Dende a Concellaría de Medio Ambiente tiveron lugar as Primeiras Xornadas de achegamento á Agricultura Ecolóxica que este sábado 27 terán o seu fin coa visita á finca da Corisca. Para poder participar na visita, poderase facer a través dunha preinscripción na páxina web do concello en www.salcedadecaselas.es antes do venres 26. O custe da actividade será de 2,5 € e os asistentes poderán formar parte da degustación de produtos ecolóxicos e dunha degustación do viño da Corisca.
A saída se fará ás 10:00 dende o Centro Cultural de Entenza, dende onde se partirá camiñando ata a Finca da Corisca e unha vez alí se procederá á visita da finca para coñecer o procedemento de producción de viño ecolóxico.
Con esta actividade marcarase aprimeira etapa de posta en contacto coa agricultura ecolóxica, que xa se iniciou o 8 de marzo coa I Charla-Coloquio: A alimentación saudable. A resposta da cidadanía ás charlas foi moi positiva sendo moi concurrida a asistencia a cada unha das charlas que se fixeron. A importancia de onde procede o que inxerimos é un tema que preocupa a moitos, xa que moitas das patoloxías que padecemos na actualidade poderían regularse cunha boa alimentación libre de pesticidas e de trasxénicos. Ademáis da importancia alimentaria, hai que agregarlle o equilibrio medioambiental na sustentabilidade dos ecosistemas que seconsiguen con este tipo de cultivos.
Cándido Lorenzo, concelleiro de medioambiete, insiste en que, "O Concello ten o compromiso de instruir á cidadanía para mellorar a súa calidade de vida, e de mellorar o noso entorno. É moi importante que as persoas poidan decidir qué produtos demanda para comer, e que poida cultivar os seus propios produtos ecolóxicos sen fitocidas. O Concello na medida do posible continuará a realizar Xornadas de Producción Ecolóxica, coa finalidade de que a maior parte dos nosos veciños poidan realizar a unha producción máis ecolóxica, ademáis de poder proporcionarlles unha saída laboral, xa que na actualidade existe unha gran demanda deste tipo de produtos".
Gabinete de prensa
Salceda de Caselas a 23 de Abril do 2013
Dende a Concellaría de Medio ambiente dirixida por Cándido Lorenzo, se realizara unha primeira charla-coloquio acerca da Producción Ecolóxica e a súa cabida no Concello de Salceda de Caselas.
CONVOCATORIAS: ACTIVIDADES: CURSOS, SEMINARIOS, CAMPAÑAS, CONGRESOS : GALICIA
CURSO DE EDUCADOR AMBIENTAL
http://www.institutoerudite.org/index_10.htm
Contido: - Crise ambiental e resposta educativa. - Fundamentos da educación ambiental. - Ámbitos de intervención da educación ambiental. - Metodoloxías, técnicas e recursos para o traballo en educación ambiental.
Lugar: A distancia.
Organizador: Instituto Erudite. Investigación Social e Ambiental.
Data de inscrición: Ata o 15 de xullo de 2013.
Data de inicio:
Data de fin:
O Concello de Salceda de Caselas acollerá na Casa da Cultura unha charla sobre a Producción Ecolóxica
A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Salceda de Caselas convida a asistir á I Charla-Coloquio da Alimentación Saúdable.
O acto terá lugar na Casa da Cultura ás 20:00 do venres 8 de Marzo, para a cal contaremos coa presencia de membros da Fundación Desarrollo Producto Ecolóxico de Galicia, como son Óscar Rancaño que se centrará nos beneficios de cara a saúde do consumo de Produtos ecolóxicos, Nicolás Andión e Alfonso Uzal que nos falaran sobre os proxectos que están a desenvolver de cara á producción ecolóxica.

Rematará o acto cunha mesa redonda á cal están convidados representantes de Bodegas Corisca que producen e comercializan viños ecolóxico, membros da Tabertenda, que se encarga da venta de produtos ecolóxicos en Salceda, e Productores de Agricultura Ecolóxica da zona.
Dende o Concello se quere realizar unha chamada a todos os veciños e veciñas de Salceda para que asistan a esta charla coa finalidade de coñecer as vantaxes que supón de cara a saúde o consumo de produtos libres de químicos, así como a produción e comercio dos produtos.
Tamén se quere iniciar unha nova etapa onde se realizarán charlas que den as pautas básicas de cómo realizar a producción ecolóxica para o autoconsumo.
Cándido Lorenzo, Concelleiro de Medio Ambiente de Salceda, asegura que "é moi importante coñecer as alternativas presentes no mercado para garantir unha alimentación saúdable, nunha época na que existen tantas patoloxías asociadas á mala alimentación e ao consumo excesivo de químicos nos produtos que diariamente inxerimos. Ademáis do problema da saúde relacionada coa alimentación, hai que facer fincapé na destrucción que o cultivo intensivo e os fitocidas empregados crean no solo, volvendo a terra infértil".



