• O Concello
    • Inicio
    • Saúdo do Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Imaxe corporativa
    • Ordenanzas e regulam.
    • Plenos
    • Descarga de formularios
      • Alcaldía
      • Sumidoiros
      • Comercio
      • Consumo
      • Contratación
      • Emprego
      • Facenda municipal
      • Impostos
      • Medio ambiente
      • Padrón habitantes
      • Protección Civil
      • Recollida do lixo
      • Secretaría xeral
      • Servicios Sociais
      • Subvencións
      • Urbanismo
      • Vehículos
      • Educación
      • Xulgado de Paz
    • Bandos
      • Ano actual
      • Anos anteriores
    • Rueiro
  • Concellarías/Servizos
    • Alcaldía
      • Alcalde
      • FALA CO ALCADE
    • Tenencia de Alcaldía
      • Benestar Social e Igualdade
      • Emprego e Formación
      • Deportes
      • Voluntariado
    • Cultura
      • Concelleira
      • Bibliotecas
      • Certames e festexos
      • Arquivo da memoria
    • Ensino
      • Concelleira
    • Medio Ambiente
      • Concelleiro
      • Libro de flora do río Caselas
      • Roteiros
      • Roteiros "coñece o teu entorno"
      • Actividades
    • Urbanismo
      • Concelleiro
    • Tráfico e transporte
      • Concelleiro
      • Autobuses
      • Parada de táxis
    • Medio Rural
      • Concelleiro
      • Subvencións
    • Facenda
      • Concelleiro
    • Vías e Obras
      • Concelleiro
    • Sanidade
      • Concelleira
      • Actos
    • Comercio
      • Concelleira
      • Impresos
    • Mocidade
      • OMIX
      • Concelleira
    • Consumo
      • Concelleira
      • OMIC
  • Turismo
    • Localización xeográfica
    • Puntos para visitar
      • Turismo Cultural
      • Turismo Natural
      • Turismo Activo
      • Curiosidades
      • Parque Etnográfico Río Caselas
    • Hostelería
    • Salceda en imaxes
      • Monumentos
      • Fotos antigas
      • Vistas
      • Casco urbano
      • Festa da camelia
      • Entroido 2013
      • Espazos naturais
    • Novas
    • Festas
    • Parroquias
      • A Picoña
      • Budiño
      • Entenza
      • Parderrubias
      • San Xurxo
      • Santa María de Salceda
      • Soutelo
  • Información
    • Teléfonos e direccións
      • Persoal do Concello
      • Asociacións
      • Deputación Provincial
      • Teléfonos Estado
      • Teléfonos de Urxencias
      • Teléfonos Varios
      • Xunta de Galiza
    • De interese
    • Novas
    • Enlaces de Interese
    • Boletín Municipal
    • Novas destacadas
    • Eventos
    • Autobuses
    • Taxis
    • Publicacións do Concello
  • Emprego e Formación
    • Ofertas de traballo
    • Novas
    • Formación
  • Perfil do Contratante
    • OBRAS
    • SERVIZOS
    • SUMINISTROS
    • XESTION DE SERVIZOS



Medio Ambiente

Inicio  »  Concellarías/Servizos  »  Medio Ambiente

As Xornadas de achegamento á agricultura ecolóxica, finalizan o seu primerio ciclo coa visita á adega da Corisca



Dende a Concellaría de Medio Ambiente tiveron lugar as Primeiras Xornadas de achegamento á Agricultura Ecolóxica que este sábado 27 terán o seu fin coa visita á finca da Corisca. Para poder participar na visita, poderase facer a través dunha preinscripción na páxina web do concello en www.salcedadecaselas.es antes do venres 26. O custe da actividade será de 2,5 € e os asistentes poderán formar parte da degustación de produtos ecolóxicos e dunha degustación do viño da Corisca.

A saída se fará ás 10:00 dende o Centro Cultural de Entenza, dende onde se partirá camiñando ata a Finca da Corisca e unha vez alí se procederá á visita da finca para coñecer o procedemento de producción de viño ecolóxico.

