• O Concello
    • Inicio
    • Saúdo do Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Imaxe corporativa
    • Ordenanzas e regulam.
    • Plenos
    • Descarga de formularios
      • Alcaldía
      • Sumidoiros
      • Comercio
      • Consumo
      • Contratación
      • Emprego
      • Facenda municipal
      • Impostos
      • Medio ambiente
      • Padrón habitantes
      • Protección Civil
      • Recollida do lixo
      • Secretaría xeral
      • Servicios Sociais
      • Subvencións
      • Urbanismo
      • Vehículos
      • Educación
      • Xulgado de Paz
    • Bandos
      • Ano actual
      • Anos anteriores
    • Rueiro
  • Concellarías/Servizos
    • Alcaldía
      • Alcalde
      • FALA CO ALCADE
    • Tenencia de Alcaldía
      • Benestar Social e Igualdade
      • Emprego e Formación
      • Deportes
      • Voluntariado
    • Cultura
      • Concelleira
      • Bibliotecas
      • Certames e festexos
      • Arquivo da memoria
    • Ensino
      • Concelleira
    • Medio Ambiente
      • Concelleiro
      • Libro de flora do río Caselas
      • Roteiros
      • Roteiros "coñece o teu entorno"
      • Actividades
    • Urbanismo
      • Concelleiro
    • Tráfico e transporte
      • Concelleiro
      • Autobuses
      • Parada de táxis
    • Medio Rural
      • Concelleiro
      • Subvencións
    • Facenda
      • Concelleiro
    • Vías e Obras
      • Concelleiro
    • Sanidade
      • Concelleira
      • Actos
    • Comercio
      • Concelleira
      • Impresos
    • Mocidade
      • OMIX
      • Concelleira
    • Consumo
      • Concelleira
      • OMIC
  • Turismo
    • Localización xeográfica
    • Puntos para visitar
      • Turismo Cultural
      • Turismo Natural
      • Turismo Activo
      • Curiosidades
      • Parque Etnográfico Río Caselas
    • Hostelería
    • Salceda en imaxes
      • Monumentos
      • Fotos antigas
      • Vistas
      • Casco urbano
      • Festa da camelia
      • Entroido 2013
      • Espazos naturais
    • Novas
    • Festas
    • Parroquias
      • A Picoña
      • Budiño
      • Entenza
      • Parderrubias
      • San Xurxo
      • Santa María de Salceda
      • Soutelo
  • Información
    • Teléfonos e direccións
      • Persoal do Concello
      • Asociacións
      • Deputación Provincial
      • Teléfonos Estado
      • Teléfonos de Urxencias
      • Teléfonos Varios
      • Xunta de Galiza
    • De interese
    • Novas
    • Enlaces de Interese
    • Boletín Municipal
    • Novas destacadas
    • Eventos
    • Autobuses
    • Taxis
    • Publicacións do Concello
  • Emprego e Formación
    • Ofertas de traballo
    • Novas
    • Formación
  • Perfil do Contratante
    • OBRAS
    • SERVIZOS
    • SUMINISTROS
    • XESTION DE SERVIZOS



Novas

Inicio  »  Información  »  Novas

O CDL DE O TORRÓN ACOLLERÁ ESTÁ SEMANA DÚAS ACTIVIDADES RELACIONADAS CO AUTOEMPREGO



 

Os días 22 e 24 de maio, de 9:30 a 14:30 horas terá lugar un seminario de inserción laboral (autoemprego cooperativo). Este seminario é organizado pola Unión de Cooperativas de Traballo Asociado-UGACOTA, en colaboración coa Oficina de Fomento Cooperativo da Mancomunidade de Vigo e o Concello de Salceda.

Este seminario ten unha duración de 10 horas, cun obxectivo principal que é achegar o modelo cooperativo á cidadania, e en especial a persoas desempregadas que poden optar á fórmula do autoemprego cooperativo. No mesmo, tamén se darán a coñecer casos reais e experiencias cooperativas de interese e se analizarán as potencialidades do seu entorno.

