A Casa da Cultura do Concello de Salceda de Caselas, Alfonso Daniel Rodriguez Castelao, conta cunha nova exposición na súa sala destinada para os eventos.
A casa da cultura situada na praza do Concello, conta no seu interior cunha sala de exposicións, que acolle nos últimos anosmúltiples exposicións de diversa índole como pintura, escultura, fotografía, artesanía, etc.
Nesta ocasión poderemos disfrutar da exposición que o escultor Jesús Abel Balado Taboada. Naceu en Sobrado de Monxes, instalándose no municipio veciño de O Porriño no ano 84. No ano 1982 ingesou Na Escola de Artes e Oficios de Vigo para realizar un curso de talla de Madeira.
Dende entón o seu traballo na escultura foi constante aprendendo a técnica en cera directa sobre bronce con Oliveira e con Pousa aprendeu o oficio da escultura en pedra.
Esta grandiosa exposición pódese visitar gratuítamente dentro do horario de apertura da casa da Cultura de luns a venres de 9:00 20:30.