Salceda de Caselas aproba unha ordenanza que grava a bancos e caixas pola instalación de caixeiros automáticos na fachada das entidades financieiras.
Un novo concepto permitirá aportar novos ingresos as arcas municipais e neste caso non repercutindo no cidadán se non nas sucursais bancarias.
O concello de Salceda de Caselas ven de aprobar en pleno unha nova ordenanza o que lle permitirá cobrar a partir do próximo ano unha tasa a bancos e caixas de aforros polo funcionamiento de caixeiros automáticos que estén situados nas fachadas das entidades financieiras ou en vías públicas.
A ordenanza regula a utilización privativa ou o aproveitamento especial dos terreos de dominio público local, ainda cando se leve a efecto sin a preceptiva licencia o concesión posto que están facendo un uso de terreo municipal, como pode ser as beirarrúas.
O concelleiro de Economía e Facenda José Luis González declara “é xusto, que se pagan outras actividades cando fan uso do dominio público, pague tamén a banca cando se sirve da beirrarúa para desenrolar un negocio lucrativo no seu propio interés. A banca aportará novos ingresos ás arcas municipais sen que repercuta no ciudadán, nun momento en que a entrada de cartos se reduce e se pretende seguir mantendo todos os servizos públicos municipais cos que conta Salceda de Caselas a día de hoxe.
A ordeanza ven dando cumprimento a unha das medidas recollida no plan de axuste para acollerse ó pago a proveedores e que o concello elaborou recentemente o cal contou coa aprobación do Ministerio de Hacienda e que permitirá facer fronte ó pago de facturas ós proveedores.