Con esta actividade marcarase aprimeira etapa de posta en contacto coa agricultura ecolóxica, que xa se iniciou o 8 de marzo coa I Charla-Coloquio: A alimentación saudable. A resposta da cidadanía ás charlas foi moi positiva sendo moi concurrida a asistencia a cada unha das charlas que se fixeron. A importancia de onde procede o que inxerimos é un tema que preocupa a moitos, xa que moitas das patoloxías que padecemos na actualidade poderían regularse cunha boa alimentación libre de pesticidas e de trasxénicos. Ademáis da importancia alimentaria, hai que agregarlle o equilibrio medioambiental na sustentabilidade dos ecosistemas que seconsiguen con este tipo de cultivos.

Cándido Lorenzo, concelleiro de medioambiete, insiste en que, "O Concello ten o compromiso de instruir á cidadanía para mellorar a súa calidade de vida, e de mellorar o noso entorno. É moi importante que as persoas poidan decidir qué produtos demanda para comer, e que poida cultivar os seus propios produtos ecolóxicos sen fitocidas. O Concello na medida do posible continuará a realizar Xornadas de Producción Ecolóxica, coa finalidade de que a maior parte dos nosos veciños poidan realizar a unha producción máis ecolóxica, ademáis de poder proporcionarlles unha saída laboral, xa que na actualidade existe unha gran demanda deste tipo de produtos".

Gabinete de prensa

Salceda de Caselas a 23 de Abril do 2013
 


Twittear

VISITA Á ADEGA DA FINCA DA CORISCA




Twittear

O Concello de Salceda de Caselas continúa co ciclo de actividades para fomentar o uso de Agricultura Ecolóxica



Dende a Concellaría de Medio ambiente dirixida por Cándido Lorenzo, se realizara unha primeira charla-coloquio acerca da Producción Ecolóxica e a súa cabida no Concello de Salceda de Caselas.

 
Dende o Concello naceu un compromiso veciños e veciñas de Salceda e coas entidades locais, que se están a adicar á comercialización deste tipo de productos, a realizar máis Xornadas divulgativas da Agricultura Ecolóxica que non só crea un mellor equilibrio dende o punto de vista medioambiental, senón que ademáis potencia unha mellor calidade de vida.
 
Dende o Concello se vai a realizar o venres 19 de abril unha Charla dirixida á Producción Ecolóxica, que correrá a cargo de José Piñeiro, membro da Asociación Treze Catorze e que ademáis ten un negocio na localidade de comercialización de Produtos ecolóxicos, onde nos explicará os beneficios que ten o consumo de produtos ecolóxicos na saúde.
 
O sábado 20 realizaremos unha saída dende o Torreiro de Festas do Barrio da Feira ata a Explotación que ten Antonia en Alxén de Productos ecolóxicos, para coñecer a súa explotación, o tipo de plantas que comercializa e o tipo de Traballos que está a realizar no eido da agricultura ecolóxica.
 
A finalización destas primeiras Xornadas, terá lugar na visita á Finca da Corisca situada en Entenza, na cal recorreremos a Explotación vinícola de Albariño, para rematar nunha degustación de produtos ecolóxicos, xunto coa degustación de viño de Albariño. Para poder participar nesta xornada de visita con degustación, os asistentes deberán realizar unha inscripción previa que estará a vosa disposición a partir do luns 15 de abril na páxina do Concello de Salceda de Caselas.
 
O Concelleiro da área incide na importancia deste tipo de actividades que fomentan o coñecemento de costumes sanas que melloran a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas. "É moi importante coñecer os Produtos Ecolóxicos que se están a desenvolver no noso concello, para que a xente os coñeza e que aposten, como xa o fixeron algúns, por un novo mercado e que mellora a calidade de vida e a saúde das persoas", asegura Cándido Lorenzo, ademáis "quero incidir en que todos aqueles veciños e veciñas de Salceda que queiran realizar a súa pequena horta ecolóxica e que carecen de terreo para poder facelo, se acheguen ao concello, para poder buscar posibles solucións con propietarios que xa non utilizan a terra para a súa producción".
 