Os interesados en participar nesta acción formativa poden inscribirse na concellería de emprego e formación ou no técnico de emprego ubicado no CDL de O Torrón.

Por outra banda, o xoves 23 o CDL de O Torrón acollerá de 16:00 a 21:00 horas unha Xornada de Autoemprendemento para a mocidade. Os veciños e veciñas interesadas en montar un negocio poderán informarse de balde nesta xornada.

Esta xornada é organizada pola dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar.

Neste caso os interesados deberán anotarse no Técnico de Emprego ou na OMIX (Casa da Cultura).


Twittear

En xuño comezan as obras de Saneamento de San Estevo de Budiño



 

 
Cun investimento de 1.521.321,40 € vai sanear a maior área industrial do Concello, no Cerquido e beneficiará tamén a 130 vivendas.
 
As obras de Saneamento de San Estevo de Budiño, do Concello de Salceda de Caselas, darán comezo no mes de Xuño, tras asinar a acta de replanteo prevista para o vindeiro 29 de Maio. Así llo transmitiu ao Concello á Consellaría de Medio Ambiente na reunión de Coordinación dos traballos, celebrada recentemente, e presidida polo Alcalde de Salceda, Marcos Besada Pérez, na que participaron Alberto Bosquet, Director de Obra de Augas de Galicia, Susana Pérez, de Augas de Galicia, Pedro Cañas, Xefe de Obra de FCC, Fortunato Álvarez González, Concelleiro de Vías e Obras e Loli Castiñeira Concelleira de Abastecemento.
 
A obra conta cun cunha inversión de 1.521.321,40 € dividido en tres anualidades, o que a convirte na maior obra de saneamento realizada na historia de Salceda. Consta da instalación de 6,6 km de lonxitude de colectores, dos que 2,8 km corresponden á Rede Xeral e o resto á Rede Secundaria. O prazo de execución da obra é de 8 meses.
 
A rede dará servizo á zona industrial do Cerquido e a unhas 130 vivendas de Budiño dos barrios de Rubindo, Bouzapanda, A Lomba, A Urgueira e O Cerquido e eliminará os verquidos ás Gándaras do Cerquido, espazo protexido no Rede Natura 2000'.
 
A Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras aprobara a Colaboración técnicofinancieira da Xunta de Galicia para a execución deste proxecto co Concello de Salceda de Caselas no Consello da Xunta do 21 de xuño do ano 2012. Trala licitación do proxecto resultou adxudicataria a empresa Fomento de Construccións e Contratas (FCC).
 
O Proxecto definitivo, tras sucesivas modificacións dende febreiro do 2009, fora aprobado no Pleno de Salceda o 28 de outubro do 2011.
 
Marcos Besada, Alcalde de Salceda, resaltou que "por fin se vai a executar unha obra importantísima para Salceda, xa que desta maneira quedará saneada a única zona industrial do Concello, a Área Industrial do Cerquido, onde as empresas tiñan, dende hai tempo, varias advertencias da Confederación Hidrográfica para cancelar os verquidos que se producían ao río Tinto e ao río Louro, e boa parte das vivendas da parroquia de San Estebo de Budiño".


Twittear

PRIMEIRA MOSTRA DA ARTESANÍA EN SALCEDA DE CASELAS



 

OPROXECTO DRAGONFLY ORGANIZA EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE SALCEDA, a terceira edición da DragonMarket, que este ano, se celebrará por primeira vez no Concello de Salceda o vindeiro sábado 18 de maio, naPraza do Concello.

Esta mostra de artesanía terá un horario de 10.00h a 22.00h, e durante todo o día poderán disfrutar de fotografía vintage, comida vegana, repostería moderna, flash mob, ilustracións, antigüidades, reciclaxe, moda, música, arte e artesanías.
O mercado dinamizarase con actuacións para nenos, obradoiros,xogos, etc.

Esta idea nace coobxetivo, de que a mostra de artesanía se repita cada terceiro sábado de mes, naPraza do Concello.

A Concelleira de Turismo, Loli Castiñeira, convida a todos os veiñas e veciñosda vila e dos concellos próximos  a que seacheguen a visitar a feira e a que disfruten do atractivo desta.


