A finalización destas primeiras Xornadas, terá lugar na visita á Finca da Corisca que terá lugar o sábado 27 ás 10:00 situada en Entenza, na cal recorreremos a Explotación vinícola de Albariño, para rematar nunha degustación de produtos ecolóxicos, xunto coa degustación de viño Albariño da Corisca.
Para poder inscribirse hai que pagar 2.50 unha cota por transfarencia bancaria na conta do Concello nas sucursais bancarias de Banco Popular, Novagaliciabanco e La caixa. No recibo por nome e apelidos (os 2,50 € son para a visita á finca da corisca).
Último día para apuntarse o xoves 25 !!! Os que prefiran poderán pagar no momento da saída do Centro Cultural de Entenza


O Concello de Salceda de Caselas e a Asociación de Amigos e Amigas da Música de Salceda veñen de asinar o convenio para a cesión demanial do edificio da Casa de Música a esta asociación.
O edificio, do ano 1955, foi construido inicialmente para Centro Rural de Hixiene, pero xa dende o ano 1987 está sendo utilizado como local de ensaio da Banda Cultural de Salceda, e posteriormente tamén como Escola de Música. Trátase dun conxunto de máis de 600 metros cadrados divididos en dúas prantas, con oficina, aula infantil, dúas aulas de solfexo, dúas aulas para clases instrumentais, tres cabinas de estudios individuais e un salón grande para os ensaios da banda. O edificio foi rehabilitado no ano 2009 cos fondos do Plan E, converténdose así nunha verdadeira Casa da Música.
Marcos Besada, alcalde de Salceda, e Leonardo Fernández, Presidente da Asociación de Amigos e Amigas da Música de Salceda foron os encargados de asinar o convenio, co que se regulariza unha situación de anos, garantindo o uso do local por parte da asociación por un mínimo de 25 anos, sempre e cando se cumpran as condicións establecidas.
A Banda Cultural e a Escola de Música foron sempre a liña máis importante dentro da política da Concellaría de Cultura que dirixe Teresa Pérez, e esta cesión ven a ser un paso máis na boa relación que existe entre Concello e Asociación. A escola de música conta con máis de 250 alumnos e alumnas que surten as bandas xuvenil e cultural, e que na Casa de Música poden asistir a clases de solfexo e instrumentos varios. Actualmente a asociación está a dar os pasos precisos para ser declarada de utilidade pública, o que xustifica aínda en maior medida a cesión de uso do edificio.
“A Asociación de Amigos e Amigas da Música fai unha labor impagable en Salceda, coa formación de centos de nenos e nenas que desemboca, en moitos casos, en carreiras profesionais no mundo da música”, declarou a Concelleira. “Grazas á música unha ducia de veciños e veciñas viven profesionalmente traballando nalgunha das mellores orquestras do mundo, polo que dende a Concellaría de Cultura seguiremos a poñer todos os nosos medios á disposición da asociación para o desenrolo das súas actividades”.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda, destacou que para Salceda a música é algo máis que cultura. “É un proxecto que permite que nenos, nenas e maiores poidan ter un espazo onde desenvolverse socialmente; unha Salceda onde vivir, traballar e desfrutar. O Concello de Salceda tiña unha débeda histórica coa Asociación de Amigos e Amigas da Música, e este convenio ven a saldar dita débeda”.
Xoves 21 ás 20h Charla no Auditorio. Tes hipoteca?
22 as 22h Andaina nocturna. Comisión de Festas do Libramento
22,23,24 Festival solidario de Osisris Teatro
15, 16, 17 quédate en Salceda coa Festa da Camelia, BTT, festa do Xabarín, Festa furancheira e Mercasalceda
O Concello de Salceda de Caselas acollerá na Casa da Cultura unha charla sobre a Producción Ecolóxica
A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Salceda de Caselas convida a asistir á I Charla-Coloquio da Alimentación Saúdable.
O acto terá lugar na Casa da Cultura ás 20:00 do venres 8 de Marzo, para a cal contaremos coa presencia de membros da Fundación Desarrollo Producto Ecolóxico de Galicia, como son Óscar Rancaño que se centrará nos beneficios de cara a saúde do consumo de Produtos ecolóxicos, Nicolás Andión e Alfonso Uzal que nos falaran sobre os proxectos que están a desenvolver de cara á producción ecolóxica.

Rematará o acto cunha mesa redonda á cal están convidados representantes de Bodegas Corisca que producen e comercializan viños ecolóxico, membros da Tabertenda, que se encarga da venta de produtos ecolóxicos en Salceda, e Productores de Agricultura Ecolóxica da zona.
Dende o Concello se quere realizar unha chamada a todos os veciños e veciñas de Salceda para que asistan a esta charla coa finalidade de coñecer as vantaxes que supón de cara a saúde o consumo de produtos libres de químicos, así como a produción e comercio dos produtos.
Tamén se quere iniciar unha nova etapa onde se realizarán charlas que den as pautas básicas de cómo realizar a producción ecolóxica para o autoconsumo.
Cándido Lorenzo, Concelleiro de Medio Ambiente de Salceda, asegura que "é moi importante coñecer as alternativas presentes no mercado para garantir unha alimentación saúdable, nunha época na que existen tantas patoloxías asociadas á mala alimentación e ao consumo excesivo de químicos nos produtos que diariamente inxerimos. Ademáis do problema da saúde relacionada coa alimentación, hai que facer fincapé na destrucción que o cultivo intensivo e os fitocidas empregados crean no solo, volvendo a terra infértil".
A Concellaría de Medio Ambiente retoma as Andainas. O mal tempo non nos deu tegua para seguir coñecendo o entrono natural e paisaxístico que nos rodea no noso Concello, pero agora a partir de Marzo continuaremos coas Andainas.
Esta vex o punto de partida será no Centro ultural do Borralliño o sábado 2 de marzo a partir das 10:00, de aí dirixirémonos a diferentes puntos de Soutelo.
Anímadevos a participar!!!


O Alcalde de Salceda, Marcos Besada , acusa ao PP de mentir para esconder a realidade, que o SERGAS non incluíu o Novo Centro de Saúde nos Orzamentos do 2013
A Casa da Cultura Alfonso Daniel Rodríguez Castelao acolleu esta mañá a presentación da programación do Entroido en Salceda de Caselas. Marcos Besada, Alcalde de Salceda, Teresa Pérez, Concelleira de Cultura e Martín Acuña e Jaime Rodríguez en representación dos barrios de A Feira e Castro Barreiro respectivamente foron os encargados de dar a coñecer os actos previstos para estes días de festa.
