• O Concello
    • Inicio
    • Saúdo do Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Imaxe corporativa
    • Ordenanzas e regulam.
    • Plenos
    • Descarga de formularios
      • Alcaldía
      • Sumidoiros
      • Comercio
      • Consumo
      • Contratación
      • Emprego
      • Facenda municipal
      • Impostos
      • Medio ambiente
      • Padrón habitantes
      • Protección Civil
      • Recollida do lixo
      • Secretaría xeral
      • Servicios Sociais
      • Subvencións
      • Urbanismo
      • Vehículos
      • Educación
      • Xulgado de Paz
    • Bandos
      • Ano actual
      • Anos anteriores
    • Rueiro
  • Concellarías/Servizos
    • Alcaldía
      • Alcalde
      • FALA CO ALCADE
    • Tenencia de Alcaldía
      • Benestar Social e Igualdade
      • Emprego e Formación
      • Deportes
      • Voluntariado
    • Cultura
      • Concelleira
      • Bibliotecas
      • Certames e festexos
      • Arquivo da memoria
    • Ensino
      • Concelleira
    • Medio Ambiente
      • Concelleiro
      • Libro de flora do río Caselas
      • Roteiros
      • Roteiros "coñece o teu entorno"
      • Actividades
    • Urbanismo
      • Concelleiro
    • Tráfico e transporte
      • Concelleiro
      • Autobuses
      • Parada de táxis
    • Medio Rural
      • Concelleiro
      • Subvencións
    • Facenda
      • Concelleiro
    • Vías e Obras
      • Concelleiro
    • Sanidade
      • Concelleira
      • Actos
    • Comercio
      • Concelleira
      • Impresos
    • Mocidade
      • OMIX
      • Concelleira
    • Consumo
      • Concelleira
      • OMIC
  • Turismo
    • Localización xeográfica
    • Puntos para visitar
      • Turismo Cultural
      • Turismo Natural
      • Turismo Activo
      • Curiosidades
      • Parque Etnográfico Río Caselas
    • Hostelería
    • Salceda en imaxes
      • Monumentos
      • Fotos antigas
      • Vistas
      • Casco urbano
      • Festa da camelia
      • Entroido 2013
      • Espazos naturais
    • Novas
    • Festas
    • Parroquias
      • A Picoña
      • Budiño
      • Entenza
      • Parderrubias
      • San Xurxo
      • Santa María de Salceda
      • Soutelo
  • Información
    • Teléfonos e direccións
      • Persoal do Concello
      • Asociacións
      • Deputación Provincial
      • Teléfonos Estado
      • Teléfonos de Urxencias
      • Teléfonos Varios
      • Xunta de Galiza
    • De interese
    • Novas
    • Enlaces de Interese
    • Boletín Municipal
    • Novas destacadas
    • Eventos
    • Autobuses
    • Taxis
    • Publicacións do Concello
  • Emprego e Formación
    • Ofertas de traballo
    • Novas
    • Formación
  • Perfil do Contratante
    • OBRAS
    • SERVIZOS
    • SUMINISTROS
    • XESTION DE SERVIZOS



Facenda

Inicio  »  Concellarías/Servizos  »  Facenda

O Concello de Salceda de Caselas estreará novo horario de cara o 2013



A partir do día 1 de Xaneiro vaise a aplicar o novo horario para os traballadores do Concello de Salceda de Caselas.

O Concello de Salceda de Salceda vai a levar a cabo un novo horario a partir do 1 de Xaneiro do ano 2013, neste horario vanse a recoller as 37,5 h semanais que os traballadores van a ter que realizar, segundo o Real Decreto Lei 465/2012, non se fará ningunha hora máis nin unha hora menos das que se cobra.

O Goberno de Salceda chega a un acordo cos traballadores na nova distribución da xornada laboral. Establéceronse dúas Mesas de Traballo previa á Negociación cos Representantes Sindicais dos Traballadores para poder procurar un horario por mutuo acordo.

