
Centro Cutural o Coto
A parroquia de San Esteban de Budiño, ó S.O. concello e situado na bisbarra natural de "A Louriña", ocupa parte da depresión das chamadas "Gándaras Budiño".
Esta parroquia é o asentamento industrial e tamén acollle un espazo de relevante importancia a nivel paisaxístico e de protección, sendo un lugar protexido polo tipo de hábitat que presenta.
De posible orixe común coa súa parroquia veciña de San Salvador de Budiño (O Porriño), aparece independizada da mesma a mediados do século XIII.
Foi couto de señorío desde a Idade Media ata o século XIX, e pertenceu ó Cabildo Eclesiástico da Catedral de Tui.
Nesta parroquia é moi popular a romaría en honra da Nosa Señora do Libramento.
O seu centro comercial e industrial é O Cerquido. Pola influencia do polígono de desenvolvemento de O Porriño ten instalacións dedicadas a construcción metálicas, materiais plásticos, transformación de pedras, etc. o que o fan a zona industrial principal do Concello.

O espazo natural das Gándaras de Budiño ten importancia pola presenza de hábitats de interese a nivel europeo dos que dependen numerosas aves tanto residentes como invernantes. Esta zona húmida resulta de ser de importancia nos pasos migratorios das aves. É un espazo Rede Natura 200 contando co caracter protector por ser un LIC (lugar de interese comunitario) e ZEPVN (zona especial de protección por valores naturais)
No LIC identificamos 16 hábitats recollidos na Directiva Europea DC 92/43/CEE.
Os grupos de hábitats que aparecen son:
Grupo 3: Hábitats de auga doce
Grupo 4: Queirogas e matogueiras de zonas mornas
Grupo 6: Formacións herbosas naturais e seminaturais
Grupo 7: Turbeiras altas, baixas e áreas lamacetas
Grupo 9: Bosques
Destes o 16 e o 5 son de caracter prioritario.
Nesta zona atópase na actualidade o Sendeiro dos humidais que atravesa parte da zona protexida.

Senda dos Humidais