• O Concello
    • Inicio
    • Saúdo do Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Imaxe corporativa
    • Ordenanzas e regulam.
    • Plenos
    • Descarga de formularios
      • Sumidoiros
      • Comercio
      • Consumo
      • Contratación
      • Emprego
      • Facenda municipal
      • Impostos
      • Medio ambiente
      • Padrón habitantes
      • Protección Civil
      • Recollida do lixo
      • Secretaría xeral
      • Servicios Sociais
      • Subvencións
      • Urbanismo
      • Vehículos
      • Xulgado de Paz
    • Bandos
      • Ano actual
      • Anos anteriores
    • Rueiro
  • Concellarías/Servizos
    • Alcaldía
      • Alcalde
      • FALA CO ALCADE
    • Tenencia de Alcaldía
      • Benestar Social e Igualdade
      • Emprego e Formación
      • Deportes
      • Voluntariado
    • Cultura
      • Concelleira
      • Bibliotecas
      • Certames e festexos
      • Arquivo da memoria
    • Ensino
      • Concelleira
    • Medio Ambiente
      • Concelleiro
      • Libro de flora do río Caselas
      • Roteiros
      • Roteiros "coñece o teu entorno"
      • Actividades
    • Urbanismo
      • Concelleiro
    • Tráfico e transporte
      • Concelleiro
      • Autobuses
      • Parada de táxis
    • Medio Rural
      • Concelleiro
      • Subvencións
    • Facenda
      • Concelleiro
    • Vías e Obras
      • Concelleiro
    • Sanidade
      • Concelleira
      • Actos
    • Comercio
      • Concelleira
      • Impresos
    • Mocidade
      • OMIX
      • Concelleira
    • Consumo
      • Concelleira
      • OMIC
  • Turismo
    • Localización xeográfica
    • Puntos para visitar
      • Turismo Cultural
      • Turismo Natural
      • Turismo Activo
      • Curiosidades
      • Parque Etnográfico Río Caselas
    • Hostelería
    • Salceda en imaxes
      • Monumentos
      • Fotos antigas
      • Vistas
      • Casco urbano
      • Festa da camelia
      • Entroido 2013
      • Espazos naturais
    • Novas
    • Festas
    • Parroquias
      • A Picoña
      • Budiño
      • Entenza
      • Parderrubias
      • San Xurxo
      • Santa María de Salceda
      • Soutelo
  • Información
    • Teléfonos e direccións
      • Persoal do Concello
      • Asociacións
      • Deputación Provincial
      • Teléfonos Estado
      • Teléfonos de Urxencias
      • Teléfonos Varios
      • Xunta de Galiza
    • De interese
    • Novas
    • Enlaces de Interese
    • Boletín Municipal
    • Novas destacadas
    • Eventos
    • Autobuses
    • Taxis
    • Publicacións do Concello
  • Emprego e Formación
    • Ofertas de traballo
    • Novas
    • Formación
  • Perfil do Contratante
    • OBRAS
    • SERVIZOS
    • SUMINISTROS
    • XESTION DE SERVIZOS



Vías e Obras

Inicio  »  Concellarías/Servizos  »  Vías e Obras

Finalizan as obras de asfaltado nas estradas da Paxariña e da Lavandeira en Salceda de Caselas

O coste dos traballos realizados a través do PEIM 2011 ascende a unha contía de 77,156,95


Xa están finalizadas as obras do PEIM (Programa Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural)2012 nos camiños da Paxariña- A Feria do barrio da Feira e o Camiño da Lavandeira ata a Igrexa da parroquia de Parderrubias, a través do Convenio de cooperación establecido entre o Concello de Salceda de Caselas e a Consellaría de Medio Rural e do Mar, que ascende a unha partida total de 77.156,95€.

A Consellería de Medio Rural foi a encargada de executar a obra solicitada pola Concellería de Vías e Obras do Concello de Salceda en dúas conexións que presentan unha gran necesidade para a mellora do seu firme, sendo a empresa adxudicataria TRAGSA.