Entre as propostas debatidas na Mesa de Negociación, hoxe xoves 27 de Decembro, acórdase ampliar o novo horario que finalmente se vai a levar a cabo no próximo ano será de 7:30 ata 15:00 para unha parte da plantilla do Concello e de 8:00 a 15:30 que o desenvolverán os traballadores restantes, mantendo a hora de entrada que os traballadores viñan desenvolvendo ata o de agora, polo que se ampliará a súa xornada en 30 minutos diarios que virán reflexados na fin da xornada. No caso da Policía Local ampliarase o turno de mañá que pasará a ser de 7:30 a 15:00.

O Concelleiro de Persoal, Jose Luis González, entende que nun tempo no que por parte das administracións se recurtan servizos, se eliminan dereitos sociais e laborais e se piden esforzoa a unha cidadanía que non provocou a grave crise que se lle está obringando a pagar, é xusto e necesario que os Concello dean exemplo e leven adiante medidas estructurais que melloren, xustifiquen e evidencien o compromiso co Servizo Público e coa veciñanza dende os Responsables políticos aos Técnicos Municipais, dende o Alcalde ao último traballador.

É moi importante chegar sempre a un acordo entre todas as partes para desenvolver o traballo da forma máis rendible e productiva, defendendo firmemente a acción política dende o ámbito público para garantir a igualdade e benestar da maiorías sociais, asegura Jose Luis González. O Goberno non vai a por trabas en realizar Mesas de Negociación Colectiva cos traballadores, para poder chegar a un consenso productivo entre ambas partes.


Twittear

Nota de prensa do pleno do 29 de agosto

O CONCELLO DE SALCEDA AUMENTA A INVERSIÓN INICIAL COA APROBACIÓN DEFINITIVA DOS ORZAMENTOS


Os orzamentos para o ano 2012 aprobáronse definitivamente no pleno do venres 31 de Agosto, nos que se incrementou a partida de inversión en 60.243,01 para poder poder facer frente ao pagamento dunha obra realizada no ano 2003 que quedou pendente do anterior goberno. Polo que a cifra total de investimento pasou a ser 343.102,83 onde se van a acometer obras como a mellora de abastecemento de auga na vila, a sinalización das parroquias no casco urbán, a dotación de medios necesarios para adecuar o Centro de Desenvolvemento Local do Torrón como unidade canalizadora de políticas de emprego, a continuación da Senda do Río Caselas dentro do convenio de colaboración coa Confederación Hidrográfica, entre outros.

No tocante a reducción de custes procedeuse a unha diminuciónn na partida de Asignación a Partidos Políticos dun 30%, ao igual que a Festexos e a partida de alumeado público coa implantación do plan de aforro enerxético e a de publicidade nun 56%.

Con estos orzamentos aprobados definitivamente, as liñas xerais van condicionadas ao plan de axuste aprobado en pleno no mes de marzo, onde se marcaban as pautas de reducción de gastos e incremento de ingresos para nivelar á
tesourería municipal nun plan de viabilidade a 10 anos.

Entre os puntos presentes na orde do día, constaba a aprobación definitiva das ordenanzas de uso e prezo do auditorio, onde se regulan o custe do aluguer para uso do auditorio e o prezo público de entrada establecido en función do custo da actuación.

Por outra banda coa finalidade de facilitar a apertura de locais comerciais, eliminando trabas administrativas e axilizando a posta en funcionamento do comercio local se aprobou inicialmente as ordenanzas de “apertura de establecementos”, de “expedición de licencias urbanísticas” e de “ICIO”. Desta forma o Concello adáptase ao Decreto Lei de “Medidas urxentes de liberalización do comercio e determinados servizos”.

Esta fórmula está a ser ben acollida polas asociacións empresariais, a través da comunicación previa pola que os emprendedores presentan a declaración responsable no que asumen o cumplimento da normativa, sendo os técnicos municipais os encargados de supervisar que se cumplan os requisitos legais.

Marcos Besada, Alcalde de Salceda, declara que “estamos a traballar para mellorar a situación dura que está a atravesar o pequeno e mediano comercio, nestes momentos de crise, pretendemos facilitar a apertura de locais comerciais para todos aqueles emprendedores que se queiran instalar no noso concello”.


