• O Concello
    • Inicio
    • Saúdo do Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Imaxe corporativa
    • Ordenanzas e regulam.
    • Plenos
    • Descarga de formularios
      • Sumidoiros
      • Comercio
      • Consumo
      • Contratación
      • Emprego
      • Facenda municipal
      • Impostos
      • Medio ambiente
      • Padrón habitantes
      • Protección Civil
      • Recollida do lixo
      • Secretaría xeral
      • Servicios Sociais
      • Subvencións
      • Urbanismo
      • Vehículos
      • Xulgado de Paz
    • Bandos
      • Ano actual
      • Anos anteriores
    • Rueiro
  • Concellarías/Servizos
    • Alcaldía
      • Alcalde
      • FALA CO ALCADE
    • Tenencia de Alcaldía
      • Benestar Social e Igualdade
      • Emprego e Formación
      • Deportes
      • Voluntariado
    • Cultura
      • Concelleira
      • Bibliotecas
      • Certames e festexos
      • Arquivo da memoria
    • Ensino
      • Concelleira
    • Medio Ambiente
      • Concelleiro
      • Libro de flora do río Caselas
      • Roteiros
      • Roteiros "coñece o teu entorno"
      • Actividades
    • Urbanismo
      • Concelleiro
    • Tráfico e transporte
      • Concelleiro
      • Autobuses
      • Parada de táxis
    • Medio Rural
      • Concelleiro
      • Subvencións
    • Facenda
      • Concelleiro
    • Vías e Obras
      • Concelleiro
    • Sanidade
      • Concelleira
      • Actos
    • Comercio
      • Concelleira
      • Impresos
    • Mocidade
      • OMIX
      • Concelleira
    • Consumo
      • Concelleira
      • OMIC
  • Turismo
    • Localización xeográfica
    • Puntos para visitar
      • Turismo Cultural
      • Turismo Natural
      • Turismo Activo
      • Curiosidades
      • Parque Etnográfico Río Caselas
    • Hostelería
    • Salceda en imaxes
      • Monumentos
      • Fotos antigas
      • Vistas
      • Casco urbano
      • Festa da camelia
      • Entroido 2013
      • Espazos naturais
    • Novas
    • Festas
    • Parroquias
      • A Picoña
      • Budiño
      • Entenza
      • Parderrubias
      • San Xurxo
      • Santa María de Salceda
      • Soutelo
  • Información
    • Teléfonos e direccións
      • Persoal do Concello
      • Asociacións
      • Deputación Provincial
      • Teléfonos Estado
      • Teléfonos de Urxencias
      • Teléfonos Varios
      • Xunta de Galiza
    • De interese
    • Novas
    • Enlaces de Interese
    • Boletín Municipal
    • Novas destacadas
    • Eventos
    • Autobuses
    • Taxis
    • Publicacións do Concello
  • Emprego e Formación
    • Ofertas de traballo
    • Novas
    • Formación
  • Perfil do Contratante
    • OBRAS
    • SERVIZOS
    • SUMINISTROS
    • XESTION DE SERVIZOS



Tráfico e transporte

Inicio  »  Concellarías/Servizos  »  Tráfico e transporte

O Concello de Salceda está a realizar as Xornadas de Seguridade Vial



 

 
Os escolares de 1º a 6ºde primaria serán os protagonistas das Xornadas, que farán uso do circuito de cars a pedais colocado na Praza do Concello.
 
O Concello de Salceda de Caselas comeza coas Xornadas de Seguridade Vial nos centros educativos do municipio que terá lugar dende o 21 de maio ata o 3 de xuño, de luns a venres, tendo como protagonistas a mais de 400 escolares, que estén dentro do rango de idades comprendido entre 1º e 6º de primaria.
 
O programa constará de dúas partes, por un lado terán unha hora de clase teórica, onde se porá en coñecemento as normas de circulación e o uso de elementos claves na Seguridade Víal, uso de cinturón, conductas na conducción, uso do casco, etc. que será impartida no Auditorio Municipal e outra hora para realizar o circuito con cars de pedais na praza do Concello nun circuito de karting que se vai a montar para o desenvolvemento da actividade. Para o correcto desenvolvemento da actividade contarase coa colaboración da Policía Local.
 
As Xornadas teñen coma fin a concienciación e o coñecemento das normas de circulación a través do proxecto que se está a promover dende a Concellaría de Tráfico e a Concellaría de Ensino e que conta co patrocinio de Autoescolas Caselas, Javucho publicidade, Rock fn e Moto Club Galicia. As Xornadas teñen como obxectivo concienciar aos máis cativos acerca da importancia que ten a circulación con pola vía pública a través do coñecemento dos dereitos e obrigas que teñen tanto como peón como conductores.
Teresa Pérez, Concelleira de Ensino, asegura que "é moi importante transmitir información e concienciación aos escolares, para que coñezan nas normas e as respeten, sobre todo á hora de previr accidentes, e que mellor manera que facelo a través de mecanismos de aprendizaxe dinámicos, onde eles poidan ser os protagonistas".
 
