Protección Civil, en colaboración co Instituto Nacional de Meteoroloxía, encárgase de informar ós cidadáns, a través dos medios de comunicación, daqueles fenómenos meteorolóxicos que poden dar lugar a situacións de risco.
Ante estas situacións, é moi importante permanecer atento ás informacións oficiais transmitidas a través das emisoras de radio e doutros medios, e seguilas indicaciónsque se den.
Treboadas no Campo
Ante unha situación de risco provocada por unha treboada no campo, é recomendabel:
* Evitar permanecer no alto dos outeiros e non refuxarse debaixo das árbores, sobre todo, se están solitarios.
* Afastarse de alambradas, verxas e outros obxectos ,metálicos.
* Se vai conducindo e vese sorprendido por unha treboada, recorde que un vehículo pechado pode ser un bo refuxo. En todo caso, disminúa a velocidade, extreme as precaucións e non se deteña en zonas onde poida discurrir gran cantidade de auga.
Treboadas na Cidade
O perigo das treboadas para as persoas prodúcese, fundamentalmente, en campo aberto. Non obstante, dentro dos núcleos urbanos tamén ha perigo de raios. Por tanto, convén ter presente que:
* Na rúa, o abrigo dos edificios protexe do risco das descargas.
* Dentro de casa, hai que coidar que non se produzan correntes de aire, pois estas atraen os raios. De aí a recomendación de pechar portas e xanelaes en caso de treboada.
* Tamén convén protexer os eletrodomésticos, ordenadores, etc. ... desenchufándoos para evitar que sexan danados por unha subida de tensión ou que ocasionen descargas eléctricas.
Trombas de auga
Se lle sorprende unha treboada e empeza a chover de maneira torrencial, pense que o risco de inundación existe e, por tanto, é recomendabel tomar determinadas precaucións.
En caso de que o augaceiro lle sorprenda conducindo na estrada, non atravese co seu vehículo os tramos que estean inundados. A forza do auga pode arrastralo ó facer flotar o vehículo.
Tamén é importante localizar os puntos máis altos da zona onde se atope, xa que pode necesitar dirixirse a eles en caso de posibel inundación.
Se é posibel, intente sintonizar as emisoras de radio locais, que seguramente lle informarán das prediccións meteorolóxicas para a zona en que se atope.
Lembre
As medidas de prevención axudan a reducilo dano que pode derivarse dos desastres. En caso de emerxencia, coñecer algunhas pautas de autoprotección, axuda a tomar decisións que poden favorecer tanto a súa seguridade como a dos demais.