Twittear

O Concello de Salceda de Caselas afronta o pago das facturas pendentes cos proveedores



A través do mecanismo de financiación asignado hoxe polo alcalde con Bankinter, pagaranse nos próximos días aos proveedores 798.683,11 euros

O mércores 23 de maio o Concello de Salceda de Caselas e a entidade Bancaria Bankinter, designada polo Estado, asinan a operación de crédito que permitirá pagar as facturas pendentes ata o 31 de decembro do ano pasado aos proveedores, autónomos e empresas. A contía do crédito ascende a un total de 798.683,11 euros correspondentes ao pago de 532 facturas. O pagamento poderase realizar, segundo estimacións do responsable da oficina bancaria, entre o 27 e o 30 de mayo .

Desta forma permíteselles aos proveedores o cobro da súa débeda sen verse repercutidos pola dificultade económica que están a atravesar os concellos ao ter que afrontar unha serie de custos que non son da súa competencia para poder seguir dando servizos básicos á cidadanía, como son os servizos socias que foron reducidos drásticamente por parte da Xunta de Galicia.

A parte negativa a asimilar, por parte dos concellos, é asumir un tipo de interese do 5,939% nun periodo de amortización do crédito de 10 anos. As condicións da operación de pago a proveedores fixan un préstamo que terá un periodo de carencia de dous anos, polo que ata o 2014 o Concello só pagará os xuros. Esta cuota será revisable trimestralmente polo que está suxeita a variacións, que podan rebaixar a contía ou pola contra incrementala.

Jose Luis González, Concelleiro de Facenda, di que “é unha importante inxección económica para as empresas locais, sobretodo tendo en conta os tempos de crise que estamos a vivir. O que non é asumible é o tipo de xuro imposto para poder realizar estos pagamentos próximo ao 6%, tendo o Concello que afrontar un pago que vai en decrimento das arcas municipais”.


Twittear

O CONCELLO LEVA A PLENO O ORZAMENTO DO 2012



 

Unha vez coñecidos os datos dos Presuposto do Estado, o goberno municipal vai a levar a pleno os orzamentos do Concello de Salceda para o ano 2012. As liñas xerais van condicionadas ao plan de axuste aprobado en pleno no mes de marzo, onde se marcaban as pautas de reducción de gastos e incremento de ingresos para nivelar á tesourería municipal nun plan de viabilidade a 10 anos.
Desta maneira a previsión de gastos ascende a 4,5 millóns de euros e a de ingresos a 5 millóns presentando un superhávit de aproximadamente 500.000 euros.
Ambas partidas teñen unha reducción dun 10% aproximadamente con respeito aos do orzamento anterior.
No tocante á partida de inversións ronda os 300.000 euros e preténdese acometer obras como a mellora de abastecemento de auga na vila, a sinalización das parroquias no casco urbán, a dotación de medios necesarios para adecuar o Centro de Desenvolvemento Local do Torrón como unidade canalizadora de políticas de emprego, a continuación da Senda do Río Caselas dentro do convenio de colaboración coa Confederación Hidrográfica, entre outros.
 
Outra das medidas de reducción do custe vai a ser na partida de Asignación a Partidos Políticos que implicará unha reducción do 30%, ao igual que a Festexos e a partida de alumeado público coa implantación do plan de aforro enerxético.
 
No tocante ao conxunto dos ingresos municipais, a revisión realizada a principios de ano reflicte un incremento de ingresos ao existir máis de 800 altas no padrón de saneamento, 639 no lixo e 14 vados. A revisión feita o ano pasado da taxa de lixo, IBI e ICIO e as aportacións da tranferencias correntes doutros organismos e ingresos patrimoniais conforman o total dos ingresos municipais.
 
“O Goberno de Salceda aposta por manter os postos de traballo ocupados na actualidade sen sufrir variacións con respeito ao ano anterior ao mesmo tempo as contías económicas están suxeitas á conxelación salarial decretadas polo estado. Para o Goberno Municipal é imprescidible seguir mantendo os servizos públicos existentes, a pesar de que estes son deficitarios para o Concello que ten que asumir a maior parte dos seus custes. Trátase de xestionar da mellor  maneira posible optimizando ao máximo os recursos dos que dispomos”. Asegura Jose Luis González concelleiro de Facenda e Persoal.