A estrada da Paxariña conta coa reposición dunha capa de rodaxe dunha lonxitude de 604m, nunha estrada presentaba xa grietas no firme, que dificultaban a conducción dos veciños e veciñas. O orzamento da pista ascende a un total de 37.366,03 €.

O outro punto no que tamén se remataron as obras é no camiño da Lavandeira-Igrexa en Parderrubias, no barrio do Piñeiro, onde xa se están a facer os retranqueos de muros, obra para a cal o Concello investiu un montante de 15.000 € de fondos propios para que TRAGSA poda iniciar as obras para a realización do firme, en total son 270 m e o ancheamento da vía que vai a permitir o paso de vehículos pola mesma, así como a colocación dunha ponte formada por un cubo de formigón de 6,20x2,20 que permitirá o paso de vehículos que atravesa o regato. Esta estrada permitirá o paso a un determinado número de casas, que tiñan un difícil acceso, así como unha saída viaria máis directa. 39.642,25€.

Fortunato Álvarez, Concelleiro de Vías e Obras, considera que "son dúas obras fundamentais polo importante nivel de cobertura que vai a prestar aos veciños, o Concello está a apostar no investimento de comunicación do rural, a través do ancheamento de pistas e novos accesos, tanto con fondos propios como con axenos"

Gabinete de prensa
Salceda de Caselas a 21 de Marzo do 2013
 


Twittear

O GRUMIR finaliza o seu contrato no Concello de Salceda de Caselas



 

 
Este operativo imprescindible para atender as intervencións rápidas xa non volverá a estar dispoñible para o noso concello no próximo ciclo de contratacións, debido aos recurtes da Xunta.
 
O pasado 28 de febreiro finalizou o contrato do Grupo de Intervención Rápida (GRUMI) no concello de Salceda de Caselas, despois dunha cobertura do servizo de 6 meses onde densenvolveron unha laboura primordial e de elevada importancia dentro do Concello, estando as 24 h do día dispoñibles ante a posibilidade de intervir ante calquer emerxencia.
 
Este grupo destaca pola súa versatilidade ante diversos traballos a desenvolver entre os que, ademáis de atención a inundacións, intervención en extición de incendios, labouras silvícolas de emerxencia, asistencia en accidentes, así coma as labouras silvícolas de prevención de incendios, de control de seguridade cidadán en actos lúdicos e sociais, control do tráfico para determinados actos, entre outros.
 
A súa grande laboura en defensa da seguridade dos nosos 8835 veciños e veciñas de Salceda é para nos imprescindible contar co servizo deste colectivo de traballadores, para o cal xa presentamos as alegacións para evitar a súa desaparición ante a FEGAMP o 15 de Xaneiro do 2013.
 
Despois de 25 anos de existencia dos grupos do GRUMIR, cunha laboura de gran eficacia nos servizos que brindan á cidadanía, o Goberno de Salceda de Caselas, lamenta a súa desaparición que ven vencellada ao sistema de recurtes do Goberno Central e Autonómico.
 
Fortunato Álvarez, concelleiro de vías e obras "lamenta que os veciños de Salceda non poidan ter unha cobertura plena ante calquer incidente, quedando o servizo de emerxencia á cidadanía deficitario, crítico cando a vida das persoas depende deste tipo de servizo. É un recorte máis de cara aos servizos prioritarios e importantes que se deberían de manter, se hai que recortar hai campos abertos que non inciden directamente no benestar e na atención das persoas".


Twittear

As obras nas estradas da Paxariña e da Lavandeira xa están a ser executadas en Salceda de Caselas



Un convenio entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Salceda de Caselas, permitirá mellorar os dous camiños.

 

 
Xa están a ser executados os PEIM 2011 nos camiños da Paxariña- A Feria do barrio da Feira e o Camiño da Lavandeira ata a Igrexa da parroquia de Parderrubias . Este Convenio de cooperación establecido entre o Concello de Salceda de Caselas e a Consellaría de Medio Rural e do Mar, ascende a unha partida total de 77.0156,95€.
 