Nos vindeiros meses os veciños e veciñas de Salceda de Caselas poderán disfrutar do novo tramo que conectará coa Senda xa existente do “Rubal-As Pontes”
O Concello de Salceda de Caselas está a executar as obras da “Senda Peonil, que corresponde á primeira fase:Tramo As Pontes- Pombal de Antero” do “Proxecto de Recuperación Ambiental e Senda Peonil no río Caselas entre As Pontes-Regadas” que é a continuación, augas abaixo, do actual paseo O Rubal-As Pontes.
O novo proxecto de senda fluvial na marxe do río Caselas conta cunha lonxitude de 559,70 metros e dous metros de ancho, asentada cunha base de zahorra natural compactada para proporcionar a estabilidade axeitada á Senda. Vai a contar cunha rampa de madeira asentada sobre muros de pedra, no punto de inicio da senda en As Pontes, e dous pontillóns de pedra para salvar as sangras de desagüe que verten, de forma natural, ao río Caselas. Finalizando na Ribeira (Pombal de Anteiro), situado na estrada Salceda-Paxariña, atravesando os lugares de As Pontes, Curtiñales.
O financiamento do tramo vaise a realizar a través de fondos propios aprobados nos orzamentos do 2012 e corresponde a unha partida de 29.178 euros. A empresa adxudicataria é Construccións Magonfer S.L, baixo a dirección de obra do proxecto “Recuperación Ambiental e Senda Peonil no Río Caselas: Fase I. Tramo As Pontes-Pombal de Antero” por parte do enxeñeiro Julio Piñeiro.
Unha vez finalizada esta primeira fase de actuación continuarase o proxecto a través do Plan de Investimento da Deputación 2012-2013 da Segunda fase de execución que continuará a Senda Fluvial dende A Ribeira ata chegar “As Regadas”, para o que contamos coas asinaturas de 127 propietarios que cederon os seus terreos para a realización do proxecto.
A Recuperación Ambiental do entorno e a creación dunha senda Peonil na marxe dereita do Río Caselas pon en valor unha zona abandonada, para o seu aproveitamento como zona de esparcimento e ocio de cara os veciños e veciñas de Salceda e todas as persoas que visiten o noso Concello, dando unha continuidade á Senda Fluvial xa existente dende o Rubal-As Pontes”.
Cándido Lorenzo, Concelleiro de Medioambiente, asegura que “é unha aposta que xa ben facendo o Concello de Salceda de Caselas para recuperar as ribeiras do Río Caselas. É moi importante por en valor as áreas fluviais que tanta riqueza en canto a diversidade de flora e fauna acolle nas súas ribeiras, evitando o estado de degradación ao que están expostas na actualidade”. “O río é unha fonte de
vida que temos que respetar e coidar”.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda, asegura que “cumplirei co compromiso adoptado con todos os veciños e veciñas de Salceda de continuar a senda fluvial polo río Caselas, nesta primeira fase ata A Ribeira, e nunha segunda fase se vai a chegar ata “As Regadas”. Traballando arreo e garantindo unha boa Xestión é posible cumplir cos nosos compromisos cos nosos veciños e veciñas”

Este ano contaremos coa presencia de Oscar Requejo e de Marisa Castro, directora do Departamento de Micoloxía da Universidade de Vigo
O sábado 1 de Decembro, Salceda acollerá a II Aula aberta da Micoloxía. A partir das 16:00 todas as persoas interesadas poderán achegarse ao Muíño das Covas, na Senda Peonil d Río Caselas, de onde partirá a exposición de cogumelos coa explicación que impartirá Óscar Requejo sobre o aproveitamento e importancia dos fungos, recorreranse así os catro muíños finalizando no Muíño de Marcial.
Unha vez rematada a visita guiada, o Auditorio Municipal, acollerá a presentación do Catálogo Micolóxico do Río Caselas, e que terá lugar ás 19:30, por Oscar Requejo, para dar paso á conferencia que presentará Marisa Castro, directora do departartamento de Micoloxía da Universidad de Vigo, que se centrará na Historia da Micoloxía de Salceda de Caselas.
Ao remataro acto, as persoas que estén interesadas na degustación de pratos eleaborados con fungos O Restaurante Latas, Copas e Puros, ubicado na parroquia de San Estevo, ofrece un Menú degustación Micolóxico. Todas as persoas que estén interesadas en participar na degustación do menú, poderán realizar a súa reserva no Restaurante de Budiño. Os teléfonos de contacto son 615911277 e 986346882 ou ben entrando na páxina web www.latascopasypuros.es.
Dende a Concellaría de Medio Ambiente se lle quere dar cabida a este tipo de actividades sobretodo nun ano no que os micólogos se ven favorecidos, grazas ás condicións metereolóxicas que propician á dispersión dos fungos creando unha gran abundancia e diversidade neste ano.
O Concelleiro Cándido Lorenzo asegura que é moi importante coñecer os fungos e poder distiguir aqueles comestibles, xa que este ano trala intoxicación de varias persoas e o crecemento da afición de persoas a este mundo, crea a necesidade de tentar transmitir a máxima información posible sobre o mundo da Micoloxía. E sobre todo difundir o interese do monte e os seus aproveitamentos complementarios á madeira, para que entre todos o poidamos coidar da mellor maneira posible.