Jose Luis González, Concelleiro de Tráfico e Seguridade quere "fomentar o bo uso das normas de circulación para que todos e todas sexamos conscientes do perigo que pode desencadenar o non respeto das normas de circulación, sobre todo nunhas idades tan relevantes".


Twittear

O Concello de Salceda fai un chamamento á cidadanía para cumprir coa Ordenanza reguladora de limpeza viaria e ornato público



O Concelleiro de Tráfico e Seguridade, Jose Luis González, do concello de Salceda de Caselas incide en que todos os veciños e veciñas de Salceda respeten a ordenanza Municipal que prohíbe a colocación de carteis, bandeirolas, pancartas, etc, así como calquera outro elemento publicitario ou de comunicación fóra dos lugares que están autorizados polo Concello, como son fachadas de edificios públicos, ou no mobiliario e equipamento urbáns. Para mellorar a hixiene pública e contribuir á mellora estética da vila, evitando o deterioro de espazos públicos.

As persoas que incumplan o ornato poden ser sancionadas a facerse cargo dos custes do servizo extraordinario de retirada de carteis, imputándose a sanción directamente á empresa publicitaria.

O Concello se vai a contratar un Servizo de Limpeza, a través dunha empresa que ten en plantilla a persoas que presentan algunha discapacidade, para que faga o traballo de ornato e se poida manter limpa a vila de Salceda.

É moi importante que todos contribuiamos ao mantemento da limpeza das nosas rúas, para garantir a hixiene e limpeza, así como salvagardar a estética das fachadas. As persoas interesadas en poder facer uso dos espazos habilitados polo Concello para a colocación de carteis, poderán solicitar ao mesmo a colocación de publicidade.

Jose Luis González, incide na importancia que ten que cada veciño se preocupe pola estética e hixiene do seu pobo, e que tendo localizados os puntos de información e os espazos habilitados para a súa colocación é máis factible que todo o mundo teña unha maior facilidade de ser informado.

Gabinete de prensa
Salceda de Caselas a 22 de Marzo do 2013
 


Twittear

O Concello de Salceda de Caselas retirará os coches abandonados na vía pública

A Policía Local está a realizar un seguimento dos vehículos abandonados


A Concellaría de Tráfico e Seguridade do Concello de Salceda de Caselas está a realizar a inspección de diversos vehículos que están abandonados na vía pública. Os encargados de realizar dita inspección son os Policías Municipais que teñen un protocolo de actuación.

 
En primeira instancia este organismo debe localizar e identificar os coches con síntomas de abandono como é a carencia de instrumentos que lle permitan desplazarse polos seus propios medios, rodas, etc ou que carezan de placas de matrícula, por outra banda tamén se incidirá en coches que se atopen estacionados nun mesmo punto durante un tempo prolongado e que non se movan. Os Policías Municipais realizarán un informe sobre os vehículos que reúnan estas características e procederán á investigación para localizar ao titular do vehículo ao que se lle enviará unha notificación. No caso de non ser localizable publicarase no BOP e no taboleiro de anuncios do Concello. Se transcurrido un mes, despois da exposicón pública non se retirou o vehículo, por parte do propietario, dase a orde de retirada do mesmo.
 
A través dunha empresa autorizada para tratamento de Resíduos sólidos urbáns se realizará a recollida e transporte dos vehículos a un centro autorizado, tal e como se acordou no convenio de colaboración coa Deputación para o tratamento de descontaminación provocada para a súa reciclaxe e reutilización das partes servibles.
 
O Concelleiro de Tráfico e Transporte, Jose Luis González incide en que "É moi importante rematar cos problemas que nos están a acarrexar este tipo de resíduos urbáns, como son os coches abandonados, nos que non só se agrava a mala imaxe urbanística que crean senón que ademáis incrementan o problema de superficie útil de aparcamento, así como os problemas de contaminación e de falta de hixiene. Pondo en práctica medidas que sexan sempre en beneficio da cidadanía"


Twittear

O Centro de Desenvolvemento Local do Torrón en Salceda acollerá a inspección técinca de motos, ciclomotores e Quad´s



 

O vinderio venres 15 de marzo, terá lugar no Centro de Desenvolvemento Local do Torrón a inspección técnica de veículos, no horario de 9:00 a 13:30 e de 15:15 a 18:00. Todos os interesados en pasar a inspección do seu veículo ciclomotor ou quad, terán que realizalo mediante cita previa na seguinte páxina web: www.sycitv.com ou chamando ao
902309000.