Gabinete de Prensa 9 de abril do 2013
 


Twittear

Achegamento á agricultura ecoloxica




Twittear

CURSO DE EDUCADOR AMBIENTAL



CONVOCATORIAS: ACTIVIDADES: CURSOS, SEMINARIOS, CAMPAÑAS, CONGRESOS : GALICIA

CURSO DE EDUCADOR AMBIENTAL

http://www.institutoerudite.org/index_10.htm

Contido: - Crise ambiental e resposta educativa. - Fundamentos da educación ambiental. - Ámbitos de intervención da educación ambiental. - Metodoloxías, técnicas e recursos para o traballo en educación ambiental.

Lugar: A distancia.

Organizador: Instituto Erudite. Investigación Social e Ambiental.

Data de inscrición: Ata o 15 de xullo de 2013.

Data de inicio:

Data de fin:

 


Twittear

I charla coloquio: A Alimentación Saudable. O venres ás 20:00 na Casa da Cultura



O Concello de Salceda de Caselas acollerá na Casa da Cultura unha charla sobre a Producción Ecolóxica

A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Salceda de Caselas convida a asistir á I Charla-Coloquio da Alimentación Saúdable.

O acto terá lugar na Casa da Cultura ás 20:00 do venres 8 de Marzo, para a cal contaremos coa presencia de membros da Fundación Desarrollo Producto Ecolóxico de Galicia, como son Óscar Rancaño que se centrará nos beneficios de cara a saúde do consumo de Produtos ecolóxicos, Nicolás Andión e Alfonso Uzal que nos falaran sobre os proxectos que están a desenvolver de cara á producción ecolóxica.

Rematará o acto cunha mesa redonda á cal están convidados representantes de Bodegas Corisca que producen e comercializan viños ecolóxico, membros da Tabertenda, que se encarga da venta de produtos ecolóxicos en Salceda, e Productores de Agricultura Ecolóxica da zona.

Dende o Concello se quere realizar unha chamada a todos os veciños e veciñas de Salceda para que asistan a esta charla coa finalidade de coñecer as vantaxes que supón de cara a saúde o consumo de produtos libres de químicos, así como a produción e comercio dos produtos.

Tamén se quere iniciar unha nova etapa onde se realizarán charlas que den as pautas básicas de cómo realizar a producción ecolóxica para o autoconsumo.

Cándido Lorenzo, Concelleiro de Medio Ambiente de Salceda, asegura que "é moi importante coñecer as alternativas presentes no mercado para garantir unha alimentación saúdable, nunha época na que existen tantas patoloxías asociadas á mala alimentación e ao consumo excesivo de químicos nos produtos que diariamente inxerimos. Ademáis do problema da saúde relacionada coa alimentación, hai que facer fincapé na destrucción que o cultivo intensivo e os fitocidas empregados crean no solo, volvendo a terra infértil".


Twittear

O Concello de Salceda reanuda Coñece o teu Entorno para o ano 2013

Soutelo será a parroquia que se percorrerá no Coñece o teu Entorno o sábado día 2


 

A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Salceda de Caselas convida a coñecer a parroquia de Soutelo a través da VI Andaina de Coñece o teu Entorno, o vindeiro sábado 2 de Marzo. A camiñata que leva por título Camiñando por Soutelo, terá inicio no Centro Cultural do Borralliño ás 10:00 da mañá, para rematar no mesmo punto de partida.
 
Un total de 13,8 km será o percorrido proxectado para realizar neste encontro, onde os camiñantes terán un punto de avituallamento na metade do percorrido. Para inscribirse ao envento, os participantes non terán máis que entrar na páxina web do Concello: www.salcedadecaselas.es, onde na mesma páxina web, aparece un banner que accede directamente á ficha de inscripción. Para calqueira dúbida poderán acudir tamén á Casa da Cultura ou á Casa do Concello, onde se lles realizará a inscripción.
 
O Concello de Salceda de Caselas volve a retomar as Andainas que no ano pasado se finalizaron no mes de Novembro, e que debido as malas condicións climáticas, non se retomaron no mes de Xaneiro do presente ano.
 
Cándido Lorenzo, Concelleiro de Medio Ambiente de Salceda, asegura que "seguiremos coñecendo Salceda, sobre todo por aquelas parroquias que aínda non se percorreron, pero van a ser obxecto de próximos percorridos, e tamén polas que xa percorrimos pero quedan moitos puntos por coñecer".
 