Twittear

VI Andaina Concello Salceda de Caselas



 

Xa está en marcha o periodo de inscripcións para a VI Andaina de 30 ou 50 km organizada polo Centro Cultural do Coto
 
Xa está aberto o periodo de inscripciós para a VI Andaina de 30 ou 50 km polo Concello de Salceda de Caselas, organizada polos integrantes do Centro Cultural do Coto.É a única Andaina que se realiza na provincia de Pontevedra e que está na copa de Galicia de Andainas.
 
A cita terá lugar o próximo día 1 de Xuño do 2013, tendo como punto de partida o Centro Cultural de O Coto ás 9 da mañá. Os camiñantes percorrerán as Ribeiras do Río Tinto, Caselas, Miño e ouro, disfrutando do entorno ripícola que acompañará gran parte do percorrido que transcurrirá maioritariamente polo Concello de Salceda de Caselas, así coma por determinados puntos dos Concellos de O Porriño, Salvaterra e Tui.
 
A Andaina componse por dous percorridos coincidentes de 30 km, de maior llanura e de grao de dificultade fácil, e o de 50 km que terá algúns desniveis que trán lugar nos primeiros 20 km, sendo o percorrido posterior de maior facilidade.
 
Todas as persoas que desexen participar poderán inscribirse en http://bretema.uvigo.es/andaina.htm, no correo electrónico manolo-andarin@hotmail.com. É moi importante inscribirse antes do 24 de maio, xa que é a data límite para anotarse a Andaina. O custe da Andaina é de 12 € por pesona, 10€ para as persoas que están federadas.
 
Xa son moitas as edicións realizadas polo Centro Cultural do Coto, que cada ano conta con máis de 700 participantes que percorren o noso territorio. É unha laboura e gran implicación por parte dos veciños que traballan arreo para a organización da camiñata que permite, ademáis da realización da proba deportiva o coñecemento do medio natural do noso entorno.

 

VI Andaina Concello Salceda de Caselas

Copa Galicia de 50 km (2013)

Inscrición en: http://bretema.uvigo.es/andaina.htm


Twittear

DOMINGO GASTRONÓMICO EN SALCEDA



 

A Casa da Cultura Castelao, en Salceda de Caselas, ven de acoller a presentación do domingo gastronómico que se vai celebrar este domingo día 12 en Salceda. Tres parroquias do municipio acollerán outras tantas festas gastronómicas, formando así unha mañá de domingo gastronómica con productos para tódolos gustos.

VII Festa do polbo en San Xurxo

Organizada pola Comisión de Festas Santa Bárbara 2013. O seu presidente, Juan Manuel Lemos anunciou que se venderán tapas a 10 € e racións a 17 €. Ademáis contarán con productos complementarios como empanada, tortilla ou callos. A festa celebrarase a partires das 11:00 no torreiro de festas de San Xurxo.

II Festa do bacallau á brasa en Budiño

Organizada polo Centro Cultural O Coto. Na rolda de prensa estivo a súa vicepresidenta Violeta Trigo, que confirmou que a ración de bacallau con cachelos, pan e viño venderase a un prezo de 7 €. A festa celébrase no Centro Cultural O Coto de Budiño, e complementa a súa programación coa celebración dun mercadiño no que se poderán atopar artigos tanto novos como de segunda man, e no que se abrirá tamén a posibilidade de facer trocos en vez de compra-venta.

I Festa da angula en Soutelo

Organizada pola Comisión de Festas de San Liborio 2013. Luis Lamas, un dos componentes de dita comisión estivo tamén presente no acto. Neste caso a ración de angula venderase a 28 €, existindo tamén a posibilidade de mercar os vales anticipados por 25 €. Completan tamén a oferta gastronómica con callos, xamón asado e empanada. A parroquia de Soutelo conta con viveiros de meixón, e a comisión quixo agradecer a súa colaboración coa festa.