A Consellería de Medio Rural é a encargada de executar a obra solicitada pola Concellería de Vías e Obras do Concello de Salceda en dúas conexións que presentan unha gran necesidade para a mellora do seu firme, sendo a empresa adxudicataria TRAGSA.
 
As obras da Paxariña, sita no Barrio de A Feira, xa está en marcha. A obra que se está a realizar neste punto é a reposición da capa de rodaxe nunha lonxitude de 604m, nunha estrada que presentaba xa grietas no firme, que dificultaban a conducción dos veciños e veciñas, e que presentaba unha elevada probabilidade de poder ocasionar algún incidente. O orzamento da pista ascende a un total de 37.366,03 €.
 
O outro punto no que se está a traballar é na estrada da Lavandeira-Igrexa en Parderrubias, no barrio do Piñeiro, onde xa se están a facer os retranqueos de muros, obra para a cal o Concello investiu un montante de 15.000 € de fondos propios para que TRAGSA poda iniciar as obras para a realización do firme, en total son 270 m e o ancheamento da vía que vai a permitir o paso de vehículos pola mesma. Esta estrada permitirá o paso a un determinado número de casas, que tiñan un difícil acceso, así como unha saída viaria máis directa. 39.642,25€
 
Fortunato Álvarez, Concelleiro de Vías e Obras, considera que "son dúas obras fundamentais polo importante nivel de cobertura que vai a prestar aos veciños. Na actualidade é complicado poder mellorar todas as estradas do noso Municipio, pero na medida das nosas posibilidades, traballaremos arreo para tentar dar unha maor cobertura aos nosos veciños e veciñas, a través das melloras comunicacións intramunicipais".


Twittear

Comenzo das obras da estrada Loureiro-Fraga, en Picoña



COMEZAN AS OBRAS DE AMPLIACIÓN DA ESTRADA LOUREIRO – FRAGA NA PARROQUIA DE PICOÑA


O pasado luns, día 13 de abril de 2009 a empresa adxudicataria, C.O.V.S.A. comenzou as obras de acondicionamento da pista que une os barrios de Loureiro e Fraga na parroquia de Picoña incluidas no Fondo Estatal de Inversión Local polo Concello de Salceda de Caselas.
Este proxecto conta cun orzamento de 45.336,75 € que serán destinados ó ensanche da citada estrada. Concretamente dentro deste orzamento prevense desbroces, movemento de terras, contención de terras, tuberías e pavimentación da zona ensanchada. Ler mais ...


Twittear

Plan de inversión local



PLAN DE INVERSIÓN LOCAL DE SALCEDA

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos seus membros presentes, acordou solicitar, cos requisitos establecidos no Real Decreto- Ley 9/2008, de 28 de novembro e a Resolución de 9 de decembro de 2008, a inclusión no Fondo Estatal de Inversión Local, do cal a Salceda de Caselas lle corresponde una financiación máxima por importe de 1.360.332 €., das seguintes obras:Ler mais ...


Twittear

OBRAS NA PRAZA DE ABASTOS DE SALCEDA PARA DAR MELLOR SERVIZO ÓS CIDADANS

Publicado o 21/05/2008


Praza de abastos

As obras de acondicionamento da Praza de Abastos de Salceda, proxectadas pola Concellaría de Vias e Obras están a piques de rematar. Esta actuación, financiada polo Concello de Salceda de Caselas con fondos propios e pola Diputación Provincial de Pontevedra a través do Plan Provincial de Cooperación (PPC-2007), contou cun orzamento incial de 30.000 euros. Estas obras foron adxudicadas á empresa Teype S.L. e consistiron na instalación de 300 m2 de celosía branca de aluminio, 200 m2 de bastidores de aluminio, limpeza e limpado e pintado das cerchas.

A Concellaría de Vias e Obras asumiu a maiores o pintado dos locais, paredes interiores e da fachada así como a sustitución das intalacions de ferro nas bancadas de venda de peixe por outras novas de aceiro inox. Estas obras a maiores contaron cun orzamento de 6.748 euros.

O Concelleiro de Vías e Obras, Fortunato Álvarez salientou que con estas obras dáselle resposta ós vendedores e á xente que vai mercar habitualmente á Praza de Abastos co obxectivo de facer atractivo un edificio que estivo totalmente abandonado ata o de agora.