"Xa hai un grupo elevado de persoas que acuden a todas as andainas que estamos a facer e son conscientes da importancia de coidar o entorno e a paisaxe, para conservalo e fortalecer o seu desenvolvemento sostible".

 


Twittear

O Concello de Salceda de Caselas está a executar a Senda Peonil que vai dende As Pontes- A Ribeira



Nos vindeiros meses os veciños e veciñas de Salceda de Caselas poderán disfrutar do novo tramo que conectará coa Senda xa existente do “Rubal-As Pontes”


O Concello de Salceda de Caselas está a executar as obras da “Senda Peonil, que corresponde á primeira fase:Tramo As Pontes- Pombal de Antero” do “Proxecto de Recuperación Ambiental e Senda Peonil no río Caselas entre As Pontes-Regadas” que é a continuación, augas abaixo, do actual paseo O Rubal-As Pontes.

O novo proxecto de senda fluvial na marxe do río Caselas conta cunha lonxitude de 559,70 metros e dous metros de ancho, asentada cunha base de zahorra natural compactada para proporcionar a estabilidade axeitada á Senda. Vai a contar cunha rampa de madeira asentada sobre muros de pedra, no punto de inicio da senda en As Pontes, e dous pontillóns de pedra para salvar as sangras de desagüe que verten, de forma natural, ao río Caselas. Finalizando na Ribeira (Pombal de Anteiro), situado na estrada Salceda-Paxariña, atravesando os lugares de As Pontes, Curtiñales.

O financiamento do tramo vaise a realizar a través de fondos propios aprobados nos orzamentos do 2012 e corresponde a unha partida de 29.178 euros. A empresa adxudicataria é Construccións Magonfer S.L, baixo a dirección de obra do proxecto “Recuperación Ambiental e Senda Peonil no Río Caselas: Fase I. Tramo As Pontes-Pombal de Antero” por parte do enxeñeiro Julio Piñeiro.

Unha vez finalizada esta primeira fase de actuación continuarase o proxecto a través do Plan de Investimento da Deputación 2012-2013 da Segunda fase de execución que continuará a Senda Fluvial dende A Ribeira ata chegar “As Regadas”, para o que contamos coas asinaturas de 127 propietarios que cederon os seus terreos para a realización do proxecto.

A Recuperación Ambiental do entorno e a creación dunha senda Peonil na marxe dereita do Río Caselas pon en valor unha zona abandonada, para o seu aproveitamento como zona de esparcimento e ocio de cara os veciños e veciñas de Salceda e todas as persoas que visiten o noso Concello, dando unha continuidade á Senda Fluvial xa existente dende o Rubal-As Pontes”.

Cándido Lorenzo, Concelleiro de Medioambiente, asegura que “é unha aposta que xa ben facendo o Concello de Salceda de Caselas para recuperar as ribeiras do Río Caselas. É moi importante por en valor as áreas fluviais que tanta riqueza en canto a diversidade de flora e fauna acolle nas súas ribeiras, evitando o estado de degradación ao que están expostas na actualidade”. “O río é unha fonte de
vida que temos que respetar e coidar”.

Marcos Besada, Alcalde de Salceda, asegura que “cumplirei co compromiso adoptado con todos os veciños e veciñas de Salceda de continuar a senda fluvial polo río Caselas, nesta primeira fase ata A Ribeira, e nunha segunda fase se vai a chegar ata “As Regadas”. Traballando arreo e garantindo unha boa Xestión é posible cumplir cos nosos compromisos cos nosos veciños e veciñas”


Twittear

Salceda acollerá o sábado día 1 a II Aula aberta da Micoloxía



Este ano contaremos coa presencia de Oscar Requejo e de Marisa Castro, directora do Departamento de Micoloxía da Universidade de Vigo

O sábado 1 de Decembro, Salceda acollerá a II Aula aberta da Micoloxía. A partir das 16:00 todas as persoas interesadas poderán achegarse ao Muíño das Covas, na Senda Peonil d Río Caselas, de onde partirá a exposición de cogumelos coa explicación que impartirá Óscar Requejo sobre o aproveitamento e importancia dos fungos, recorreranse así os catro muíños finalizando no Muíño de Marcial.