Loli Castiñeira, Concelleira de Turismo aproveitou para convidar a salcedenses e foráneos a disfrutar deste domingo gastronómico en Salceda. “É a ocasión perfecta para pasar o día en Salceda e disfrutar do entorno, as sendas, os espazos naturais…”

Teresa Pérez, Concelleira de Festas, salientou unha vez máis o dinamismo da sociedade salcedense. “Temos o orgullo de ter un tecido asociativo imparable, con moitas ganas de facer actividades. Salceda é coñecida xa pola grande cantidade de festas e actos culturais que se celebran prácticamente tódolos fins de semana, e este domingo gastronómico é a mellor mostra disto”.


Twittear

I 10K CONCELLO DE SALCEDA



 

Os participantes da “I 10K Concello de Salceda” sustituiron aos coches nas rúas da vila o pasado domingo 5 de maio.

Un total 858 atletas repartidos nas distintas carreiras percorreron 10000, 2500, 1000, 500 e 150 metros, segundo a categoría na que participaban.

A carreira absoluta, que tivo a súa salida ás 10:30 horas, percorreu 10000 metros por varias das parroquias do concello ademáis de parte do casco urbano. Nesta carreira absoluta os mellores tempos foron para Santiago López Rodríguez (31,47 min.), Daniel Bargiela Araujo (32,23 min.) e José Alberto Dasilva (34,16 min); no caso das féminas os mellores tempos foron para Ariana González Verde (42,06 min.), Ana Belén González Garrido (43,38 min.) e Mónica Gonzáles Rocha (46,01 min.). No caso da mellor salcedense nas categorías absolutas, Davinia Vaqueiro Martínez fixo un tempo de 45,09 min.

No resto das carreiras participaron rapaces nados entre os anos 1998-2000 (categoría A-2500 metros), do 2001-2003 (categoría B-1000 metros), nados entre o 2004-2006 (categoría C - 500 metros) e do 2007-2011 (categoría pitufos  - 150 metros).

A Concellería de Deportes, que dirixe a tenente alcalde Marina Cabaleiro quere agradecer especialmente a colaboración da Bolsa de Voluntarios de Salceda, Policía Local, Voluntarios de Protección Civil, Escolas Deportivas Municipais e empregados do concello que se volcaron na organización deste acto.

Tampouco queremos esquecernos do agradecemento ás 35 casas colaboradores (comercios, hoteis, hostelería, talleres...) que subvencionaron os agasallos que se entregaron cos trofeos aos gañadores da categoría absoluta.

En total entregáronse 60 trofeos nas distintas categorías da carreira absoluta e 48 trofeos nas categorías menores. En todas as carreiras se entregaron premios aos mellores tempos e tamén aos primeiros salcedenses.

Marina Cabaleiro “despois da boa acollida desta carreira, e das felicitacións pola organización e diseño do percorrido que nos están chegando, non dudamos en volver a facer a segunda edicción o próximo ano. Estamos moi contentos do resultado xa que tivemos o centro da vila e moitas das parroquias cheas de xente o longo de toda a mañá do domingo animando os atletas”


Twittear

VI CERTAME DE FOTOGRAFÍA “VIAXANDO” EXPOSICIÓN EN SALCEDA DO 6 AO 31 DE MAIO



 

 

A VI edición do Certame de Fotografía “Viaxando” organizado pola Casa da Xuventude de Tui, e as Oficinas Municipais de Información Xuvenil (OMIX) de Salceda de Caselas, A Guarda, O Rosal, Tomiño, O Porriño, Gondomar e Baiona, chega por fin a Salceda despois de percorrer os distintos concellos da Comarca.

Nesta edición correspondente ao ano 2012 foron presentados 50 traballos e o concello coordinador foi o da Guarda.

O xurado formado polos fotógrafos José Angel Gándara, Wladimir Brey e polos responsables das páxinas de información Galiciasuroeste e Infomiño respectivamente, Antón Ferreira e Jorge Alonso, proclamaron como gañadora a foto titulada Lluvia en Oxford Street, da moza de Nigrán Iolanda Gómez Fernández.

A foto foi seleccionada de entre fotografías presentadas por mozos e mozas de distintas procedencias, non só dos municipios participantes, que realizan un colorido e diverso percorrido  a temática Viaxando.