Twittear

O Goberno de Salceda aforrará 13.800 € ao renunciar á súa paga de Nadal



 

O Goberno de Salceda seguirá a buscar unha alternativa legal á decisión do PP de eliminar a paga extra aos empregados públicos

 

O Alcalde de Salceda, Marcos Besada, anunciou que o goberno municipal vai aplicarse a si mesmo as medidas que o PP vai aplicar aos empregados públicos, e renunciará á paga extra de Nadal.

A medida vai afectar ao Alcalde, aos concelleiros e concelleiras que teñan dereito a dita paga e ao persoal de confianza. Así mesmo, vai propoñer aos grupos políticos a renuncia a cobrar as asistencias a plenos, comisións informativas e comisións de goberno do mes de decembro de 2012. A súa aprobación suporá un aforro de 13.800 €

O goberno municipal do BNG-PSOE vai adicar o importe das pagas extras aforradas a fins sociais relacionados coa grande crise que están a padecer moitas familias de Salceda, e a compensar os recurtes que o PP está a aplicar no benestar social, a promoción educativa ou o fomento de emprego.

Marcos Besada, Alcalde de Salceda, afirma que “o Goberno de Salceda ten que facer un esforzo solidario, tanto cos empregados públicos, coma moi especialmente coas familias de Salceda que se atopan nunha situación crítica”.

Marina Cabaleiro, Tenente de Alcalde, afirmou que “a Xunta de Feijoo recurtou a Salceda de maneira drástica as axudas para axuda no fogar, para a aula matinal ou para as políticas de emprego. Dende o goberno municipal queremos contribuir a parar esta situación”.

Por outra banda, o Goberno municipal vai cumprir, en principio, coa obriga de non abonar a paga extra dos empregados municipais tralo informe contundente da secretaría municipal, que di taxativamente que “non se pode rexeitar a medida e compensar a perda de poder adquisitivo dos empregados que queden sen paga extraordinaria do mes de decembro. Os artigos 1 e 9 da Constitución impiden que un acordo do Concello contraveña unha norma de rango superior, como é o R. D. Lei 20/2012”.

Marcos Besada, Alcalde de Salceda, afirma que “eu agora mesmo teño que cumplir a lei. Se de aquí a decembro aparece algunha posibilidade legal de atopar unha solución alternativa por parte dos servizos xurídicos, eu intentarei facelo. Este problema creouno Rajoy e o PP, que son os máximos responsables e os que crearon esta inxustiza cos empregados públicos”. 


Twittear

Notas de prensa sobre o pleno do 31 de agosto



http://www.elcorreogallego.es/comarcas/ecg/salceda-aumenta-inversion-inicial-facer-fronte-un-pago-2003/idEdicion-2012-09-04/idNoticia-764110/


http://www.atlantico.net/noticia/209225/salceda/aproba/orzamentos/municipais/


Twittear

Salceda de Caselas aproba unha ordenanza que grava a bancos e caixas pola instalación de caixeiros



Salceda de Caselas aproba unha ordenanza que grava a bancos e caixas pola instalación de caixeiros automáticos na fachada das entidades financieiras.

 
Un novo concepto permitirá aportar novos ingresos as arcas municipais e neste caso non repercutindo no cidadán se non nas sucursais bancarias. 
O concello de Salceda de Caselas ven de aprobar en pleno unha nova ordenanza o que lle permitirá cobrar a partir do próximo ano unha tasa a bancos e caixas de aforros polo funcionamiento de caixeiros automáticos que estén situados nas fachadas das entidades financieiras ou en vías públicas.
A ordenanza regula a utilización privativa ou o aproveitamento especial dos terreos de dominio público local, ainda cando se leve a efecto sin a preceptiva licencia o concesión posto que están facendo un uso de terreo municipal, como pode ser as beirarrúas.
O concelleiro de Economía e Facenda José Luis González declara “é xusto, que se pagan outras actividades cando fan uso do dominio público, pague tamén a banca cando se sirve da beirrarúa para desenrolar un negocio lucrativo no seu propio interés. A banca aportará novos ingresos ás arcas municipais sen que repercuta no ciudadán, nun momento en que a entrada de cartos se reduce e se pretende seguir mantendo todos os servizos públicos municipais cos que conta Salceda de Caselas a día de hoxe.
A ordeanza ven dando cumprimento a unha das medidas recollida no plan de axuste para acollerse ó pago a proveedores e que o concello elaborou recentemente o cal contou coa aprobación do Ministerio de Hacienda e que permitirá facer fronte ó pago de facturas ós proveedores.
 