O Alcalde de Salceda, Marcos Besada, afirmou que esta obra era unha necesidade acuciante para revitalizar o mercado municipal, que se atopaba nunha situación de abandono polo goberno anterior. Con estas obras na Praza de Abastos mellóranse as condicións nas que os vendedores ofertan os seus productos garantindo ó máximo as condicións hixienico-sanitarias. É un primeiro paso cara converter a Praza de Abastos nun eixo vertebrador do comercio urbán de Salceda?.

Gabinete de prensa do Concello de Salceda de Caselas
Salceda de Caselas, 19 de maio de 2008


Twittear

Comezan as obras do Gaseoducto de Gas Natural Salceda-Salvaterra



 

Comezan as obras do Gaseoducto de Gas Natural Salceda-Salvaterra que vai a dar servizo ao casco urbano da Esfarrapada.
 
Xa están en execución os proxectos por parte de Gas Galicia e Gas Natural Distribución que van a permitir a chegada do gas natural á Esfarrapada, capital do Concello de Salceda de Caselas. As obras consisten na execución por parte das empresas de dous proxectos que suman un orzamento total de 1.703.428 €. A empresa encargada de levar a cabo a execución de ambos os proxectos é ELECNOR S.A.
1. O proxecto denominado “Punto de entrega de Gas Natural Distribución a Gas
Galicia”, consiste na canalización cunha lonxitude de 510 m, dende o Gaseoducto Porriño-Tui ata o punto de entrega situado nunha parcela municipal na Rega da Lama (Budiño). O investimento deste proxecto ascende a 130.371 €.
2. O proxecto de colector denominado “Ramal MOP=16 bar Salceda de Caselas-
Salvaterra de Miño” abrangue un Gaseoducto de 7.914,08 m que atravesa ao Concello nos lugares de Rega da Lama, Becerreira, Barral e Eido Vello (San Estevo de Budiño), Revolta e Pedrabuxiña (Parderrubias), Pedracarballa e Torrón (Entenza), ata o límite municipal con
Salvaterra onde terá continuidade pola parroquia de Cabreira. O investimento deste proxecto
ascende a 1.573.058 €.
Por outra banda o Gaseoducto continuará a conexión pola parroquia de Cabreira, para suministrar ao Concello de Salvaterra e ao Porto Seco.
Nos próximos días aprobarase a autorización mediante licencia do “Proxecto de autorización de rede de distribución de gas natural no núcleo de Salceda” que. Este proxecto de rede de distribución polas rúas da vila terá unha lonxitude de 6.481 m e un orzamento de 313.919 €.
Fortunato Álvarez, Concelleiro de Vías e Obras agradece “ a coordinación entre os equipos técnicos municipais, e os de Elecnor e Gas Natural, que están a garantir a rapidez nas obras de canalización do gaseoducto que vai permitir distribuir esta fonte de enerxía no centro da vila e facilitar a conexión coa vila de Salvaterra e o Porto Seco”.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda asegura que “ a obra de canalización de gas natural polas rúas da Esfarrapada vai permitir o suministro con gas natural a máis de 4.000 habitantes para usos domésticos e comerciais, e que inclúe a utilización do gas en institucións e equipamentos como Colexios ou o novo Centro de Saúde.
 


Twittear

Saneamento público



 