Twittear

INSPECCIÓN TÉCNICA DE CICLOMOTORES, MOTOCICLETAS E QUADS EN SALCEDA




Twittear

Servizo de mobilidade



 

O Concello de Salceda de Caselas acudirá mañá mécores ás 12:00 da mañá á Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo. O motivo polo cal se convoca á reunión é debido á modificación concesional do transporte público de viaxeiros que as diferentes empresas que realizan o servizo presentaron ante a Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia.
 
O servizo de mobilidade puxo a disposición dos Concellos os cadros correspondentes aos novos horarios que van a establecer as diferentes empresas para o seu servizo de transporte de viaxeiros a nivel intermunicipal.
 
As empresas que están a realizar ese servizo no noso Concello, son as de ATSA e RAÚL, que presentaron unha nova proposta de liñas e horarios que dará cobertura ao noso Termo Municipal. O Concello entende as necesidades de reestructuración das empresas do servizo para evitar un balance negativo na súa contabilidade, pero vai a presentar mocións aos novos horarios establecidos. A razón fundamental é que presentan un menor grado de cobertura, que deixa moitas horas sen cobertura de transporte, e dado o problema económico que se está aatravesar, as familias están a facer un maior uso do transporte público como sistema de aforro para a súa mobilidade.
 
Se este sistema non ten unha serie de horarios que permitan unha continuidade horaria, moitas das persoas que o utilizan, non van a poder ter unha disposición de horarios ampla, axustándose a un medio de transporte que provocaría continuos atrasos e esperas para o desenvolvemento de cobertura das súas necesidades, o cal deribaría na menor utilización do transporte público por non ser un servizo útil.
 
Dende o Concello de Salceda se vai a intentar pedir unha maior amplitude da cobertura en horas nas cais non se contempla a prestación de servizo e que consideramos fundamentais. Xa se confirmou a asistencia á reunión que terá mañá en Vigo para poder esclarexar todas aquelas dúbidas que non están suficientemente aclaradas nos novos cadros de Horarios.
 


Twittear

Xa dispoñible o Plan de Tráfico para os desfiles, que terán lugar o venres, domingo e martes



A Concellaría de Tráfico e seguridade publicou na páxina web do concello, o percorrido que terá lugar no centro da vila dos diferentes desfiles que nos van a acompañar este Entroido na vila.

 
O entroido terá comezo, para Salceda, o venres día 8, onde os grupos escolares faran o seu desfile anual de Entroido. Este desfile terá lugar entre as 11:30 da mañá ata as 13:00 onde finalizaran na praza do Concello. As rúas que van a ser transitadas serán as de: Rosalía de Castro, Tilve Adrio, Ador, Joaquin Fernández Sestelo e Victoriano Pérez Vidal, que permanecerán pechadas intermitentemente durante o horario establecido.
 
 
O domingo terá lugar o desfile de carrozas, onde 14 comparsas percorrerán parte das rúas do centro da vila, para elo vanse a pechar as rúas da Praza da Devesa, R Vigo, Avda de Galicia, R. Arxentina, Brasil, Pontevedra, Victoriano Pérez Vidal, Rollo, Zunzunegui e Praza do Concello, de 15:00 a 21:00.
 
E por último o martes, onde os barrios de A Feira e Castro Barreiro darán conta da súa tradicional ribalidade a modo de carroza e comparsas, así como de crítica ao barrio contrario, permanecendo as rúas D. Zunzunegui, pola Praza do Concello, Victoriano Pérez Vidal, Joaquín Fernández Sestelo e Avda de Galicia cortadas de 16:30 a 20:00.
 
A medida que vaian rematando os desfiles polas rúas correspondentes estas abriranse ao tráfico.
 
Jose Luis González, Concelleiro da área agradece aos veciños de Salceda de Caselas a súa colaboración nas festas do Entroido, e pide desculpas polas molestias que se poida acarrear, así como tamén fai un convite aberto a todas as persoas para que se acheguen ao noso concello a disfrutar dun dos Entroidos máis antigos.

 


Twittear

Percorrido dos desfiles de Entroido 2013



ADXUNTOS

  • Icono asociado ó adxunto (pdf) Descargar: PLAN TRAFICO ENTROIDO 2013 MARTES - 532,50 Kb.
  • Icono asociado ó adxunto (pdf) Descargar: PLAN TRAFICO ENTROIDO 2013 DOMINGO - 534,19 Kb.
  • Icono asociado ó adxunto (pdf) Descargar: PLAN TRAFICO ENTROIDO 2013 VENRES - 530,05 Kb.