Esta exposición está tamén integrada no OUTONO FOTOGRÁFICO organizado pola Casa da Xuventude de Ourense.

A inauguración en Salceda tivo lugar na Casa da Cultura o venres día 3 de maio coa presenza do alcalde Marcos David Besada Pérez e a concelleira de mocidade Loli Castiñeira; e aquí estará ata o día 31 de maio.

Coas bases da edición de 2013 (a que será a VII) a puntiño de saír do forno, chega a nosa vila unha actividade con grande tirón entre a mocidade de Salceda, pois das 6 edicións anteriores houbo tres gañadores pertencentes ao concello de Salceda. 


Twittear

BANDO CHURRASQUEIROS



 

O ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS FAI SABER
 
Para a realización de fogueiras de preparación de alimentos, o interesado ou interesados en realizalas: Teñen que solicitar o permiso ao propietario do espazo recreativo (comunidade de montes, asociacións de veciños, municipal, etc).
 
O Concello non ten competencia para dar o permiso de realización de fogatas con fins de preparación de alimentos, polo que o interesado ou interesada as poderá realizar sempre e cando conte co permiso do propietario da área e que non sexa nunca:
 
Durante a época de alto risco ou fóra de dita época pero cun elevado Indice Diario de Risco de Incendios IRDI, cuxa consulta diaria pode realizarse na páxina: http://mediorural.xunta.es/areas/forestal/incendios_forestais/irdi/ onde está totalmente prohibida a realización das fogueiras.
 
Tampouco a Consellaría de Medio Rural ten aprobado o Regulamento para a utilización de asadeiros cubertos, para poder realizar este tipo de prácticas en churrasqueiros cubertos.
 
Salceda de Caselas, a 3 de maiode 2013
O Alcalde - Presidente
Asdo.- Marcos


Twittear

Limpeza de fincas e áreas de bosque



O ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS

FAI SABER

As condicións meteorolóxicas con rexistros de alta pluviosidade deste inverno, está a propiciar coa axuda de temperaturas máis elevadas na época da primavera, a un crecemento da biomasa forestal elevado, o cal conleva a un importate factor de alerta de cara ás condicións óptimas de propagación de incendios forestais. As zonas próximas a vivendas son de carácter prioritario por posibilidade de propagación de incendios ás vivendas.

O estado actual das áreas forestais e rurais, presenta parcelas con abundante maleza, e a cobertura árborea  presenta abundante ramosidade. Gran parte das ramas están caidas ou en risco de caerse, o cal provoca que as vías públicas se vexan cheas de ramaxe e follaxe, co conseguinte perigo para a circulación de vehículos e para os viandantes que conleva, xa que no caso de que se producira un accidente por mor da follaxe existente na vía pública o Concello reclamará a responsabilidade aos propietarios dos terreos e parcelas.

A isto se lle incrementa a problemática da desparición do GRUMIR, corpo encargado, entre outras labouras de intervención, da realización de tarefas de Prevención de Incendios Forestais, a través da realización de traballos silvícolas imprescindibles para acondicionar as áreas, xerando a discontinuidade vexetal da maleza e do estrato arbóreo, que permite unha maior seguridade para combatir os Incendios Forestais. E que sobre todo eran un corpo de intervención inmediata na caída de arborado ou ramosidade na vía pública, axilizando a eliminación do obstáculo, e que agora, os propietarios terán que realizar esas tarefas de acondicionamento das súas parcelas, evitando o derrumbamento de árbores.

Dende o Concello recordase a todos os propietarios de parcelas a obriga que os artigos 9 e 199 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia, establecen ao respecto, esto é os terreos e parcelas deben estar limpas de malezas e deberase de proceder á poda das árbores de maneira tal que as polas das mesmas non sobrevoen a vía pública, xa que do contrario o Concello verase obrigado a iniciar expediente de reposición medioambiental, coa finalidade de que se proceda a limpeza das parcelas e a poda dar árbores a efectos de mantelas nas debidas condicións de seguridade, salubridade e ornato público.

