidade.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda, destacou que con esta festa péchase o ciclo festivo do verán. Agradeceu a presenza dos compañeiros do Porriño, cos que bromeou co tema do viño, xa que Porriño segue apostando polo branco, mentres que Salceda se pasou ao tinto. O alcalde lembrou que se espera a presencia dunhas 20.000 persoas.
Piscinas Municipais
FIN DE TEMPADA DAS PISCINAS MUNICIPAIS
As Piscinas Municipais do Concello de Salceda de Caselas pechan hoxe as súas portas ata a vindeira tempada. As instalacións permaneceron abertas dende o 1 de xullo os sete días da semana, e por elas pasaron máis de 10.000 persoas no seu horario de apertura ao público, así como máis de cen alumnos que participaron nos cursiños de natacón organizados dende a Concellaría de Deportes.
Teresa Pérez, Concelleira de Cultura e Deportes, participou na entrega de medallas aos participantes nos cursiños, trasladándolles a noraboa a todos eles tanto polo bo comportamento durante o curso como polos importantes logros acadados. A Concelleira valorou a tempada como “moi boa”, coa participación máis alta dos últimos anos tanto no referente aos cursiños de natación como ao horario de apertura ao público: “a climatoloxía acompañou este ano, e nos dous meses de apertura das piscinas só houbo que pechar tres días pola choiva. É gratificante ver o entusiasmo co que acudiron os máis pequenos cada día aos cursiños, e a boa relación que se estableceu entre eles e as monitoras encargadas das clases”.
SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO o vindeiro VENRES, día 27de AGOSTO do 2010
O ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS
FAI SABER
As sesións do Pleno das corporacións locais son públicas; a tal efecto as convocatorias e ordes do día das sesións do Pleno transmitiranse aos medios de comunicación social da localidade e faranse públicas en taboleiros de anuncios.
É por iso que se comunica a todas e todos os veciños deste Termino Municipal, que
FOI CONVOCADA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO
o vindeiro VENRES, día 27de AGOSTO do 2010
ás 21:00 H. (Nove da tarde) no Salón de Plenos
Co obxecto de tratar os asuntos da seguinte ORDE DO DÍA:
Recepción ao Ballet Uruguaio DESDE EL ALMA
RECEPCION NA CASA DO CONCELLO AO BALLET URUGUAIO “DESDE EL ALMA”
O Alcalde de Salceda, Marcos Besada, e a Concelleira de Cultura, Teresa Pérez, veñen de ofrecer unha recepción ao Ballet Uruguaio “Desde el alma” na Casa do Concello. Unha representación de dito ballet atópase estes días de xira por Galiza, elexindo o Concello de Salceda de Caselas para a súa hospedaxe. Na recepción intercambiáronse agasallos por parte do ballet e do Concello, e os bailaríns fixeron unha pequena exhibición das súas danzas.
Cuadrantes do XI Campionato Municipal de Tenis
Archivos adjuntos:
Descargar: Cuadrante tenis consolación masculino 2010 - 45,01 Kb.
Descargar: Cuadrante tenis masculino 2010 - 54,47 Kb.
Descargar: Cuadrante tenis feminino 2010 - 40,13 Kb.
Nova exposición na Casa da Cultura de Salceda de Caselas
Colección de fotografías de David Martín Madroño
A Casa da Cultura Alfonso Daniel Rodríguez Castelao acolle unha nova exposición durante o mes de agosto. Neste caso trátase dunha colección de 17 fotografías de David Martín Madroño. Baixo o título “Terras e xentes de Bolivia”, este segoviano afincado en Vigo fai un percorrido polos extremos contrastes xeográficos de Bolivia, os pintorescos ambientes herdados do seu pasado colonial, e as duras condicións de vida dos seus indíxenas. David é un grande afeccionado á fotografía de viaxes, percorrendo durante os últimos nove anos diversos países de América, Asia e África. O seu interese sempre foi plasmar a cultura e as xentes dos lugares visitados.
VI Curso Internacional Semana Musical de Salceda de Caselas
Do 3 ó 7 de Agosto de 2010 no Auditorio Municipal e na Praza do Concello
- Martes 3, ás 22:00 h (Auditorio Municipal): Pro Brass - Grupo de metais (Austria)
- Mércores 4, ás 22:00 h (Auditorio Municipal): Shmuel Hershko - Tuba principal da Israel Philarmonic Orchestra (Israel). Pianista acompañante María Lebed
- Xoves 5, ás 22:00 h (Auditorio Municipal): Hakan Bjorkman - Trombón principal da Royal Swedissh Opera Orchestra (Suecia). Pianista acompañante María Lebed
- Venres 6, ás 22:00 h (Auditorio Municipal): Ole Edvard Antonsen - Trompeta Solista (Noruega). Pianista acompañante María Lebed
- Sábado 7, ás 21:30 h (Auditorio Municipal): Clausura do curso con recitais de grupos formados polos alumnos. Ás 00:00 h (Praza do Concello): Luar na Lubre

![Contenido - Tecla de acceso directo [ C ] Contenido - Tecla de acceso directo [ C ]](./img/layout.gif)
![Subsecciones - Tecla de acceso directo [ S ] Subsecciones - Tecla de acceso directo [ S ]](./img/chart_organisation.gif)
![buscar - Tecla de acceso directo [ B ] buscar - Tecla de acceso directo [ B ]](./img/zoom.gif)
![Identificarse en el portal - Tecla de acceso directo [ L ] Identificarse en el portal - Tecla de acceso directo [ L ]](./img/user.gif)
Resumen
Mapa Web


Subsecciones
Mi Ayuntamiento
Login
Buscador
Imágenes




Imágenes