O Concello de Salceda de Caselas está a levar a cabo as obras de saneamento para recoller as augas fecais dos núcleos de A Bouzavedra (San Xurxo), Revolta (Parderrubias), Carballal (Picoña) e nos edificios da Galescola e centro de Saúde na vila de Salceda.
O orzamento de execución ascende a 55.925,6 € financiados polo Concello de Salceda de Caselas a través do Plan de Cooperación. As obras son executadas pola empresa Norexca, sendo unha entidade local é que, dada a situación económica que se está a atravesar e a problemática de desemprego, o Concello de Salceda aposta polas empresas locais que xeran postos de traballo á xente da localidade.
Esta obra vai a dar servizo a 22 vivendas, sendo os puntos de vital importancia, na realización de dita obra, o do Centro médico e Galescola, onde se viñan dando problemas de malos cheiros, tanto nos mesmos edificios como no seu entorno, permitindo así a futura unión coa depuradora de Guillarei.
Fortunato Álvarez asegura que “unha das obras máis vitais para o futuro de Salceda como vila é a do saneamento, xa que tendo unha boa xestión das augas residuais podemos acabar cos problemas de
contaminación de acuíferos”.
Marcos Besada, alcalde de Salceda, salienta que “este é un paso máis no saneamento integral do Concello tras a posta en marcha da depuradora de Guillarei, co obxetivo final de que todos e todas as
veciñas de Salceda poidan contar con este servizo”. 


Twittear

MELLORA DA SEGURIDADE VIAL EN ENTENZA



O Concello de Salceda de Caselas sigue investindo na mellora das infraestructuras que reflicten nunha mellor calidade de vida dos seus veciños e veciñas.

Recentemente foi adxudicada á empresa COVSA, S.A. a obra de pavimentación da estrada que une o barrio da Feira con Cotello (Entenza), esta pavimentación  consiste na apertura e ensanche de 5 metros, e construción de cunetas que distribúan as augas pluviais.
 
O obxectivo desta obra, financiada en 32,865 € co Plan de Investimentos 2009-
2011 da Deputación Provincial, é o de mellorar as comunicacións existentes entre entre dúas parroquias de Entenza e a parroquia de Cabreira do Concello de Salvaterra.
 
O Concelleiro de Vías e Obras, Fortunato Álvarez, resalta a importancia de ter
unha rede vial óptima tanto para beneficiar aos veciños e veciñas da parroquia como para facilitar a comunicación entre as parroquias de Entenza e Cabreira


Twittear

  • Subsecciones

    • Ir á sección superior
    • Concelleiro
  • Calendario

    Año anterior Mes anterior May - 2013 Mes siguiente Año siguiente
    LunMarMieJueVieSabDom
    0102030405
    06070809101112
    13141516171819
    2021222324
    2526
    2728293031
  • Últimas Noticias

    • O CDL “O TORRÓN” PASARÁ A FORMAR PARTE DA REDE CeMIT
    • ÚNETE A VOLTA CHEGA A SALCEDA
    • O Concello de Salceda está a realizar as Xornadas de Seguridade Vial
    • O CDL DE O TORRÓN ACOLLERÁ ESTÁ SEMANA DÚAS ACTIVIDADES RELACIONADAS CO AUTOEMPREGO
    • En xuño comezan as obras de Saneamento de San Estevo de Budiño
  • Campañas









  • Login





  • O Concello

    • Inicio
    • Saúdo do Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Imaxe corporativa
    • Ordenanzas e regulam.
    • Plenos
    • Descarga de formularios
    • Bandos
    • Rueiro
  • Concellarías/Servizos

    • Alcaldía
    • Tenencia de Alcaldía
    • Cultura
    • Ensino
    • Medio Ambiente
    • Urbanismo
    • Tráfico e transporte
    • Medio Rural
    • Facenda
    • Vías e Obras
    • Sanidade
    • Comercio
    • Mocidade
    • Consumo
  • Turismo

    • Localización xeográfica
    • Puntos para visitar
    • Hostelería
    • Salceda en imaxes
    • Novas
    • Festas
    • Parroquias
  • Información

    • Teléfonos e direccións
    • De interese
    • Novas
    • Enlaces de Interese
    • Boletín Municipal
    • Novas destacadas
    • Eventos
    • Autobuses
    • Taxis
    • Publicacións do Concello
  • Emprego e Formación

    • Ofertas de traballo
    • Novas
    • Formación
  • Perfil do Contratante

    • OBRAS
    • SERVIZOS
    • SUMINISTROS
    • XESTION DE SERVIZOS

Concello de Salceda de Caselas
r/Praza do Concello s/n
telf 986 34 90 03 - fax 986 34 74 01
Copyright © 2012. Feito por ContaLocal