Twittear

O Concello de Salceda de Caselas aposta pola sinalización de parroquias e espazos de relevancia

A sinalización da vila permitirá contar cun movemento máis fluido dos que visiten o noso Concello


 

 

O Concello de Salceda de Caselas aposta pola sinalización de parroquias e espazos de relevancia municipal no centro da vila

A sinalización da vila permitirá contar cun movemento máis fluido dos que visiten o noso Concello

O Concello de Salceda de Caselas sinaliza a súa vila a través da colocación de sinais que indican a dirección a parroquias e de edificios de relevancia municipal. Esta tarefa de gran importante permitirá que as persoas que se acheguen ao noso concello poidan dirixirse aos espazos ou parroquias obxecto de destino nun intervalo de tempo menor.

O Plan de Sinalización, permitirá reconducir o tráfico dentro do centro da vila, obtendo non so unha circulación máis fluida do tráfico, senón que tamén facilitará a atención aos equipos de urxencia que non coñezan o noso Concello.

Dende a Concellería de Tráfico e Seguridade, se pretende acadar as mellores liñas estratéxicas para mellorar os accesos no noso concello. Este investimento acadado a través de fondos propios están incluídos no orzamento do ano 2012, sendo a empresa adxudicataria Javucho Publicidade que se encargou tanto da realización do deseño como da fabricación das 17 sinais (das que se aproveitou o soporte de tres de elas) , e unha de metacrilato que xa foron colocadas. A partida destinada á sinalización ascende a un total de 11.980€.

A finalidade que ten o Plan de Sinalización é a de acadar a sinalización completa de todo o Termo Municipal de Salceda, comezando no centro da vila que é o punto onde hai un maior tránsito de tráfico.

Jose Luis González, Concelleiro de Tráfico e Seguridade, aposta sempre por mellorar a calidade de vida dos nosos veciños, evitando así que o tráfico poda chegar a colapsarse en momentos puntuais, como son os periodos de festexos ou execución de actividades que se organizan dende o Concello ou Asociacións. “É moi importante, tanto para servizos de urxencias como para a localización e ubicación de certos espazos contar cunha boa sinalización. Tentaremos seguir sinalizando o noso Municipio dentro das nosas posibilidades económicas, as parroquias menos sinalizadas serán o obxecto prioritario a sinalizar de cara os seguintes investimentos.  


Twittear

ITV ciclomotores, motocivletas e quads: 25 de xaneiro




Twittear

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina

  • Subsecciones

    • Ir á sección superior
    • Concelleiro
    • Autobuses
    • Parada de táxis
  • Calendario

    Año anterior Mes anterior May - 2013 Mes siguiente Año siguiente
    LunMarMieJueVieSabDom
    0102030405
    06070809101112
    13141516171819
    20212223
    242526
    2728293031
  • Últimas Noticias

    • O CDL “O TORRÓN” PASARÁ A FORMAR PARTE DA REDE CeMIT
    • ÚNETE A VOLTA CHEGA A SALCEDA
    • O Concello de Salceda está a realizar as Xornadas de Seguridade Vial
    • O CDL DE O TORRÓN ACOLLERÁ ESTÁ SEMANA DÚAS ACTIVIDADES RELACIONADAS CO AUTOEMPREGO
    • En xuño comezan as obras de Saneamento de San Estevo de Budiño
  • Campañas









  • Login





  • O Concello

    • Inicio
    • Saúdo do Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Imaxe corporativa
    • Ordenanzas e regulam.
    • Plenos
    • Descarga de formularios
    • Bandos
    • Rueiro
  • Concellarías/Servizos

    • Alcaldía
    • Tenencia de Alcaldía
    • Cultura
    • Ensino
    • Medio Ambiente
    • Urbanismo
    • Tráfico e transporte
    • Medio Rural
    • Facenda
    • Vías e Obras
    • Sanidade
    • Comercio
    • Mocidade
    • Consumo
  • Turismo

    • Localización xeográfica
    • Puntos para visitar
    • Hostelería
    • Salceda en imaxes
    • Novas
    • Festas
    • Parroquias
  • Información

    • Teléfonos e direccións
    • De interese
    • Novas
    • Enlaces de Interese
    • Boletín Municipal
    • Novas destacadas
    • Eventos
    • Autobuses
    • Taxis
    • Publicacións do Concello
  • Emprego e Formación

    • Ofertas de traballo
    • Novas
    • Formación
  • Perfil do Contratante

    • OBRAS
    • SERVIZOS
    • SUMINISTROS
    • XESTION DE SERVIZOS

Concello de Salceda de Caselas
r/Praza do Concello s/n
telf 986 34 90 03 - fax 986 34 74 01
Copyright © 2012. Feito por ContaLocal