Twittear

IMPLANTACIÓN DE NOVA ZONA AZUL GRATUÍTA NO CONCELLO DE SALCEDA



O Concello de Salceda vai a por en marcha a nova ZONA AZUL GRATUÍTA na rúa Pontevedra dende o enlace coa rúa Doutor Zunzunegui ata o enlace coa rúa Brasil. Zona que conta con locais de actividade comercial e de servizos municipais e administrativos.

 
Nestes días estase a facer unha campaña de explicación e concienciación que parte dende o día 19 ata o 25 de marzo. Póndose en marcha a partir do luns 26 de Marzo cunha franxa horaria de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 de luns a venres, sen contar cos días festivos.
 
O funcionamento desta zona será igual que o que tan bos resultados ven dando noutras rúas da vila, nas que xa está implantado este tipo de sistema de rotación de prazas de aparcamento.
 
O tempo máximo de estacionamento será de 1,5 horas, dicapacitado/as disporán da vantaxe, de dispor doo dobre de tempo, 3 horas, dada a súa especial condición.
 
Jose Luis González Concelleiro de Tráfico asegura “que ante a problemática da elevada concentración de vehículos estacionados nesta rúa con múltiples servizos administrativos e
comerciais, pretendemos garantir unha praza de aparcamento aos veciños e veciñas que precisen realizar xestións ou compras no centro da vila. Multiplicando por seis as prazas de aparcamento, que actualmete son vinte, permítenos a través do sistema de aparcamento rotatorio pasar a dispor de 120 prazas en horarios de máxima demanda.
 


Twittear

  • Subsecciones

    • Ir á sección superior
    • Concelleiro
  • Calendario

    Año anterior Mes anterior May - 2013 Mes siguiente Año siguiente
    LunMarMieJueVieSabDom
    0102030405
    06070809101112
    13141516171819
    20
    212223242526
    2728293031
  • Últimas Noticias

    • PRIMEIRA MOSTRA DA ARTESANÍA EN SALCEDA DE CASELAS
    • VI Andaina Concello Salceda de Caselas
    • DOMINGO GASTRONÓMICO EN SALCEDA
    • I 10K CONCELLO DE SALCEDA
    • VI CERTAME DE FOTOGRAFÍA “VIAXANDO” EXPOSICIÓN EN SALCEDA DO 6 AO 31 DE MAIO
  • Campañas









  • Login





  • O Concello

    • Inicio
    • Saúdo do Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Imaxe corporativa
    • Ordenanzas e regulam.
    • Plenos
    • Descarga de formularios
    • Bandos
    • Rueiro
  • Concellarías/Servizos

    • Alcaldía
    • Tenencia de Alcaldía
    • Cultura
    • Ensino
    • Medio Ambiente
    • Urbanismo
    • Tráfico e transporte
    • Medio Rural
    • Facenda
    • Vías e Obras
    • Sanidade
    • Comercio
    • Mocidade
    • Consumo
  • Turismo

    • Localización xeográfica
    • Puntos para visitar
    • Hostelería
    • Salceda en imaxes
    • Novas
    • Festas
    • Parroquias
  • Información

    • Teléfonos e direccións
    • De interese
    • Novas
    • Enlaces de Interese
    • Boletín Municipal
    • Novas destacadas
    • Eventos
    • Autobuses
    • Taxis
    • Publicacións do Concello
  • Emprego e Formación

    • Ofertas de traballo
    • Novas
    • Formación
  • Perfil do Contratante

    • OBRAS
    • SERVIZOS
    • SUMINISTROS
    • XESTION DE SERVIZOS

Concello de Salceda de Caselas
r/Praza do Concello s/n
telf 986 34 90 03 - fax 986 34 74 01
Copyright © 2012. Feito por ContaLocal