Unha vez rematada a visita guiada, o Auditorio Municipal, acollerá a presentación do Catálogo Micolóxico do Río Caselas, e que terá lugar ás 19:30, por Oscar Requejo, para dar paso á conferencia que presentará Marisa Castro, directora do departartamento de Micoloxía da Universidad de Vigo, que se centrará na Historia da Micoloxía de Salceda de Caselas.

Ao remataro acto, as persoas que estén interesadas na degustación de pratos eleaborados con fungos O Restaurante Latas, Copas e Puros, ubicado na parroquia de San Estevo, ofrece un Menú degustación Micolóxico. Todas as persoas que estén interesadas en participar na degustación do menú, poderán realizar a súa reserva no Restaurante de Budiño. Os teléfonos de contacto son 615911277 e 986346882 ou ben entrando na páxina web www.latascopasypuros.es.

Dende a Concellaría de Medio Ambiente se lle quere dar cabida a este tipo de actividades sobretodo nun ano no que os micólogos se ven favorecidos, grazas ás condicións metereolóxicas que propician á dispersión dos fungos creando unha gran abundancia e diversidade neste ano.

O Concelleiro Cándido Lorenzo asegura que é moi importante coñecer os fungos e poder distiguir aqueles comestibles, xa que este ano trala intoxicación de varias persoas e o crecemento da afición de persoas a este mundo, crea a necesidade de tentar transmitir a máxima información posible sobre o mundo da Micoloxía. E sobre todo difundir o interese do monte e os seus aproveitamentos complementarios á madeira, para que entre todos o poidamos coidar da mellor maneira posible.


Twittear

Aula aberta de micoloxia




Twittear

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina

  • Subsecciones

    • Ir á sección superior
    • Concelleiro
    • Libro de flora do río Caselas
    • Roteiros
    • Roteiros "coñece o teu entorno"
    • Actividades
  • Calendario

    Año anterior Mes anterior May - 2013 Mes siguiente Año siguiente
    LunMarMieJueVieSabDom
    0102030405
    06070809101112
    13141516171819
    20212223242526
    2728293031
  • Últimas Noticias

    • PRIMEIRA MOSTRA DA ARTESANÍA EN SALCEDA DE CASELAS
    • VI Andaina Concello Salceda de Caselas
    • DOMINGO GASTRONÓMICO EN SALCEDA
    • I 10K CONCELLO DE SALCEDA
    • VI CERTAME DE FOTOGRAFÍA “VIAXANDO” EXPOSICIÓN EN SALCEDA DO 6 AO 31 DE MAIO
  • Campañas









  • Imaxes

    • CampoCampo
  • Enlaces

    • Páxina de Medio Ambiente para os Nenos
    • Rede Galega de Aerobioloxía
    • Meteoroloxía de Galiza
    • Publicacións da Consellería
    • Cartografía Ambiental
  • Login





  • O Concello

    • Inicio
    • Saúdo do Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Imaxe corporativa
    • Ordenanzas e regulam.
    • Plenos
    • Descarga de formularios
    • Bandos
    • Rueiro
  • Concellarías/Servizos

    • Alcaldía
    • Tenencia de Alcaldía
    • Cultura
    • Ensino
    • Medio Ambiente
    • Urbanismo
    • Tráfico e transporte
    • Medio Rural
    • Facenda
    • Vías e Obras
    • Sanidade
    • Comercio
    • Mocidade
    • Consumo
  • Turismo

    • Localización xeográfica
    • Puntos para visitar
    • Hostelería
    • Salceda en imaxes
    • Novas
    • Festas
    • Parroquias
  • Información

    • Teléfonos e direccións
    • De interese
    • Novas
    • Enlaces de Interese
    • Boletín Municipal
    • Novas destacadas
    • Eventos
    • Autobuses
    • Taxis
    • Publicacións do Concello
  • Emprego e Formación

    • Ofertas de traballo
    • Novas
    • Formación
  • Perfil do Contratante

    • OBRAS
    • SERVIZOS
    • SUMINISTROS
    • XESTION DE SERVIZOS

Concello de Salceda de Caselas
r/Praza do Concello s/n
telf 986 34 90 03 - fax 986 34 74 01
Copyright © 2012. Feito por ContaLocal