Débese advertir que no caso de que non se dirá cumprimento ó ordenado polo Concello, a Lei establece a posibilidade de impoñer multas coercitivas de 300 a 6.000 euros reiterables ata lograr o cumprimento do ordenado.

Por iso, e en aras a evitar prexuízos tanto para os propietarios das parcelas como para o Concello de Salceda de Caselas, infórmase a todos os propietarios de terreos e parcelas que procedan a limpeza da maleza das súas propiedades, así como a evitar que as polas das árbores voen sobre a vía pública, debendo proceder a súa poda no caso de que así fora, para evitar posibles accidentes na vía pública.

O que se anuncia para público coñecemento

Salceda de Caselas, a 30 de Abril de 2013

O Alcalde - Presidente

Asdo.- Marcos David Besada Pérez


Twittear

INSCRIPCIÓN VII ANDAINACOÑECE O TEU ENTRONO: CAMIÑANDO POR SAN XURXO



 

A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Salceda de Caselas convida a coñecer a parroquia de San Xurxo a través da VII Andaina de Coñece o teu Entorno, o vindeiro sábado 11 de Maio. A camiñata que leva por título Camiñando por San Xurxo, terá inicio no Centro Cultural de San Xurxo ás 10:00 da mañá, para rematar no mesmo punto de partida.
 
Un total de 13,6 km será o percorrido proxectado para realizar neste encontro, onde os camiñantes terán un punto de avituallamento na metade do percorrido. Para inscribirse ao envento, os participantes non terán máis que entrar na páxina web do Concello: www.salcedadecaselas.es, onde accedendo á Concellaría de Medio ambiente, en Roteiros Coñece o teu entorno. Para calqueira dúbida poderán acudir tamén á Casa da Cultura ou á Casa do Concello, onde se lles realizará a inscripción.
 

 


Twittear

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina

  • Subsecciones

    • Ir á sección superior
  • Calendario

    Año anterior Mes anterior Abr - 2012 Mes siguiente Año siguiente
    LunMarMieJueVieSabDom
    01
    02030405060708
    09101112131415
    16171819202122
    23242526272829
    30
  • Últimas Noticias

    • O CDL DE O TORRÓN ACOLLERÁ ESTÁ SEMANA DÚAS ACTIVIDADES RELACIONADAS CO AUTOEMPREGO
    • En xuño comezan as obras de Saneamento de San Estevo de Budiño
    • PRIMEIRA MOSTRA DA ARTESANÍA EN SALCEDA DE CASELAS
    • VI Andaina Concello Salceda de Caselas
    • DOMINGO GASTRONÓMICO EN SALCEDA
  • Campañas









  • Login





  • O Concello

    • Inicio
    • Saúdo do Alcalde
    • Corporación Municipal
    • Imaxe corporativa
    • Ordenanzas e regulam.
    • Plenos
    • Descarga de formularios
    • Bandos
    • Rueiro
  • Concellarías/Servizos

    • Alcaldía
    • Tenencia de Alcaldía
    • Cultura
    • Ensino
    • Medio Ambiente
    • Urbanismo
    • Tráfico e transporte
    • Medio Rural
    • Facenda
    • Vías e Obras
    • Sanidade
    • Comercio
    • Mocidade
    • Consumo
  • Turismo

    • Localización xeográfica
    • Puntos para visitar
    • Hostelería
    • Salceda en imaxes
    • Novas
    • Festas
    • Parroquias
  • Información

    • Teléfonos e direccións
    • De interese
    • Novas
    • Enlaces de Interese
    • Boletín Municipal
    • Novas destacadas
    • Eventos
    • Autobuses
    • Taxis
    • Publicacións do Concello
  • Emprego e Formación

    • Ofertas de traballo
    • Novas
    • Formación
  • Perfil do Contratante

    • OBRAS
    • SERVIZOS
    • SUMINISTROS
    • XESTION DE SERVIZOS

Concello de Salceda de Caselas
r/Praza do Concello s/n
telf 986 34 90 03 - fax 986 34 74 01
Copyright © 2012. Feito por ContaLocal