Está situada ó pé dunha cordilleira que se prolonga de Norte a Oeste, sobre unha ampla chaira que forma a vega do río Caselas.
Santa María de Salceda, discutido nome, debe a súa orixe a un Mosteiro da Regra de San Bieito, fundado polo ano 914 pola Raíña Dona Aragonta, esposa repudiada de Ordoño II, este mosteiro era dúplice, é dicir, de monxes e monxas. Aínda hoxe as vegas que se atopan ó lado da igrexa parroquial coñécense polo nome de vegas do "mosteiro".
A freguesía de Santa María de Salceda foi adquirida por Alemparte Correa ó rei Felipe II, para asentar nela a casa-pazo de Pegullal.
Coroando o balcón do pazo de Aballe, restaurado, respetando as súas formas orixinais, hai un anxo suxeitando o sol que dá orixe ó escudo de armas do Concello.
A praza, humanizada no ano 2009, no medio da praza pódese ver un cruceiro coñecido polo nome de "O Cristo" (ano 1655).

Arredor da praza sitúanse a Casa da Cultura, onde se atopa a OMIX, sala de exposicións e biblioteca que foi inaugurada no ano 2009 e a Casa do Concello e Auditorio que foran inauguradas no ano 2006.

Casa da cultura Daniel Rodríguez Castelao

Casa do Concello

Casa da Música

No lugar de A Gándara atópase o parque infantil cunha zona axardinada e as piscinas.

Pazo de Pegullal

Pazo de Avalle
O Pazo de Pegullal, que foi construído no século XVIII, con estructura en forma de "U", conta cunha dobre escalinata de acceso que acaba nunha solana de balaustradas. Hay que destacar a súa finca, que comprende unha capela dobremente blasonada, un singular hórreo de case catorce metros de lonxitude, cun portalón monumental co escudo de armas da casa.
O Pazo de Aballe trátase dunha construcción barroca, con belo portal de entrada, escalinata que acaba nunha suntuosa solana.


Parque dos Agoeiros

Xavarís

Parque etnográfico do río Caselas